Luis Vilariño

piloto galego de rally

Luis Vilariño García nado en Palas de Rei en 1973, é un enxeñeiro industrial, empresario e piloto de rally galego, que foi campión de Galicia en 2013.

Modelo:BiografíaLuis Vilariño García

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1973
Palas de Rei
País de nacionalidadeGalega
Actividade
OcupaciónPiloto de rally
Deporterally Editar o valor en Wikidata
Luis Vilariño, no ano 2021 no Rallye Islas Canarias do FIA ERC

Traxectoria

editar

Ten un MBA polo Instituto de Empresa e é doutor en Enxeñaría do Medio Ambiente e profesor da Universidade da Coruña. Como empresario dirixe a empresa construtora Antalsis, e como piloto ten competido varios anos no Campionato de Galicia de Rallys .

Forma parte da organización que leva a cabo o Rally Comarca da Ulloa, proba que entrou no calendario do rexional galego no ano 2008. Participou durante moitos anos no Campionato de Galicia de Rally, principalmente coa Escudería Lalín-Deza e con varios coches, entre eles Renault Clio S1600, Fiat Grande Punto S2000 e Renault Maxi Megane, logrando varios subcampionatos (2007, 2008 e 2012). O seu copiloto habitual era Moncho López.

Finalmente en 2013 proclamouse campión de Galicia de rally despois de sumar dúas vitorias (Cocido e Narón) e subirse ao podio no resto de probas, a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo X e con Moncho de copiloto.[1] Tras esta vitoria comprou o Porsche 911 GT3 dos irmáns Diego e Sergio Vallejo para disputar o Campionato de España de Rally,[2] pero finalmente anunciou que non participaría polos problemas económicos da súa empresa.[3] Reapareceu cun Ford Fiesta N6 no Rally San Froilán de 2017, que non logrou rematar.[4] En 2018 inscribiuse no Campionato de España de Rallys para Vehículos Históricos cun Peugeot 309 GTi 16V,[5] pero tamén nesta ocasión se tivo que retirar durante a proba.[6]

En 2019, co Ford Fiesta N6 participou en varios rallys sufrindo uns cantos abandonos mais logrando gañar o Rallysprint Minero Villa de Fabero[7] e subindo ao podio no Rally Ribeira Sacra, na súa primeira carreira co seu novo Citroën DS3 R5.[8] Co mesmo coche quedou sexto no Rally da Coruña de 2020, proba inaugural da tempada 2020 do campionato galego. A continuación a pandemia por coronavirus paralizou todas as competicións. Estas retomáronse en xullo coa disputa do Rally de Zamudio, do campionato vasco, a onde Vilariño acudiu cun Škoda Fabia R5, rematando en quinta posición a pouco máis de dous minutos do vencedor, Iván Ares.[9]

Con outro Fabia R5 disputou as dúas primeiras probas do Campionato de España, o 53º Rally de Ourense e o 51º Rally de Ferrol, quedando en 10ª e 9ª posición respectivamente.[10]


Palmarés

editar

Resultados no Campionato de Galicia

editar
 
Luis Vilariño no 2008 no Rally do Cocido.
Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Posición Puntos
2005 Escudería Miño-Lugo Renault Clio S1600 COC
CON
ALB
NAR
BXL
BOT
RDN
LUG
4
2006 ? Renault Clio S1600 COC
Ret
RDN
ALB
5
NAR
Ret
CON
BXL
LAC
Ret
LUG
3
BOT
7
2007 Escudería Lalín-Deza Renault Clio S1600 COC
2
RDN
4
ALB
2
NAR
3
CON
6
LUG
Ret
BXL
? Fiat Grande Punto S2000 BOT
3
2008 Lalín-Deza Fiat Grande Punto S2000 COC
3
NOIA
3
ALB
DNS
NAR
2
SDC
4
CDU
?
719
Peugeot 207 S2000[11] LUG
Ret
2009 Lalín-Deza Peugeot 207 S2000 CDU
Ret
COC
Ret
574
Renault Maxi Megane RDN
5
ALB
3
CDN
Ret
SDC
Ret
LUG
OBL
3
BOT
5
2010 Lalín-Deza Renault Maxi Megane CDU
4
COC
4
NOIA
Ret
CDN
Ret
SUR
3
SFR
Ret
OBL
6
622
2011 Lalin-Deza Mitsubishi Lancer Evo X SUR
5
CDU
1[12]
SDC
2
SDG
2
819
2012 Lalín-Deza Mitsubishi Lancer Evo X COC
Ret
RDN
4
CDU
2
CDN
1
SDC
4
LAC
3
RBS
3
BOT
2
1182
2013 Lalín-Deza Mitsubishi Lancer Evo X SDG
2
RDC
1
RDN
3
ULL
2
CDN
1
SDC
2
LUG
3
RBS
2
BOT 1358
2017 Lalín-Deza Ford Fiesta N6 COR COC RDN CDN SDC RBS LUG
Ret
2019 Lalín-Deza Ford Fiesta N6 COR
Ret
RDN
Ret
RBX
7
CDN
Ret
SDC
Ret
BOT
Ret
18º 241
Citroën DS3 R5 RBS
3
LUG
Ret
MAL


Predecesor:
Pedro Burgo
 Campión de Galicia de Rally 
2013
Sucesor:
Iván Ares
  1. Carlos Argüelles-Meres Cueto. "Vilariño gana el Campeonato Gallego de Rallys". revistascratch.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2013. Consultado o 7 de outubro de 2013. 
  2. "El Porsche de Sergio Vallejo para Luís Vilariño" (en castelán). 28 de xaneiro de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2019. 
  3. "Luis Vilariño no disputará finalmente el Campeonato de España de Rallyes de Asfalto CERA 2014" (en castelán). 22 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2019. 
  4. "Resultados San Froilán 2017". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2019. 
  5. "Luis Vilariño, nuevo integrante del equipo FMC-UCAV Racing Engineering" (en castelán). 5 de marzo de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2019. 
  6. "Luis Vilariño no Rally Costa Brava". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2019. 
  7. "Luis Vilariño vuelve a vencer" (en castelán). 29 de abril de 2019. Consultado o 29 de outubro de 2019. 
  8. "Luís Vilariño vuelve al podio" (en castelán). 25 de setembro de 2019. Consultado o 29 de outubro de 2019. 
  9. "Positivo regreso a la competición para RaceSeven en el Rallye de Zamudio" (en castelán). 13 de xullo de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2020. 
  10. "Pepe López, ganador del Rallye de Ourense". Faro de Vigo (en castelán). 26 de xullo de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2020. 
  11. "Rallye San Froilán – Luis Vilariño". mcrallyes.com (en castelán). 7 de seembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2012. Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  12. Clasificación Rally da Ulloa 2011

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar