Manteiga de cacahuete

alimento elaborado con cacahuetes

A manteiga de cacahuete é un alimento feito con cacahuetes torrados e moídos, polo xeral sálganse e por veces engádeselle azucre.

Manteiga de cacahuete nun frasco.

É moi popular nos Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Australia, Nova Zelandia, Suráfrica e os Países Baixos. En xeral úsase para facer sándwichs, lambetadas, galletas, pasteis. Ten un alto contido en proteínas e é moi popular entre os nenos.