Lois de Borgoña

Príncipe de Acaia

Lois de Borgoña,[1] nado en 1297 e finado o 2 de agosto de 1316, foi príncipe de Acaia e pretendente do Reino de Tesalónica.

Modelo:BiografíaLois de Borgoña

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1297 Editar o valor en Wikidata
Morte2 de agosto de 1316 Editar o valor en Wikidata (18/19 anos)
Élida, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Cister (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe de Acaia Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMatilda de Hainaut (1313 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
PaisRoberto II de Borgoña Editar o valor en Wikidata  e Inés de Francia, duquesa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
IrmánsBranca de Borgoña e de Francia
Margarida de Borgoña
Xoana de Borgoña
Eudes IV de Borgoña
Hugo V de Borgoña
Marie de Borgoña Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Bourgogne-308
Moeda cuñada por Lois de Borgoña.
Escudo de Lois de Borgoña.

Traxectoria

editar

Devanceiros

editar

Era o fillo máis novo de Roberto II de Borgoña e Inés de Francia. Era neto por liña paterna de Hugo IV de Borgoña e Iolanda de Dreux, e por liña materna de Lois IX de Francia e Margarida da Provenza.

Era irmán dos duques Hugo V e Eudes IV de Borgoña, de Branca de Borgoña, casada con Eduardo I de Savoia, de Margarida de Borgoña, casada con Lois X de Francia e de Xoana de Borgoña, casada con Filipe VI de Francia.

Príncipe de Acaia

editar

En 1313 tomou parte no complexo contrato matrimonial deseñado co obxectivo de asegurar o control da primeira dinastía Capeto de Anjou-Sicília e da dinastía de Borgoña para asegurar o dominio da Grecia franca:

O 31 de xullo de 1313 casou con Matilda de Hainaut, descendente de Guillerme II Villehardouin, e a quen Filipe I de Tarento dera en feudo o Principado de Acaia. Ao se converter en príncipe de Acaia, Lois de Borgoña fixo a correspondente homenaxe a Filipe I de Tarento como emperador de Constantinopla iure uxoris e rei de Tesalonica. En virtude da súa vasalaxe, accedeu a unirse a unha campaña prevista para a reconquista do Imperio latino de Constantinopla. Pola súa banda, Lois de Borgoña cedeu os dereitos sobre as terras do Ducado de Borgoña ao seu irmán Hugo V de Borgoña, para que este lle cedese o título de rei de Tesalónica, que fora vendido á súa familia en 1266.

Disputa coa Casa de Mallorca

editar

Mentres tanto, Isabel I de Acaia tivera unha irmá máis nova, Margarida de Acaia. Cando Isabel foi desposuída do principado por Carlos II de Anjou, a súa irmá, Margarida, reclamou para si mesma os dereitos sobre o Principado de Acaia dun xeito infrutuoso. Finalmente traspasou os dereitos en favor da súa filla, Isabel de Sabran, que era polo tanto curmá de Matilda de Hainaut, filla de Isabel de Acaia. Para facer valer os seus dereitos sobre a súa curmá Matilda, Isabel de Sabran casou co infante Ferrán de Mallorca, que reclamou o Principado de Acaia en nome da súa muller e preparou a conquista.

Guerra polo Principado de Achaia

editar

O infante Ferrán de Mallorca desembarcou e tomou Glarentza en 1315. Pola súa banda, Matilda de Hainaut e Lois de Borgoña chegaron por separado ao principado. Mentres Lois de Borgoña se dirixía á República de Venecia para solicitar axuda militar, Matilda zarpou directamente do porto de Marsella e desembarcou en Navarino con 1.000 soldados a finais de 1315.

Á chegada de Matilda, varios baróns, incluído o conde de Cefalonia, volveron á súa obediencia. Pero a pesar dos reforzos recibidos polos baróns, o exército de Matilda foi derrotado polas tropas do infante Ferrán de Mallorca o 22 de febreiro de 1316 na batalla de Picotín. Despois chegou Lois de Borgoña e comezou o asedio de Chalandritsa, que acabou fracasando. Ferrán de Mallorca enviou cartas á Compañía Catalá de Oriente clamando polo envío de reforzos, que foron respondidos favorabelmente por esta. Pero cando as tropas da compañía aínda estaban en camiño, o 5 de xullo de 1316 librouse a batalla de Manolada, na que o infante Ferrán foi derrotado e morto.

Só catro semanas despois, morreu Lois de Borgoña. Segundo a Crónica de Morea, a súa morte foi debida a unhas febres, pero segundo a catalá Declaratio Summa, foi envelenado por Xoán de Cefalonia. A morte de Lois de Borgoña deixou o Principado de Acaia nun estado de estancamento que deixou abertas as pretensións da súa esposa Matilde de Hainaut, o seu sobriño Eudes IV de Borgoña e Filipe I de Tarento.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-09. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar