Luanda
Luanda (antigamente São Paulo de Loanda) é a capital e a cidade máis grande de Angola. Situada sobre a costa atlántica, Luanda é o principal porto do país. En 2014 tiña unha poboación de 8.2 millóns de habitantes, convertíndoa na terceira cidade máis grande de fala portuguesa no mundo, só por detrás de São Paulo e Río de Xaneiro, tamén é a 19º cidade máis poboada de África. Luanda é tamén a capital da provincia do mesmo nome.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Angola | ||||
Provincias | Provincia de Luanda | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.487.444 (2018) (22.012,78 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 113.000.000 m² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 6 m | ||||
Creación | 1575 (Gregoriano) | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Foi fundada en 1576 polo fidalgo e explorador portugués Paulo Dias de Novais.
Topónimo
editarO nome Luanda deriva das linguas bantúes, concretamente de lu-ndandu, no cal o prefixo lu é unha das formas primitivas do plural e é común nas zonas costeiras, deltas, ríos e rexións con forma alongada, neste caso refírese a un banco de area rodeado polo mar. Ndandu significa valor ou obxecto de comercio.
Os pobos mbundu pronunciaban os topónimos segundo a súa forma de falar nas diferentes rexións, elimindo algunha letra cando isto non afectaba ao significado do vocablo, polo que Lu-ndandu pasou a chamarse Lu-andu. Posteriormente, xa como parte de Portugal, o termo pasóu a ser feminino ao referirse a unha illa, chamandose dende entón Luanda.[1]
Demografía
editarOs habitantes de Luanda son principalmente de orixe étnica africana, coma as tribos ovimbundu, ambundu ou congo. A lingua oficial, que é igualmente a máis falada, é o portugués, aínda que varias linguas relacionadas co bantú sexan tamén usadas. Existe unha pequena minoría de habitantes de orixe europea.
É a cidade máis poboada de Angola (véxase Lista de municipios de Angola por poboación)
Historia
editarA cidade foi fundada en 1575 polos portugueses baixo o nome de São Paulo de Luanda, cun centear de familias de colonos e catrocentos soldados. Foi o centro administrativo da colonia de Angola despois do 1627, salvo do 1640 ao 1648, cando foi ocupada polos Países Baixos, que a bautizaron como Fort Aardenburgh. Despois dos anos 1550 ata cara a 1850, Luanda foi un centro importante do trafego de escravos cara ao Brasil.
Independencia de Angola
editarDespois da independencia no 1975, e trala retirada das tropas coloniais, a maior parte da poboación portuguesa da cidade partiu ante o aumento da inseguridade no país, debidos principalmente aos enfrontamentos entre o MPLA, de ideoloxía comunista e apoiado por Cuba, o FNLA, apoiado por Zaire, Estados Unidos e China, e o UNITA, apoiado por Suráfrica.
Esta emigración forzosa fixo decaer as infraestruturas pola falta de man de obra cualificada e de persoas con estudos superiores.
Nos últimos anos, varias compañías chinesas, brasileiras e portuguesas implicaronse no desenvolvemento da Nova Luanda, construíndo edificios de apartamentos e zonas privadas para persoas de clase media-alta.
Notas
editar- ↑ "cidmae15". 2011-07-23. Archived from the original on 23 de xullo de 2011. Consultado o 2017-12-19.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Luanda |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |