Lorvão
Lorvão é unha freguesía portuguesa do concello de Penacova, no distrito de Coímbra.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Coimbra | ||||
Concello | Penacova, Portugal | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.928 (152,43 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 25,77 km² | ||||
Sitio web | freguesia-lorvao.eu |
Xeografía
editarTen unha superficie de 25,77 km² e, no ano 2011, unha poboación de 3 898 habitantes, polo que a súa densidade de poboación era, nese ano, de 163,8 hab./km².
Evolución da poboación
editarPoboación da freguesía de Lorvão (1864-2011) [1] | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
2 453 | 2 734 | 3 277 | 3 655 | 4 281 | 4 236 | 4 087 | 4 563 | 4 801 | 4 314 | 4 172 | 4 088 | 4 329 | 4 220 | 3 898 |
Historia
editarA freguesía e famosa porque a infanta portuguesa Teresa, raíña consorte de León e Galicia polo seu casamento co seu primo irmán o rei Afonso IX; pero, polas presións da igrexa, e polo feito de que o papa Celestino III, debido a este matrimonio entre parentes tan próximos, e que ademais casaran sen preceptiva dispensa papal, excomungou ao monarca e pronunciou un interdito sobre o Reino de León, polo que, en 1195 a parella tivo que separarse e, en 1198, o matrimonio foi anulado, por consanguinidade, e Tareixa, en 1200, retirouse ao convento de Lorvão.[2] [3] pois ambos os contraentes eran netos dos rei de Portugal Afonso Henriques.[2]
Teresa viviu o resto da súa vida no convento beneditino; pouco tempo máis tarde, transformou o mosteiro en abadía cisterciense e, finalmente, tomou os votos conventuais despois de anos de vivencia como monxa. Aí morreu o 18 de xuño de 1250.[4]
O 13 de decembro de 1705 foi beatificada, xunto coa súa irmá Sancha, polo papa Clemente XI, mediante a bula Sollicitudo Pastoralis Offici.[5][6]
Notas
editar- ↑ Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - INE - Publicaçőes
- ↑ 2,0 2,1 Reis de Castela en Medieval Lands (en inglés).
- ↑ Fernandes Marques 2008, p. 87.
- ↑ Fernandes Marques 2008, p. 141.
- ↑ Beata Sancha, virgen y fundadora en El Testigo Fiel (en castelán). Consultada o 23 de outubro de 2017.
- ↑ Beata Teresa del Portogallo en Santi e Beati (en italiano).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lorvão |
Bibliografía
editar- Fernandes Marques; Maria Alegria (2008): Estudos sobre a Ordem de Cister em Portugal. Coimbra: Estudos da Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra. ISBN 97-2772-019-6.
- Mattoso, José (2014): D. Afonso Henriques, 2ª ed. Lisboa: Temas e Debates. ISBN 978-97-2759-911-0.
- Rodrigues Oliveira, Ana (2010): Rainhas medievais de Portugal. Dezassete mulheres, duas dinastias, quatro séculos de História. Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 978-98-9626-261-7.