Lixus
Lixus (en árabe ليكسوس) era unha cidade antiga fundada polos fenicios arredor de 1100 a.C..
Patrimonio da Humanidade
editarEste sitio foi engadido á Lista Indicativa da UNESCO Patrimonio Mundial o 1 de xullo de 1995, na categoría Patrimonio da Humanidade Cultural.
Nome
editarA lingua oficial era o púnico, usado nas emisións de moeda autónoma da cidade desde o século II a.C., o nome do sitio aparece nas moedas en púnico como LKS triliteral, e en latín como LIX e LIXS (a forma Lixus / Lixos está consagrada pola tradición greco-latina).
Características
editarEstaba situada algúns quilómetros ao norte da pequena cidade de Larache en Marrocos, na beira dereita do wadi Lucos. Lixus foi unha das máis antigas e das máis importantes cidades da costa atlántica.
Está rodeada de chairas pantanosas ao sur e ao suroeste, nas que se crearon fábricas de sal.
O emperador romano Claudio outorgoulle o status de colonia romana[1].
Lendas
editarAureolada de prestixio na antigüidade, era citada nos mitos gregos como unha cidade lendaria na que localizaban dous dos traballos de Hércules. Sería en Lixus, en efecto, onde o heroe mítico venceu a Anteo, suposto fundador de Tánxer, e colleu as mazás de ouro do xardín das Hespérides, que estaban gardabas por un dragón[1]. Plinio o Vello viu neste dragón unha alegoría do río descrita por moitos meandros.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Plinio o Vello, Historia Natural, libro V, I, 3
- ↑ Brouquier-Reddé, Véronique, Abdelaziz. El Khayari e Abdelfattah Ichkhakh (2004). "Lixus, de l'époque phénicienne à la période médiévale: le quartier dit «des temples"". En . Vol. 4.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lixus |