Lois VII de Francia

rei de Francia entre 1137 e 1180

Lois VII de Francia[1] ou Luís VII de Francia, chamado Lois o Novo, nado en 1120 e finado en Melun o 18 de setembro de 1180, foi rei de Francia entre 1137 e 1180. Foi o sexto en liña directa da dinastía dos Capetos. Era fillo de Lois VI e de Adela de Saboia (v. 1100-1154). Casou con Aliénor de Aquitania, Costanza de Castela (1140-1160) e Adela de Champaña. Sucedeuno o seu fillo, Filipe Augusto.

Modelo:BiografíaLois VII de Francia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Louis VII de France Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1120 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de setembro de 1180 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor en Wikidata
Rei dos francos
1 de agosto de 1137 – 18 de setembro de 1180
← Lois VI de FranciaFilipe II de Francia →
Duque de Aquitania
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, monarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque
Rei dos francos Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía dos Capetos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAdela de Champaña (1160 (Gregoriano)–)
Constanza de León (1154 (Gregoriano)–)
Aliénor de Aquitania (1137 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosMaría de Francia, condesa de Champagne
 () Aliénor de Aquitania
Adelaida de Francia
 () Aliénor de Aquitania
Margarida de Francia
 () Constanza de León
Adela de Francia
 () Constanza de León
Filipe II de Francia
 () Adela de Champaña
Inés de Francia
 () Adela de Champaña Editar o valor en Wikidata
PaisLois VI de Francia Editar o valor en Wikidata  e Adela de Saboia Editar o valor en Wikidata
IrmánsFilipe de Francia, Arquidiácono de París
Roberto I de Dreux
Filipe de Francia
Pedro I de Courtenay
Enrique de Francia, Arcebispo de Reims
Constanza de Francia, condesa de Tolosa Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Louis VII., the Young Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Capet-13 Find a Grave: 21090 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi consagrado rex designatus en Reims o 25 de outubro de 1131 polo papa Inocencio II trala morte accidental do seu irmán maior Filipe (1116-1131).

Antes de morrer, seu pai concertara o seu matrimonio con Aliénor de Aquitania (1122-1204), filla de Guillerme X de Poitiers, duque de Aquitania e Aliénor de Châtellerault, casamento que tivo lugar en Bordeos o 25 de xullo de 1137. Este vantaxoso matrimonio proporcionoulle un dominio real case triplicado xa que a esposa achegou no seu dote a Güiena, Gascuña, Poitou, Lemosín, Angoumois, Saintonge e Périgord.

En maio de 1141, Lois VII enfróntase ao conde Teobaldo II de Champaña e ao papa Inocencio II, con motivo da toma de posesión do bispado de Langres, xa que el quería que fose elixido un monxe de Cluny. De novo volve a opoñerse ao Papa en 1141 intentando impor o seu candidato para a sede de Bourgues contra Pierre de la Châtre (apoiado polo sumo pontífice). O Papa excomunga a Lois e Pierre de La Châtre refúxiase en Champaña. O rei invade o condado e incendia ao seu paso, durante o verán de 1142, Vitry-en-Perthois e súa igrexa, na cal se atopaban refuxiados os habitantes da vila.

Para resolver o problema, o rei firma o tratado de Vitry co conde Teobaldo II no outono de 1143, aceptando a elección de Pierre de La Châtre e conseguindo que se anule o veto que pesa sobre o reino; o 22 de abril participa na conferencia de Saint-Denis para solucionar o conflito xurdido entre a Santa Sede e el.

A Segunda Cruzada

editar

Para selar o acordo, o rei acepta tomar parte na segunda cruzada alentada por Bernaldo de Claraval e, preto do Nadal de 1145, Lois VII anuncia a súa decisión de unirse a ela para socorrer os Estados cristiáns de Palestina, ameazados polos turcos, que acababan de invadir o condado de Edesa en 1144 e perpetraron o masacre de centenares de cristiáns. En 1146 o rei toma a cruz, á vez que numerosos baróns, durante a asemblea de Vézelay.

O 11 de xuño, o rei Lois VII e Aliénor parten para a segunda cruzada ao mando de 300 cabaleiros e unha cuantiosa armada, seguidos por miles de peregrinos. Saíron de Metz e pasaron polo val do Danubio, onde foron recibidos pola armada do emperador que xa os agardaba no reino de Hungría. O rei Géza II de Hungría recibiu os reis cruzados e velou por que estivesen provistos de alimentos e abeiro.

A segunda cruzada parecía ter bo comezo, xa que estaba dirixida polos dous soberanos máis poderosos de Occidente, que ademais, ao estaren instruídos pola experiencia da primeira, organizárona de forma moi estrita. Pero as relacións envelenáronse rapidamente entre franceses e alemáns, e sobre todo entre cruzados e bizantinos. Conrado III e Lois VII perderon as 4/5 partes dos seus efectivos militares tentando atravesar Anatolia, onde foron decimados polos turcos, a carestía e a enfermidade. Por último, logo de desembarcar co resto das súas tropas preto de Antioquía, que estaba en mans de Raimundo de Poitiers, tío de Aliénor de Aquitania, os dous soberanos estreláronse ante Damasco. Conrado e os alemáns reembarcaron o 8 de setembro de 1148.

Raimundo esperaba que Lois VII o axudase a combater o inimigo que o despoxara dalgúns dos seus territorios, pero o rei só pensaba en ir a Xerusalén. Aliénor intentou, en van, convencer o seu marido para que axudase o seu tío Raimundo, mais o rei preferiu seguir os consellos do templario eunuco Thierry de Galeran. Os cronistas da época culpan a Aliénor de adulterio: Guillerme de Tiro acúsaa así mesmo de incesto co seu propio tío.

Lois VII obriga a Aliénor a seguilo e deixa Antioquía, chegando a Xerusalén para cumprir coa peregrinación imposta. En xuño de 1148 tenta tomar Damasco, ante a que a súa armada está esperando. O matrimonio permanece un ano en Terra Santa antes de volver por mar, e por separado, a Francia. O rei é apresado polos bizantinos, sendo liberado polo normando Roxerio II de Sicilia. Na primavera de 1149, Lois VII, moi afectado polo exceso das desgrazas conxugais, abandona Xerusalén. A decepción en Occidente foi moi grande.

A separación de Aliénor

editar

Durante a viaxe de volta a Francia, en novembro de 1149, Lois VII pensou en separarse de Aliénor. Pero o papa Uxío III, tras unha parada na Abadía de Montecasino, e despois o abade Suger, conseguiron reconcilialos e, en 1150, naceu a súa segunda filla, Alix de Francia (1150-1195).

No entanto, tralo pasamento de Suger en 1151, Lois VII, desexoso da separación, atopa no concilio de Beaugency o motivo para a mesma: a avoa de Aliénor, Eduarda de Borgoña, era a neta de Roberto o Piadoso, avó do rei (en 9º grado civil, pero en 5º grao canónico), e isto propicia a anulación do matrimonio o 18 de marzo de 1152. Aliénor recobra o dote e casa o 18 de maio de 1152, en segundas nupcias, co conde de Anjou, Henrique II Plantagenet, que será o rei de Inglaterra en 1154. El tiña 19 anos e ela 30.

Na primavera de 1154, Lois VII casa, en segundas nupcias, con Costanza de Castela (1136-1160) filla de Afonso VII, coa que ten dúas fillas, Margarida de Francia (1158-1197) e Adela de Francia (1160-1221). A raíña Costanza de Castela morre o 4 de outubro de 1160 durante o parto de Adela.

Descendencia

editar

Con Aliénor de Aquitania:

  • María (1145-1198), casada en 1164 con Henrique I de Champaña, conde de Troies, chamado o Liberal. Rexente do Condado de Champaña de 1190 a 1197.
  • Alix ou Alicia (1150-1195) casada con Teobaldo V de Blois, chamado o Bo (1129-1191), conde de Blois (1152-1191).

Con Costanza de Castela:

  • Margarida de Francia (1158-1197), casada en 1172 co príncipe de Inglaterra Henrique de Plantegenet, (morto en 1183), e en 1186, co rei Bela III de Hungría.
  • Adela (1160-1221) (ou Alix, condesa de Vexin), casada en 1195 con Guillerme III de Ponthieu.

Con Adela de Champaña (ou Adela de Blois):

  • Filipe Augusto (1165-1223), rei de Francia co nome de Filipe II.
  • Inés de Francia (1171-1240), emperatriz bizantina polo seu matrimonio con Aleixo II Comneno (1180), emperador de Constantinopla (1167-1183). Despois, por outro matrimonio en 1183 con Andrónico I Comneno, emperador de Constantinopla (1110-1185). Contra 1204 casa con Teodoro Branas, señor de Adrianópolis.

O rei tivo ademais un fillo ilexítimo: Filipe (falecido en 1161).

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-09. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar