Lirio
Lirios (xénero Iris) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Iris tuberosa | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Véxase no texo | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Os lirios son un grupo de plantas pertences ao xénero Iris. Son plantas bulbosas da familia Iridaceae con vistosas flores, cuxo nome deriva do latín arco iris (arco da vella), referíndose á extensa variedade de cores florais que posúen as súas moitas especies e cultivares de xardín. As especies están amplamente distribuídas por todas as rexións temperadas do hemisferio norte. Os seus hábitats son moi diversos, abarcando dende as rexións frías en abas herbosas, devesas, ribeiras até desertos de Europa, Medio Oriente e África do Norte e por toda América do Norte.
En Galiza atopamos varias especies bravas, entre as que salienta o lirio amarelo das charcas (Iris pseudacorus). Os lirios tamén son cultivados coma plantas ornamentais de todo o país, pola súa flor: o lis. Cómpre salientar unha especie endémica de Galiza: o lirio de monte ou lirio do Xurés (Iris boissieri), que só medra na serra do Xurés, O Courel e o Monte Pindo.
Descrición
editarSon plantas herbáceas perennes que medran de rizomas rastreiros (Iris rizomatosos) ou, en climas máis secos, de bulbos (Iris bulbosos). Posúen longos e erectos talos florais, que poden ser simples ou ramificados, macizos ou ocos. Estes talos poden ser aplanados ou con seccións circulares transversais. As follas, en número de 3 a 10, en forma de espada forman unha masa mesta na parte basal da planta.
As inflorescencias xorden en forma de abano e conteñen unha ou máis flores de seis lóbulos simétricos e lixeiramente recendentes. Os tres sépalos ábrense ou inclínanse cara a abaixo, espallándose dende a estreita base cara a fóra; a miúdo están adornados con liñas ou puntos. Os tres pétalos érguense, parcialmente detrás dos sépalos basais. Algunhas especies miúdas teñen os seis lóbulos apuntando directamente cara a fóra. Os sépalos e pétalos difiren uns dos outros. Están unidos na base ao tubo floral situado sobre o ovario. Os estilos divídense cara ao ápice converténdose en ramificacións petaloides.
Variedades e cultivo
editarA variedade de xardín máis común é o Iris germanica. As diferentes formas bravas e híbridos naturais de Iris pallida e Iris variegata forman o piar da meirande parte dos híbridos barbados modernos. Os lirios medianos (intermedios, miniatura altos etc.) derivan de cruzamentos entre as variedades altas e ananas. Outros tipos de lirios comúns de xardín son I. siberica e os seus híbridos (lirios siberianos) e I ensata e os seus híbridos (lirios xaponeses).
A variedade de lirio barbado é tamén a máis doada de cultivar e de propagar, crecendo en calquera zona de xardín con bo solo. Soamente as variedades máis pequenas e delicadas necesitarán a axuda de fertilizantes, e solos máis ricos, por exemplo de turbas ou arxilas, para os manter con boa aparencia. Os que florean máis cedo son as variedades ananas de Iris pumilla, que o fan durante marzo, abril e maio. Durante este último mes e todo xuño florean a maioría dos "barbados altos", tales como I. germanica, I. florentina, I. pallida, I. variegata, I. amoena, I.flavescens, I. sambucina, I. neglecta, I. ruthenica e os seus híbridos. I. unguicularis é unha destacábel especie de inverno, procedente de Alxeria con flores azul ceo manchadas de amarelo que se dan (no hemisferio norte) a intervalos regulares desde novembro até marzo.
Moitas especies pequenas bulbosas poden podrecer con exceso de auga, polo que o solo debe ter unha boa drenaxe, ademais de que deberían estar plantados en zonas sollosas. As especeis de inverno (I. milifolia, I. junonia, I. danfordiae, I. reichenbachii e algunhas outras que florean en febreiro e marzo) cómpre abeiralas cunha camada duns 15 cm de follas secas, casca de piñeiro ou fibra de coco.
Especies
editarEspecies en Galiza
editar- Lirio amarelo, lirio das charcas, espadaina ou abolla (Iris pseudacorus), aparece en lamazais de toda Galiza;
- Lirio azul (Iris latifolia), aparece na provincia de Lugo;
- Lirio de monte ou lirio do Xurés (Iris boissieri); endemismo de Galiza, con poboacións no complexo Xurés-Gerês (Ourense e Norte de Portugal), no Courel (Lugo) e no Monte Pindo (A Coruña); en perigo crítico.
- Lirio fétido ou herba do lobo Iris foetidissima, moi escaso, na provincia de Lugo e Asturias.
Listaxe xeral de especies
editarO xénero Iris inclúe as especies a seguir:
- Iris acoroides Spach
- Iris acutiloba C.A.Mey.
- Iris albertii Regel
- Iris albicans Lange
- Iris albomarginata R.C.Foster
- Iris aphylla L.
- Iris arctica
- Iris arenaria
- Iris assadiana Chaudhary, G.Kirkw. & C.Weymouth
- Iris astrachanica Rodion.
- Iris atrofusca
- Iris atropurpurea
- Iris attica
- Iris aucheri (Baker) Sealy
- Iris aurea Lindl.
- Iris bakeriana Foster
- Iris benacensis A.Kern.
- Iris biflora
- Iris bismarckiana
- Iris bloudowii Ledeb.
- Iris boissieri Henriq.
- Iris bracteata S.Wats.
- Iris brandzae Prodan
- Iris brevicaulis Raf.
- Iris bucharica Foster
- Iris bulleyana Dykes
- Iris buriensis Lem.
- Iris calcarea Dinsm.
- Iris camillae
- Iris carthaliniae Fomin
- Iris caucasica
- Iris cengialti Ambros.
- Iris cespitosa
- Iris chamae
- Iris chrysographes Dykes
- Iris chrysophoenicia
- Iris chrysophylla T.J.Howell
- Iris clarkei Bak.
- Iris confusa Sealy
- Iris cretensis Janka
- Iris cristata Aiton
- Iris croatica Horv.
- Iris crocea Jacquem. ex R.C.Foster
- Iris cycloglossa Wendelbo
- Iris cypriana Foster & Baker
- Iris daenensis Kotschy ex Baker
- Iris danfordiae (Baker) Boiss.
- Iris decora Wall.
- Iris delavayi Micheli
- Iris demetrii Achv. & Mirzoeva
- Iris dichotoma Pall.
- Iris douglasiana Herb.
- Iris douglasiana var. major
- Iris douglasiana var. oregonensis
- Iris edomensis
- Iris ensata Thunb.
- Iris ewbankiana Foster
- Iris fernaldii R.C.Foster
- Iris filifolia Boiss.
- Iris flavescens Delile
- Iris flavispina
- Iris foetidissima L.
- Iris forrestii Dykes
- Iris fosteriana Aitch. & Baker
- Iris fulva Ker-Gawl.
- Iris fulvala Dykes
- Iris gatesii Foster
- Iris germanica L.
- Iris germanica var. florentina
- Iris giganticaerulea Small : Iris azul gigante
- Iris glockiana O.Schwarz
- Iris gracilipes A.Gray
- Iris graeberiana Tubergen ex Sealy
- Iris graminea
- Iris grant-duffii
- Iris halophila
- Iris hartwegii Baker
- Iris hartwegii ssp. australis
- Iris hartwegii ssp. columbiana
- Iris hartwegii ssp. hartwegii
- Iris hartwegii ssp. pinetorum
- Iris haynei
- Iris hermona
- Iris hexagona Walt.
- Iris hexagona var. flexicaulis
- Iris hexagona var. hexagona
- Iris hexagona var. savannarum
- Iris hirsuta
- Iris histrio
- Iris histrioides (G.F.Wilson) S.Arn.
- Iris hoogiana Dykes
- Iris hookeriana Fost.
- Iris humilis Georgi
- Iris iberica Hoffm.
- Iris iliensis Poljakov
- Iris illyrica Tomm.
- Iris imbricata Lindl.
- Iris innominata L.F.Hend.
- Iris italica Parl.
- Iris japonica
- Iris juncea Poir.
- Iris junonia Schott ex Kotschy
- Iris kamaonensis Wall.
- Iris kemaonensis
- Iris kerneriana Asch. & Sint.
- Iris klattii Kem.-Nath.
- Iris koreana Nakai
- Iris korolkowii Regel
- Iris lactea
- Iris lacustris Nutt.
- Iris laevigata Fisch.
- Iris landsaleana
- Iris latifolia Mill.
- Iris lazica Albov
- Iris loczyi Kanitz
- Iris longipetiolata
- Iris longiscapa Ledeb.
- Iris lorea
- Iris lortetii
- Iris lurida Aiton
- Iris lusitanica Ker Gawl.
- Iris lutescens Lam.
- Iris maackii Maxim.
- Iris macrosiphon Torr.
- Iris magnifica Vved.
- Iris mandshurica Maxim.
- Iris mariae
- Iris marsica I.Ricci & Colas.
- Iris melitta Janka
- Iris mesopotamica
- Iris milesii Foster
- Iris missouriensis Nutt.
- Iris macrosiphon Torr.
- Iris monnieri DC.
- Iris munzii R.C. Foster
- Iris musulmanica Fomin
- Iris nelsonii Randolph
- Iris nertschinskia
- Iris notha M.Bieb.
- Iris nusairiensis Monterode
- Iris odaesanensis
- Iris orientalis P.Mill.
- Iris orjenii Bräuchler & Cikovac
- Iris palaestina
- Iris pallida Lam.
- Iris pamphylica Hedge
- Iris paradoxa Steven
- Iris perrieri Simonet ex P.Fourn.
- Iris persica L.
- Iris petrana
- Iris planifolia
- Iris polakii Stapf
- Iris pontica
- Iris prismática Pursh ex Ker-Gawl.
- Iris pseudacorus L.
- Iris pseudocaucasica Grossh.
- Iris pumila L.
- Iris purdyi Eastw.
- Iris purpureobractea B.Mathew & T.Baytop
- Iris reginae Horvat & M.D.Horvat
- Iris regis-uzziae
- Iris reichenbachii Heuff.
- Iris reticulata
- Iris robusta E.Anders.
- Iris rosenbachiana
- Iris rudskyi Horvat & M.D.Horvat
- Iris ruthenica Ker Gawler
- Iris sambucina L.
- Iris sancti-cyrii Rouss.
- Iris sanguinea Hornem. ex Donn
- Iris sari Schott ex Baker
- Iris scariosa
- Iris schachtii Markgr.
- Iris serotina Willk. in Willk. & Lange
- Iris setosa Pall. ex Link
- Iris setosa var. canadensis
- Iris setosa var. interior
- Iris setosa var. setosa
- Iris sibirica L.
- Iris sikkimensis Dykes
- Iris sindjarensis Boiss. & Hausskn.
- Iris sintenisii Janka
- Iris sisyrinchium
- Iris sofarana
- Iris sogdiana Bunge
- Iris songarica Schrenk
- Iris speciosa Terracino
- Iris spuria L.
- Iris stolonifera Maxim.
- Iris stylosa
- Iris suaveolens Boiss. & Reut.
- Iris subbiflora Brot.
- Iris suworowii Regel
- Iris taite
- Iris taochia Woronow ex Grossh.
- Iris tectorum Maxim.
- Iris tenax Dougl. ex Lindl.
- Iris tenax ssp. klamathensis
- Iris tenax ssp. tenax
- Iris tenuifolia Pall.
- Iris tenuis S.Wats.
- Iris tenuissima Dykes
- Iris tenuissima ssp. purdyiformis
- Iris tenuissima ssp. tenuissima
- Iris thompsonii R.C.Foster
- Iris thunbergii C.E.Lundstr.
- Iris tingitana Boiss. & Reut.
- Iris tridentata Pursh
- Iris unguicularis Poir.
- Iris uniflora
- Iris variegata L.
- Iris vartanii
- Iris verna L.
- Iris verna var. smalliana
- Iris verna var. verna
- Iris versicolor L.
- Iris vicaria
- Iris vinicolor Small (pro sp.)
- Iris virginica L.
- Iris virginica var. shrevei
- Iris virginica var. virginica
- Iris wattii Baker ex Hook.f.
- Iris wilsonii C.H.Wright
- Iris winogradowii Fomin
- Iris xiphioides Ehrh.
- Iris xiphium L.
Notas
editar- ↑ "Lirio". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 23 de marzo de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lirio |