Música antiga
música da Idade Media, Renacemento e Barroco
Xeralmente chámase música antiga á música clásica europea composta antes de 1750, aproximadamente, aínda que xeralmente refírese o termo máis especificamente á súa interpretación con instrumentos orixinais e respecto ás prácticas históricas. É o que en tempos máis recentes veu denominándose «versión historicamente informada»[1][2]
A música antiga comprende os seguintes períodos da historia da música:
- Música da Idade Media (aproximadamente: 500 - 1450)
- Música do Renacemento (aprox.: 1450 - 1600)
- Música do Barroco (aprox.: 1600 - 1750)
Notas
editar- ↑ «HIP», polas súas siglas inglesas: Historycally Informed Performance.
- ↑ Evítese a confusión coa música na Antigüidade; ou sexa, nas distintas civilizacións da Idade Antiga.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: música antigua |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- MusicaAntigua.com Portal internacional.
- Música antigua, programa de Radio Clásica.