O lobo temporal ou lóbulo temporal é un dos lobos cerebrais, situado na cara externa de cada hemisferio cerebral. Limita por diante coa cisura perpendicular externa, o polo temporal do hemisferio, a beira inferior do hemisferio e a cisura de Silvio, que o separa do lobo parietal. Posúe dous sulcos, o sulco temporal superior e o inferior; e tres circunvolucións, primeira, segunda e terceira circunvolución. A súa función é analizar a información que chega polo oído e a fala. Tamén é responsábel do equilibrio e da memoria a curto prazo.

Lobos cerebrais:
Azul: Lobo frontal
Verde: Lobo temporal
Rosa: Lobo occipital
Amarelo: Lobo parietal

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar