Compañía de los ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante

(Redirección desde «MZA»)

A Compañía de los ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante (MZA) foi unha empresa ferroviaria española constituída en 1856 e que se converteu nunha das grandes empresas do sector ferroviario xunto coa súa grande antagonista, a Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España. Este antagonismo viña das grandes familias financeiras que rivalizaban na época, a familia Rothschild por MZA e os irmáns Pereire pola do Norte.

Compañía de los ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante

Azulexos da estación de Aranjuez
co acrónimo da Compañía, MZA
TipoSociedade Anónima
Fundación31 de decembro de 1856.[1]
por José de Salamanca Mayol e Sociedade Rothschild
Na rede
BNE: XX157282
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Fundada en 1856, a compañía, partindo das súas primeiras concesións ferroviarias, estendeuse rapidamente até facerse con algunhas das liñas principais de Extremadura, Castela a Nova, Andalucía e o Levante peninsular, controlando un importante mercado.

A MZA foi tamén a que construíu as estacións de Atocha en Madrid, a de El Carmen en Murcia, a de Campo Sepulcro (posteriormente de Zaragoza–El Portillo) en Zaragoza e a da Plaza de Armas en Sevilla, tamén coñecida como estación de Córdoba, e actualmente reconvertida en centro comercial.

Coa chegada do século XX, MZA encontrouse no momento de maior esplendor da súa historia operativa, aínda que non por moito tempo debido a unha crise da compañía. A guerra civil española supuxo o "canto do cisne" para a MZA, que quedaría condenada cando en 1941 a ditadura de Francisco Franco decretou a nacionalización de todos os ferrocarrís de vía ancha. Con iso MZA deixou de existir, integrándose na RENFE.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Anes Álvarez de Castrillón, Rafael (1978). Ferrocarriles en España 1844-1943, Tomo 2: Economía y los ferrocarriles. Madrid: Servicio de Publicaciones del Banco de España. 
  • Artola, Miguel (1978). Ferrocarriles en España 1844-1943, Tomo 1: El estado y los ferrocarriles. Madrid: Servicio de Publicaciones del Banco de España. 
  • Fernández Sanz, Fernando; Reder, Gustavo (1995). Historia de la tracción vapor en España, Tomo 1, Locomotoras de M.Z.A. Autoedición. Madrid. ISBN 84-920492-0-0. 
  • García de Cortázar, Fernando (2005). Atlas Historia de España. Barelona: Círculo de Lectores. p. 555. ISBN 84-672-1436-8. 
  • Lentisco, David (2005). Cuando el hierro se hace camino, Historia del Ferrocarril en España. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-7738-5. 
  • Wais San Martín, Francisco (1974). Historia de los Ferrocarriles Españoles. Madrid: Editorial Española. ISBN 84-2761-161-7. 

Ligazóns externas

editar