Luís Cordeiro
Luís Cordeiro Rodríguez, nado en Palas de Rei o 21 de setembro de 1934 e finado en Foz o 24 de decembro de 2007, foi un político galego.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1934 Palas de Rei, España |
Morte | 24 de decembro de 2007 (73 anos) Foz, España |
Alcalde de Foz | |
1979 – 1979 – Raúl Campos Martínez → | |
Presidente da Deputación de Lugo | |
1979 – 1983 ← Eduardo García Rodríguez – Francisco Cacharro Pardo → | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Partido político | Unión de Centro Democrático Coalición Galega Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista |
Traxectoria
editarDespois de facerse mestre na posguerra, traballou en centros escolares de San Xurxo de Lourenzá, Lugo, Monterroso e finalmente no de Santa Cilla, en Foz, onde foi director do colexio. En Foz desenvolveu boa parte da súa vida pública e privada e foi correspondente de varios xornais galegos. En 1967 foi nomeado concelleiro nesa vila polo terzo familiar. A partir de 1969 foi asesor dos teleclubes de Galicia.
Nas eleccións xerais de 1979 foi o número cinco da lista da UCD por Lugo. Nas primeiras eleccións municipais democráticas foi elixido alcalde de Foz pola UCD, pero practicamente non gobernou pois foi seguidamente elixido presidente da Deputación de Lugo, cargo que ocupou ata 1983. Participou na redacción do Estatuto dos 16 e foi conselleiro da Xunta preautonómica. En 1983 presentouse ás eleccións municipais pola lista da UCD no concello de Lugo, pero non renovou a presidencia, e quedou como vicepresidente durante a segunda lexislatura. Coa disolución da UCD, participou na creación de Coalición Galega, e en 1985 converteuse en deputado no Parlamento de Galicia e no seu vicepresidente primeiro. Tras a ruptura de Coalición Galega seguiu o sector de Pablo González Mariñas e integrouse no Partido Nacionalista Galego; porén, ao pouco tempo marchou canda Carlos Mella para o grupo mixto.
Xa cos gobernos do Partido Popular foi xerente do IGAEM entre 1992 e 1994 e director do gabinete técnico do Parlamento entre 1994 e 1998.
Predecesor: Francisco Martínez García |
Alcalde de Foz 1979 |
Sucesor: Raúl Campos Martínez |
Predecesor: Eduardo García Rodríguez |
Presidente da deputación de Lugo 1979 - 1983 |
Sucesor: Francisco Cacharro Pardo |
Notas
editar- ↑ "Fallece el político lucense Luis Cordeiro". La Voz de Galicia. 24 de diciembre de 2007. Consultado o 3 de novembro de 2015.
- ↑ galegos.galiciadigital.com (ed.). "Luis Cordeiro Rodríguez". Consultado o 3 de novembro de 2015.
- ↑ galiciapolitica-vidaseobras.com (ed.). "Luis Cordeiro Rodríguez". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 3 de novembro de 2011.