Luís Figo
Luís Filipe Madeira Caeiro Figo, nado o 4 de novembro de 1972 en Lisboa, é un exfutbolista portugués considerado coma un dos mellores da historia do fútbol portugués e mundial. Xoga coma centrocampista. Foi nomeado "Xogador Europeo do Ano" no 2000, "Xogador Mundial FIFA do ano" no 2001 e atópase nos FIFA 100. É un dos poucos futbolistas que xogaron nos equipos rivais do FC Barcelona e Real Madrid.
(2017) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (pt) Luís Filipe Madeira Caeiro Figo 4 de novembro de 1972 (52 anos) Almada, Portugal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Embaixador de boa vontade de UNICEF | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Figo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1 de abril de 1990 - 2009 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Portugal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Primeira División Española | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | Mundial de Fútbol Alemaña 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Eurocopa de Fútbol Portugal 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2002 | Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2000 | Eurocopa de 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1996 | Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lega Nazionale Professionisti (pt) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Helen Svedin | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Daniela Figo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarFigo comezou a súa carreira no Sporting Clube de Portugal. Gañou o seu primeiro título internacional coma profesional no ano 1991. Antes deste título gañara o Campionato do Mundo sub-20 e o sub-16 Europeo coa selección xuvenil de Portugal. Xunto ao seu compatriota Rui Costa forman parte da chamada "Xeración Dourada" do fútbol portugués. En 1995, Figo foi reclamado para unirse a un dos grandes clubs de Europa, mais por unha disputa entre os clubs Italianos, a Juventus F.C. e o Parma, cos que Figo tiña asinado ao mesmo tempo, deu como resultado a prohibición de fichar por dous anos en calquera club de Italia. Con todo, a situación foi finalmente resolta por Figo, sendo transferido ao FC Barcelona, baixo as ordes de Johan Cruijff, converténdose durante catro anos nun emblema dos seguidores azulgranas, en símbolo do equipo catalán.
No ano 2000, o seu traspaso ao maior inimigo do Barça, o Real Madrid, foi récord mundial de traspaso (60 millóns de € IVE), o que intensificou o enfrontamento entre os dous clubs. O traspaso foi considerado unha ofensa polos seguidores azulgranas, ao ter asegurado que endexamais mudaría cara ao club madrileño. Figo pasou de ser un dos xogadores de fútbol máis queridos de Cataluña a un dos máis odiados. Durante un tempo houbo un portal web,AntiFigo.com, que o insultaba chamándolle "Xudas". Figo non participou no que sería o seu regreso, ao Nou Camp, debido a unha lesión no 2002. Máis tarde o campo do Barcelona estivo a piques de ser clausurado, logo de que varios obxectos (incluíndo unha testa de porco, botellas de whisky etc.) fosen lanzadas a Figo, mentres os seareiros coreaban Pesetero; e finalmente, durante a final da Euro 2004 entre Grecia e Portugal, un fan do Barça coñecido coma Jimmy Jump correu polo terreo de xogo e tiroulle unha bandeira do FC Barcelona.
No Real Madrid erixíuse nun dos piares de xogo, canda xogadores coma Zinedine Zidane, Steve McManaman, Fernando Hierro, Roberto Carlos, Ronaldo ou Raúl González, considerándoo como 'Mellor Club do Mundo' primeiro, e máis tarde, coroado como 'Club do Século' pola FIFA no ano da súa incorporación. O Real Madrid acadou varios títulos durante os tres anos seguintes baixo as ordes do adestrador Vicente Del Bosque.
O 18 de agosto de 2004, Figo anunciou o seu retiro da Selección nacional portuguesa. En abril de 2005 anunciou a súa volta á selección, sendo chamado por Scolari para o partido entre Portugal e Eslovaquia do 4 de xuño. Os seareiros portugueses dividíronse entre os que viron esta volta como algo que non tiña razón de ser e os que crían que Scolari fixera demasiadas concesións para recuperalo.
Figo capitaneou o equipo portugués durante o Campionato do mundo de 2006, acadando as semifinais, a onde non chegaba dende 1966. Francia eliminounos por 1-0. Ricardo Carvalho fixo un penalti dubidoso, que o capitán francés Zinedine Zidane converteu no silandeiro gol que habería de subir ao marcador. O mesmo Figo dispuxo dunha grande oportunidade de bater ao gardammalla galo Fabien Barthez, máis o seu testarazo marchou por riba do traveseiro. Ao remate do partido, Zidane e Figo, antigos compañeiros de equipo no Real Madrid, trocaron as camisetas. Luís Figo non saíu de inicio no partido polo terceiro e cuarto postos; Pauleta foi o encargado de capitanear ao equipo no canto deste. Así e todo, Portugal caeu por 0-2 fronte a anfitrioa Alemaña e Figo substituíu a Pauleta no minuto 77 de xogo.
Carreira futbolística
editarA súa carreira con maisculas comeza coa Selección xuvenil de Portugal onde Figo gañou o Campionato Xuvenil da FIFA no 1991, o mesmo ano que debutou coma profesional perante Luxemburgo, o 16 de outubro de 1991, nun partido amigábel, que rematou 1-1, cando tan só tiña 18 anos. Figo mantense na elite do fútbol polas súas participacións nas Eurocopas do 96, 2000 e 2004 e na Copa do Mundo do 2006. Anunciou a súa retirada da competición internacional, logo da final da Eurocopa 2004 onde perdeu contra Grecia, tendo gañado 117 copas e marcado 31 goles. Aínda que pola contra, en xuño do 2005, cambiou a súa decisión e volveu a xogar na fase de clasificación para a Copa do Mundo 2006, conseguindo vitorias perante Eslovaquiae Estonia. De novo, volveu anunciar a súa retirada do deporte internacional despois da Copa do Mundo 2006. Tan só fixo unha pequena aparición de 10 minutos no terreo de xogo no último partido do torneo, no cal asistiu no único gol de Portugal a Nuno Gomes.
Foi no FC Barcelona dende 1995 cando a súa carreira colle pulo: Figo gaña a Copa da UEFA en 1996/97, varios títulos ligueiros da Primeira División española; xogou 172 veces neste equipo, marcando 30 goles. Figo incluso foi requirido por Sir Alex Ferguson, para militar no Manchester United antes da Eurocopa 2000 nun intercambio por David Beckham.
No ano 2000 chegou o seu controvertido traspaso (récord mundial monetario) ao Real Madrid CF. O traspaso causou a xenreira dos seguidores do Barcelona. Figo xustificou o investimento gañando para o Madrid o título ligueiro e a chegada ata semifinais da UEFA Champions League, e tamén gañando o premio do mellor futbolista do ano FIFA. En 2001/02, volve ao seu mellor nivel, xogando novamente tras a lesión fronte o Bayer Leverkusen. Figo foi un dos piares do Madrid que gañou a Liga no 2003, marcando dez goles. A decepción chegou coa eliminación en semifinais da Champions contra a Juventus, na tempada seguinte, a pesar dos seus nove goles, o Madrid rematou cuarto na liga, foi eliminado en oitavos de final da Champions e perdeu a final da Copa do Rei.
Logrou catro goles na fase de grupos da Liga de Campións na tempada 2004/2005 mais foi outro ano convulso para o Madrid, Vanderlei Luxemburgo, adestrador do conxunto branco mantivo diferenzas co portugués logo de ser relegado á suplencia na selección de Portugal na segunda metade da tempada 2004/2005 e David Beckham comezou a ser aliñado na banda dereita do Real Madrid. Era xeral a opinión de que Figo deixaría o Real Madrid. Na pretempada, barallouse o seu traspaso ao Liverpool ou ao Inter de Milán. Cun acordo co Real Madrid, foi traspasado ao Inter o 5 de agosto de 2005 coa carta de liberdade.
En decembro de 2006, o equipo saudita Al-Ittihad informa do seu traslado ó club en xaneiro de 2007. Figo marcha co gallo de asinar un contrato en Arabia Saudita, mais tras das conversacións co propietario e Presidente do Inter de Milan, Massimo Moratti, fica no club milanés e renova até o final da tempada 2007-08. Así, na páxina web oficial do Inter, de 3 de xaneiro de 2007, declara: "Non hai ningunhas negociacións para a transferencia de Luis Figo a outro club. As noticias recentes dunha posible transferencia do centrocampista portugués son, xa que logo, completamente infundadas. "A pesar desta declaración, o 5 de xaneiro de 2007, o sitio web de La Gazzetta dello Sport, informa dun contrato asinado en Arabia Saudita, para comezar o 1 de xullo de 2007.
O día 16 de maio de 2009 anuncia o seu retiro do fútbol profesional coincidindo coa conquista do Scudetto por parte do Inter de Milán.
Lonxe do fútbol
editarXunto co seu paisano, o adestrador de fútbol, Carlos Queiroz, apadriñaron o equipo automobilístico A1 Team Portugal, no campionato do ano 2005-06 do A1 Grand Prix, (O A1 Team Portugal deixou de competir despois desta temporada por falta de apoios económicos principalmente).
Luís Figo é hoxe en día un dos principais símbolos e embaixador de Portugal.
Vida familiar
editarLuís Figo está casado coa modelo sueca Helen Svedin. Coñecéronse nun programa de televisión e actualmente teñen tres fillas, Daniela (nada en marzo de 1999), Martina (nada en abril de 2002) e Stella (nada en decembro de 2004).
Ó igual que varios dos seus compañeiros do Real Madrid como Steve McManaman e Roberto Carlos, Luís é practicante católico romano e apostólico, e coñeceu o Papa cos seus compañeiros no 2002.
Títulos e premios
editar- Co Sporting C.P.
- Copa de Portugal de Fútbol - 1994/95
- Co FC Barcelona
- Liga española de fútbol - 1997/98, 1998/99
- Copa do Rei de Fútbol - 1996/97, 1997/98
- Supercopa de España - 1996
- Recopa de Europa de Fútbol - 1996/97
- Supercopa de Europa de Fútbol - 1997
- Co Real Madrid
- Liga española de fútbol - 2000/01, 2002/03
- Supercopa de España - 2001, 2003
- Liga de Campións - 2001/02
- Copa Intercontinental de Fútbol - 2002
- Supercopa de Europa de Fútbol - 2002
- Co Inter de Milán
- Serie A 2005/06
- Copa de Italia de Fútbol - 2005/06
- Supercopa de Italia de Fútbol - 2005, 2006
- Coa selección portuguesa
- Individual
- Mellor xogador da Eurocopa de Fútbol 2000
- Balón de Ouro - 2000
- Mellor xogador mundial do ano - 2001
- Xogador portugués do ano: 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000
Estatísticas
editartemp. | club | país | liga | part. | goles |
---|---|---|---|---|---|
1990/91 | Sporting de Lisboa | Portugal | Primeira División | 3 | 0 |
1991/92 | Sporting de Lisboa | Portugal | Primeira División | 34 | 1 |
1992/93 | Sporting de Lisboa | Portugal | Primeira División | 32 | 0 |
1993/94 | Sporting de Lisboa | Portugal | Primeira División | 31 | 8 |
1994/95 | Sporting de Lisboa | Portugal | Primeira División | 29 | 7 |
1995/96 | FC Barcelona | España | Primeira División | 35 | 5 |
1996/97 | FC Barcelona | España | Primeira División | 36 | 4 |
1997/98 | FC Barcelona | España | Primeira División | 35 | 5 |
1998/99 | FC Barcelona | España | Primeira División | 34 | 7 |
1999/00 | FC Barcelona | España | Primeira División | 32 | 9 |
2000/01 | Real Madrid | España | Primeira División | 34 | 9 |
2001/02 | Real Madrid | España | Primeira División | 28 | 7 |
2002/03 | Real Madrid | España | Primeira División | 32 | 10 |
2003/04 | Real Madrid | España | Primeira División | 36 | 9 |
2004/05 | Real Madrid | España | Primeira División | 33 | 3 |
2005/06 | Inter de Milán | Italia | Serie A | 34 | 5 |
2006/07 | Inter de Milán | Italia | Serie A | 32 | 2 |
2007/08 | Inter de Milán | Italia | Serie A | 8 | 1 |
Total | 538 | 92 |