Luisito

adestrador galego de fútbol

José Luis Míguez Iglesias, coñecido como Luisito, nado en Teo o 7 de agosto de 1966, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego. Na actualidade adestra o Arousa SC da Segunda División RFEF.

Modelo:BiografíaLuisito

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalJosé Luis Míguez Iglesias
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1966 (58 anos)
Teo, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeGalicia
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol, futbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Arousa SC

Traxectoria

editar

Luisito foi contratado polo Racing de Ferrol iniciada xa a tempada 2009–10, en substitución dos irmáns Juan e José Veiga.[1] Fixo o seu debut no banquiño ferrolán con vitoria ante o CD Lugo no estadio Anxo Carro (0–1).[2] A pesar de que o equipo descendeu a Terceira División, a directiva decidiu renovalo de cara á seguinte campaña.[3] Na tempada 2010–11 o equipo conseguiu o segundo posto da clasificación e xogar a fase de ascenso a Segunda B. O 13 de xuño de 2011 anunciouse que non continuaría no club departamental, tras non conseguir retornar ao Racing a Segunda B.[4]

O 12 de xaneiro de 2012 presentouse como adestrador do CD Ourense. En maio de 2013 renovou por dúas tempadas.[5] Logo da desaparición por motivos económicos do club ourensán, co que na 2013-2014 rematara 8º na 2ªB e gañara a Copa Federación, quedou sen equipo, mais en outubro de 2014 anunciouse a súa fichaxe polo Pontevedra CF da Terceira División trala destitución de Manu Fernández. Co club granate consegue o ascenso á 2ªB tras proclamarse campión do grupo galego da Terceira División na tempada 2014-2015.

O 4 de febreiro de 2019 firmou polo Deportivo Fabril, en substitución de Sergio Pellicer, até o final da tempada 2018–19.[6] O 21 de xuño de 2019 anunciouse a súa renovación por unha campaña, pese ao descenso do equipo Terceira División.[7] O 14 de maio de 2020 anunciouse que non continuaría no filial branquiazul, logo de dar por rematada a tempada a RFEF debido á COVID-19.[8]

En febreiro de 2021 volveu ao Pontevedra como substituto de Jesús Ramos, asinando ata final de tempada.[9] Na primavera de 2022, asina polo Arousa SC en substitución do cesado Xurxo Otero.[10]

  1. "Luisito firma co Racing ata final de tempada"
  2. ""Primera victoria con Luisito"". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de maio de 2011. 
  3. «Teño a miña parte de culpa»
  4. "O Racing e Luisito acordan a súa saída do equipo"
  5. ""El Ourense renueva dos años a su técnico Luisito"". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2014. Consultado o 24 de febreiro de 2014. 
  6. "Luisito asume el banquillo del Fabril en sustitución de Sergio Pellicer". La Opinión de A Coruña. 4 de febreiro de 2019.  (en castelán)
  7. "Luisito dirixirá ao Fabril a próxima temporada". Deportivo da Coruña. 21 de xuño de 2019. 
  8. "Luisito non continuará como adestrador do Fabril". Deportivo da Coruña. 14 de maio de 2020. 
  9. Espiño, Diego (8 de febreiro de 2021). "Luisito, confirmado como novo adestrador do Pontevedra ata final de tempada". Pontevedra Viva. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  10. "Luisito desembarca no Arosa para o que queda de tempada e unha máis: "Non é unha situación insalvable"". Pontevedra Viva. 13 de abril de 2022. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2022. Consultado o 13 de abril de 2022. /