Lynx rufus
Lynx rufus, coñecido na bibliografía internacional como lince vermello ou, en inglés como bobcat,[3]é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das catro integradas no xénero Lynx.[4]
Lynx rufus Lince vermello Rango fósil: plistoceno - actualidade (1,8 - 0 Ma) [1] | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Linx rufus californicus | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[2] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Lynx rufus Schreber, 1777 | |||||||||||||||||||||
Área de distribución do Lynx rufus
| |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
- Artigo principal: Lince (zooloxía).
É unha das dúas especies de linces que habitan en América do Norte. A outra é o lince do Canadá (Lynx canadensis), que se encontra no norte do Canadá, en Alasca e nas rexións máis norteñas dos Estados Unidos. O lince vermello, pola contra, ten unha área de distribución moito máis ampla, xa que se encontra no sur do Canadá (desde o sur da Columbia Británica até Nova Escocia), en todos os Estados Unidos chegando até o sur de México (estado de Oaxaca).[4]
O lince vermello é un depredador adaptábel que habita en áreas boscosas, así como en ambientes semidesérticos, nos bordos urbanos, forestais e de zonas pantanosas. Hoxe en día permanece en parte da súa área de distribución orixinaria debido á competencia dos coiotes e dos animais domésticos.
Cunha pelaxe que varía da gris á marrón, e orellas rematadas nun penacho negro, este lince aseméllase ás outras especies do xénero Lynx de tamaño mediano. É máis pequeno, de media, que o lince do Canadá, co que comparte partes do seu territorio, pero é aproximadamente dúas veces máis grande que o gato doméstico. Ten barras distintivas de cor negra nas súas partes dianteiras, e unha cola curta rematada nunha punta negra.
Aínda que esta especie foi cazada extensamente polos humanos, tanto como deporte como para aproveitar a súa pel, a súa poboación demostrou ser resistente, aínda que diminuíu nalgunhas zonas. Este escorregadizo depredador aparece citado nas historias dalgúns pobos indíxenas (de América do Norte e Central), e no folclore dos colonizadores europeos.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1777 polo médico, botánico e zoólogo alemán Johann Christian Daniel von Schreber,,discípulo de Linneo, nun traballo publicado en Die Säugethiere, 3 (25): pl. 109.B[1777]; ver tamén o texto en 3 (24):412[1777].[4]
Etimoloxía
editarO epíteto específico, rufus, nominativo do adxectivo latino rufus, -a, -um, "rubio", fai alusión á cor da súa pelaxe.
Subespecies
editarDescribíronse as seguintes 13 subespecies:[4]
- Lynx rufus baileyi Merriam – Sueste dos Estados Unidos e noroeste de México.
- Lynx rufus californicus Mearns – California ao oeste da Serra Nevada.
- Lynx rufus escuinapae J. A. Allen – México central, cunha extensión ao longo da costa do oeste ao sur de Sonora.
- Lynx rufus fasciatus Rafinesque – Suroeste da Columbia Británica, Oregón, Washington e noroeste de California.
- Lynx rufus floridanus Rafinesque – Desde o sueste dos Estados Unidos e o interior do val do río Mississippi, até o suroeste de Missouri e o sur de Illinois.
- Lynx rufus gigas Bangs – Desde Nova Escocia e Novo Brunswick até o norte do Estado de Nova York.
- Lynx rufus oaxacensis Goodwin – Estado de Oaxaca.
- Lynx rufus pallescens Merriam – sur da Columbia Británica, Alberta, Saskatchewan e noroeste dos Estados Unidos.
- Lynx rufus peninsularis Thomas – Baixa California.
- Lynx rufus rufus Schreber – Oeste e medio oeste dos Estados Unidos.
- Lynx rufus superiorensis Peterson & Downing – Zona occidental dos Grandes Lagos, incluíndo a parte superior de Míchigan, Wisconsin, o sur de Ontario e a maior parte de Minnesota.
- Lynx rufus texensis Mearns – Oeste de Louisiana, Texas, centro sur e Oklahoma e, en México, en Tamaulipas, Nuevo León e Coahuila. [5][6]
Notas taxonómicas
editarHoubo debates sobre se as catro especies de linces deben situarse no seu propio xénero, ou colocarse como un subxénero de Felis,[7][8] pero o xénero Lynx é actualmente aceptado.[4]
Por outra parte, a división nas subespecies mencionadas foi hai pouco tempo cuestionada, dada a falta de rupturas xeográficas claras nas súas áreas de distribución e as pequenas diferenzas que hai entre elas.[9] A última revisión da taxonomía dos gatos, en 2017, realizada polo Cat Classification Taskforce of the Cat Specialist Group, recoñece só dúas subespecies, baseadas en estudos filoxeográficos e xenéticos, aínda que o estado do lince mexicano (Lynx rufus oaxacensis) permanece aínda baixo revisión:[3][10]
- Lynx rufus rufus – no leste das Grandes Chairas de Norteamérica.
- Lynx rufus fasciatus – no oeste das Grandes Chairas de Norteamérica.
Características
editar- Peso: 6-20 kg
- Lonxitude do cabeza e tronco: 50-120 cm
- Lonxitude da cola: 9-25 cm.[10]
Dieta
editarAínda que Lynx rufus prefire os coellos e as lebres, caza tamén insectos, galiñas, gansos e outras aves, roedores e crías de cervos. A selección das súas presas depende da situación e do hábitat, a estación e a abundancia. Como a maioría dos gatos, o é territorial e en gran parte solitario. Emprega varios métodos para marcar os seus límites territoriais, incluíndo marcas feitas cosa garras e depósitos de urina e de feces.[11][12][13]
Reprodución
editarLynx rufus cría desde o inverno até a primavera, e o seu período de xestación é duns dous meses. As camadas son de 1 a 8 cachorros, e a súa lonxevidade é entre os 10 e os 17 anos.[10]
Galería
editar-
Lince vermello do zoo de Fort Worth, Texas
-
Lince en San José, California
-
Cachorros de lince no norte de Texas, de entre 2-4 meses
-
Lince cun coello (Sylvilagus audubonii) na boca
Notas
editar- ↑ Lynx rufus Schreber 1777 (bobcat) Arquivado 03 de xullo de 2020 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- ↑ Kelly, M.; Morin, D. & López-González, C. A. (2016): Bobcat. Lynx rufus na Lista vermella da UICN. Versión 2020.1, Consultada o 30 de maio de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 Kitchener, A. C.; Breitenmoser-Würsten, C.; Eizirik, E.; Gentry, A.; Werdelin, L.; Wilting, A.; Yamaguchi, N.; Abramov, A. V.; Christiansen, P.; Driscoll, C.; Duckworth, J. W.; Johnson, W.; Luo, S.-J.; Meijaard, E.; O'Donoghue, P.; Sanderson, J.; Seymour, K.; Bruford, M.; Groves, C.; Hoffmann, M.; Nowell, K.; Timmons, Z.; Tobe, S. (2017). "A revised taxonomy of the Felidae: The final report of the Cat Classification Task Force of the IUCN Cat Specialist Group" (PDF). Cat News (Special Issue 11).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Lynx rufus Schreber, 1777 en MSW.
- ↑ Wilson, D. E. & Reeder, D. M. 2005, p. 542.
- ↑ Wilson, Don E.; Ruff, Sue (1999). The Smithsonian Book of North American Mammals. Smithsonian Institution Press. pp. 234–355. ISBN 978-1-56098-845-8.
- ↑ Zielinski, William J. & Kuceradate, Thomas E. (1998): American Marten, Fisher, Lynx, and Wolverine: Survey Methods for Their Detection. Darby, PA, USA: DIANE Publishing. ISBN 978-0-7881-3628-3, pp. 77–78.
- ↑ Carron Meaney & Gary P. Beauvais (2004): "Species Assessment for Canada Lynx (Lynx canadensis) in Wyoming". United States Department of the Interior, Bureau of Land Management.
- ↑ "Deletion of Bobcat (Lynx rufus) from Appendix II" (PDF). Thirteenth Meeting of the Conference of the Parties, Proposal 5. Convention on International Trade in Endangered Species of Wild Fauna and Flora. Outubro de 2004. Arquivado dende o orixinal (PDF) o de novembro de 2013. Consultado o 1 de xuño de 2020.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 "Bobcat". IUCN Specialist Cat Group. Consultado o 1 de xullo de 2020.
- ↑ Smith, J. W. (1988): "Status of Missouri's experimental Trumpeter Swan restoration program·. Proc. and Papers of the 10th Trumpeter Swan Society Conf., pp= 100–103. Edited by D. Compton, Maple Plain, MN: The Trumpeter Swan Society.
- ↑ Nowell, K. & Jackson, P. 1996.
- ↑ Baker, Leslie A.; Warren, Robert J.; Diefenbach, Duane R.; James, William E.; Conroy, Michael J. (2001). "Prey Selection by Reintroduced Bobcats (Lynx rufus) on Cumberland Island, Georgia". The American Midland Naturalist 145 (1): 80–93.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lynx rufus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lynx rufus |
Bibliografía
editar- Bergerud, A. T. (1983): "Prey switching in a simple ecosystem. Scientific American 249 (6): 130.
- Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins: toutes les espèces du monde. París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. ISBN 2-6030-1019-0.
- Kitchener, A. (1991): The Natural History of the Wild Cats. Ithaca, NY, USA: Comstock Publishing Associates.
- Marion, Rémy (dir.), Cécile Callou, Julie Delfour, Andy Jennings, Catherine Marion & Géraldine Véron (2005): Larousse des félins. París: Larousse ISBN 2-0356-0453-2.
- Nowak, R. M. (1991): Walker's Mammals of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X.
- Nowell, K. & Jackson, P. (1996): Wild Cats. Status Survey and Conservation Action Plan. IUCN/SSC Cat Specialist Group. IUCN Gland, Switzerland. ISBN 2-8317-0045-0.
- Schwartz, M. K.; Pilgrim, K. L.; Mckelvey, K. S.; Lindquist, E. L.; Claar, J. J.; Loch, S. & Ruggiero, L. F. (2003): "Hybridization between Canada lynx and bobcats: Genetic results and management implications". Conservation Genetics 5: 349.
- Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. 2 vols. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.