Manuel Pardo de Andrade
Manuel Pardo de Andrade, nado no pazo de Xaz (Dorneda, Oleiros) o 21 de novembro de 1760 e finado en Francia en maio de 1832, foi un intelectual liberal e crego coñecido polos seus escritos tanto literarios como xornalísticos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1760 Xaz, España |
Morte | 5 de maio de 1823 (62 anos) Francia |
Causa da morte | cólera |
Actividade | |
Ocupación | escritor, sacerdote |
Traxectoria
editarEra o segundo fillo dunha familia fidalga. Testemuño directo da decadencia do Antigo Réxime, Pardo de Andrade foi un liberal convicto.
Desenvolveu un importante labor na prensa durante a guerra contra o francés (1808-1814) e a época posterior a esta. Foi moi coñecido polos seus ideais anti-inquisitoriais, os cales aparecen reflectidos na súa obra máis coñecida, o seu poema en romance Rogos dun Gallego, publicado de forma anónima en 1813 por Valentín de Foronda e xa posteriormente co nome do autor.[1] En 1841 saíu unha edición na Coruña co título de Rogos de un escolar gallego á Virxê do Bo Acerto para que libre a Terra da Inquisición.[2]
En 1814, coa chegada de Fernando VII ao trono español, caeu na obriga de exiliarse en Francia. Volveu á Coruña en 1820, coa instauración do Trienio liberal. Mais en 1823, após a intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís e do restablecemento do absolutismo, tivo que regresar a Francia, onde morreu en 1832.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Tarrío Varela, A. (1994). Literatura galega. Vigo: Xerais. p. 99.Tarr�o Varela, A.&rft.btitle=Literatura galega&rft.date=1994&rft.genre=book&rft.pages=99&rft.place=Vigo&rft.pub=Xerais&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Saurín de la Iglesia, M. R. (1991). Manuel Pardo de Andrade y la crisis de la Ilustración (1760-1832). A Coruña: Autoedición.Saur�n de la Iglesia, M. R.&rft.btitle=Manuel Pardo de Andrade y la crisis de la Ilustración (1760-1832)&rft.date=1991&rft.genre=book&rft.place=A Coruña&rft.pub=Autoedición&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
Ligazóns externas
editar- Papeis condenados textos publicados en lingua galega no pregaleguismo [1]. Consello da Cultura Galega.