Luisa Muraro, nada o 14 de xuño de 1940 é unha filósofa e escritora italiana.

Modelo:BiografíaLuisa Muraro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1940 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Montecchio Maggiore, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Católica do Sagrado Corazón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Verona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofa, escritora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Verona (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1175170

Traxectoria

editar

Algúns episodios da súa infancia na provincia de Vicenza están presentes en varios escritos de Luisa Muraro, por exemplo hai un recordo da infancia en tempo de guerra e da Resistencia en "Salti di gioia".[1]

Aínda que inicialmente quería dedicarse ao estudo de linguas modernas, licenciouse en Filosofía na Universidade Católica do Sagrado Corazón de Milán, onde comezou a súa carreira académica. Segundo ela mesmo conta,[2] o seu mestre de referencia era Gustavo Bontadini, máis tarde licenciouse en filosofía da ciencia con Evandro Agazzi. Na súa educación universitaria, ten un papel central o estudo da lingüística e, en particular, Ferdinand de Saussure, ao que lle dedica algúns ensaios publicados na Rivista di filosofia neo-scolastica, entre 1967 e 1969.

Durante os anos setenta, tamén en relación cos acontecementos políticos daqueles anos, interrompe a carreira universitaria, comezando a impartir clases na escola obrigatoria. Aquí crea, xunto con Elvio Fachinelli e outras persoas, un experimento educativo de escola "antiautoritaria": a experiencia foi documentada e foi obxecto de reflexión no libro L' Erba voglio: pratica non autoritaria nella scuola.[3] Neses mesmos anos, con Fachinelli, Lea Melandri, e outros, escribe na revista que tomou o nome do libro mencionado, «L'Erba voglio».

No período comprendido entre os anos sesenta e setenta contactou cos grupos feministas de Milán, primeiro co DEMAU (Demistificazione autoritarismo patriarcale -Desmitificación do autoritarismo patriarcal), fundado en 1965 por Daniela Pellegrini: inicialmente, o nome dado por Daniela Pellegrini a este grupo foi DaCapo (Donne a Capo - as mulleres na cabeza en galego, e Donne Contro Autoritarismo Patriarcale - as mulleres contra o autoritarismo patriarcal en galego). Neste grupo entra na década de 1970 e coñece a Lia Cigarini. Con Lia Cigarini e moitas outras mulleres funda en 1975 , a Libreria delle Donne di Milano (a libraría de mulleres de Milán),[4] que se converte nunha das institucións do feminismo histórico que está aberta aínda (2018). Hai un relato das súas actividades e da súa elaboración teórica no libro Non credere di avere diritti. La generazione della libertà femminile nell'idea e nelle vicende di un gruppo di donne publicado pola propia libraría de mulleres e no que participa Luisa Muraro como autora.[5]

Desde 1976 vive en Milán, (inicialmente con Daniela Pellegrini na súa comuna das mulleres), traballou no departamento de Filosofía da Universidade de Verona, onde, entre 1983 e 1984, funda a comunidade filosófica das mulleres "Diotima" xunto con Chiara Zamboni, Wanda Tommasi, Adriana Cavarero entre outras, e que toma o seu nome a partir da figura de Diotima de Mantinea, indicada por Sócrates como a súa mestra nas páxinas d'O banquete. Esta comunidade aínda existente en 2018 ten adquirido, ao longo dos anos, cada vez máis autoridade no simbólico, evidenciada por exemplo, nos estudos dedicados á familia, tanto en Italia como no exterior, así como a atención do público no Grande Seminario (organizado entre outubro e decembro de cada ano) e na publicación de libros colectivos, que en 2009 sumaban once. En 1995 e no ano 2001 publica, na colección La dracma dirixida por Adriana Valerio, os dous volumes Lingua materna, scienza divina. Scritti sulla filosofia mistica di Margherita Porete e Le amiche di Dio, dándolle, deste xeito, unha importante achega para o afondamento do pensamento da diferenza no contexto relixioso.

Pensamento

editar

O traballo teórico de Luisa Muraro está relacionado co feminismo da segunda onda, é dicir, co feminismo nado a finais dos anos sesenta nos Estados Unidos e en Europa, e que difire do feminismo do século XIX implicado na súa maior parte (aínda que non na súa integridade) na reclamación dos dereitos civís e políticos, por exemplo, a extensión para as mulleres do dereito ao voto.

O feminismo da segunda onda (que, en Italia, ten entre as súas protagonistas a Carla Lonzi, que influenciou en moitas análises en Luisa Muraro) fai unha crítica máis radical da sociedade, porque está caracterizado pola reivindicación de que o sexismo afectou e determinou as estruturas sociais e simbólicas recibidas. A ligazón con este tipo de feminismo, explica por que Muraro nunca deixa, no que se refire ao feminismo, de distanciarse do que significa hoxe o máis difundido uso deste termo, é dicir, sobre a base de que é indistinguíbel a política (estatal) para considerar a condición socioeconómica de mulleres e homes.

O feminismo co que se relaciona o pensamento de Muraro, sen negar o valor da igualdade de homes e mulleres ante a lei, propón a cuestión de distinto xeito, insistindo na diferenza entre mulleres e homes como panca para redeseñar os marcos a través dos que se elaboran as distintas facetas da experiencia humana, entre elas a política ou o traballo. Por exemplo, en vez de buscar a escasa presenza de mulleres no parlamento italiano como unha razón para á súa vez estabelecer a política de cotas, cuestiona se non atende á libre elección de moitas mulleres de actuar de forma diferente no seu desexo de actividade política. O núcleo do cambio de perspectiva está en pasar da procura da emancipación á capacidade de ver que a liberdade das mulleres xa está en funcionamento na realidade.

Polas razóns expostas, o pensamento de Muraro é ás veces etiquetado como "o feminismo da diferenza" (como acontece co pensamento de Luce Irigaray, a filósofa belga cuxas obras máis importantes foron traducidas ao italiano pola propia Muraro), onde a "diferenza" é a diferenza sexual. O nome, quizais non demasiado axeitado, pode ser mal interpretado: no pensamento de Muraro non hai unha descrición ou listaxe das supostas características que pertencen a todas ou á maioría das mulleres e que as distingan do conxunto de homes, caracterizados por outros trazos; a diferenza de sexo, é dicir, a diferenza do feminino e a diferenza do masculino son máis ben operadas pola marcaxe que calquera muller ou calquera home pode cambiar os marcos e as elaboración de si mesma/o, do que fai ou vive, recibido no proceso de socialización.[6]

A elaboración que Muraro dá do concepto de "diferenza sexual" vén da de Luce Irigaray e da de Antoinette Fouque, mentres que ten unha conexión, moitas veces só externa, cando non puramente verbal, con algunhas "filosofías da diferenza" coñecidas, que non son filosofías da diferenza sexual, como as de Derrida ou Gilles Deleuze.

Autora de moitos monografías, publicou numerosos ensaios e artigos, que están publicados en revistas académicas, mais tamén en xornais e revistas destinadas ao gran público. Entre os seus temas máis destacados están a reconstrución das figuras femininas da mística cristiá, contribuíndo deste xeito tamén a unha importante reflexión de orde teolóxica na natureza feminina de Deus.

  • La signora del gioco. Episodi della caccia alle streghe, Milán, Feltrinelli 1976
  • Maglia o uncinetto. Racconto linguistico-politico sulla inimicizia tra metafora e metonimia, Milán, Feltrinelli, 1981, Roma, Manifesto libri 2004
  • Diotima: Il pensiero della differenza sessuale, La Tartaruga, Milán 1987, Nova edición 2003
  • L'ordine simbolico della madre, Roma, Editori Riuniti 1991, 2006
  • Diotima: Oltre l'uguaglianza. Le radici femminili dell'autorità, Liguori, Napoles 1994
  • Lingua materna, scienza divina. Scritti sulla filosofia mistica di Margherita Porete, Nápoles, D'Auria 1995
  • Lingua e verità in Emily Dickinson, Teresa di Lisieux, Ivy Compton-Burnett, Verona 1995
  • Il Dio delle donne, Milán, Mondadori 2003
  • Guglielma e Maifreda, Milán, La Tartaruga 1985, 2003
  • La signora del gioco. La caccia alle streghe interpretata dalle sue vittime, Milán, La Tartaruga 2006
  • Al Mercato della felicità, Milán, Mondadori 2009
  • Tre Lezioni sulla differenza sessuale e altri scritti, Orthotes Editrice, Nápoles 2011 (1994) ISBN 978-88-905619-0-0
  • Non è da tutti. L'indicibile fortuna di nascere donna, Carocci editore, Roma, 2011 ISBN 978-88-430578-2-5
  • Dio è violent, Nottetempo, 2012 ISBN 978-88-7452-361-0
  • Autorità, Rosenberg & Sellier, 2013 ISBN 978-88-7885-184-9
  • Le amiche di Dio. Margherita e le altre, Orthotes Editrice, Napoli-Salerno 2014 (2001) ISBN 978-88-97806-45-5
  1. En Femminismo, editado por Adriana Moltedo, Stampa Alternativa, Roma, páxs. 11-17.
  2. No artigo "Il mio '68", en AA. VV., La risata del '68, Nottetempo, Roma 2008, páx. 51.
  3. Editado por Elvio Fachinelli, Luisa Muraro Vaiani, Giuseppe Sartori, Einaudi, Torino 1973.
  4. Libreria delle donne di Milano
  5. Rosenberg & Sellier, Turín, 1987.
  6. Tre Lezioni sulla differenza sessuale e altri scritti, Orthotes Editrice, Napoli 2011 (1994).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar