Músculo extensor dos dedos

O músculo extensor dos dedos da man é un músculo do membro superior humano situado no compartimento posterior do antebrazo.

Músculos do compartimento posterior do antebrazo

Orixe e insercións

editar

A súa orixe áchase no epicóndilo lateral do úmero. Na superficie dorsal da man, os tendóns do músculo van unidos entre si. Nos dedos insírense mediante unha aponeurose de tecido conxuntivo en forma de triángulo denominada capuchón extensor, na base das superficies dorsais das falanxes media e distal.

Función

editar

Estende os dedos segundo, terceiro, cuarto e quinto.

Innervación

editar

É innervado polo nervio interóseo posterior, póla do nervio radial.

Vascularización

editar

Está vascularizado pola arteria interósea posterior.