Lubián, Zamora

concello da provincia de Zamora

Lubián é un concello da provincia de Zamora, situado na zona das Portelas, na comarca da Seabra. Está encadrado na denominada Alta Seabra e atópase situado xunto á provincia de Ourense, limítrofe á comarca de Viana, e próximo á fronteira con Portugal, á altura da rexión histórica de Tras os Montes. No seu termo municipal atópanse as localidades de Aciveiros, Os Chous, As Hedradas, Hedroso, Lubián e Padornelo. Este concello galegofalante[1] é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Modelo:Xeografía políticaLubián, Zamora
Imaxe

Localización
Mapa
 42°02′06″N 6°54′25″O / 42.035, -6.9069444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor en Wikidata
CapitalLubián Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación306 (2023) Editar o valor en Wikidata (3,24 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie94,46 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.030 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFelipe Lubián Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49570 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE49100 Editar o valor en Wikidata

Sitio webayuntamientolubian.es Editar o valor en Wikidata

Poboación

editar

Lubián posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 4,14% da poboación ten 15 anos ou menos (SIE 2010).

Evolución demográfica
1991 1996 2001 2004 2011
441 307 355 362 354

Monumentos

editar

Entre os seus edificios destacan as escaleiras exteriores e os típicos balcóns da arquitectura xabresa. Entre os seus monumentos destacan dende construcións relixiosas como a Igrexa de San Mamede de estilo barroco tardío ou o Santuario da Virxe da Tuíza, que conserva no seu interior a Virxe das Neves (patroa da Alta Seabra), ata un castro celta como o das Muradellas (século III a.C.), pasando por trampas para a caza de lobos como O Cortello dos Lobos.[2]

O camiño

editar

Esta vila é o última do Camiño Mozárabe-xabrés ao seu paso por Castela e León. Nesta poboación o peregrino atopa a primeira das máis dun cento de "pedras", todas diferentes, realizadas polo escultor ourensán Carballo e dispostas ao longo do trazado pola provincia de Ourense.

Festas

editar
  • Virxe da Tuíza: 5 de agosto.
  • Festa local: 8 e 9 de setembro.
  • Romaxe da Tuíza: Último fin de semana de setembro.
  • Tamén hai máis festas que organiza o concello.

Concello

editar

A alcaldía leva varias lexislaturas en mans do Partido Socialista de Castela e León, sendo clave para iso a figura de Felipe Lubián, alcalde do concello desde 1979 ata a actualidade[3].

  1. Áreas galegofalantes fóra de Galicia Arquivado 20 de agosto de 2013 en Wayback Machine. Secretaría Xeral de Política Lingüística.
  2. "Patrimonio artístico Camiño Sanabrés, arquitectura de Lubian". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2013. Consultado o 07 de agosto de 2013. 
  3. Concello de Lubian Arquivado 22 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar