Lionor de Trastámara
Lionor de Trastámara,[1] tamén coñecida como Lionor de Trastámara e Borgoña e como Lionor de Castela, nada en 1362 e finada en Pamplona en 1415, foi infanta de Castela e León, e raíña consorte de Navarra desde o 1 de xaneiro de 1387 até a súa morte, o 5 de marzo de 1416.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1360 Reino de Aragón |
Morte | 27 de febreiro de 1416 (Gregoriano) (55/56 anos) Olite, España |
Lugar de sepultura | Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona |
Consorte real de Navarra | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | raíña |
Outro | |
Título | Infanta de Castela Consorte real de Navarra Raíña consorte |
Familia | Casa de Trastámara |
Cónxuxe | Carlos III de Navarra (1375 (Gregoriano)–) |
Fillos | Xoana de Navarra e Castela, Beatriz de Évreux, Branca I de Navarra, Sabela de Navarra, Carlos de Navarra, Lois de Navarra |
Pais | Henrique II de Castela e Xoana Manuel de Villena |
Irmáns | Beatriz de Castela Fadrique de Castela Xoán I de Castela Afonso Enríquez de Castela Lionor de Castela Henrique de Castela Pedro Enríquez de Castela Einés Enríquez de Castela Sabela Enríquez de Castela |
Cronoloxía | |
3 de xuño de 1403 (Gregoriano) | coroación (Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona) |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Orixes famiiares
editarLionor era filla de do rei Henrique II de Castela e da infanta Xoana Manuel,[2][3][4][5] derradeira filla do escritor e home político, Don Juan Manuel, duque de Peñafiel e da súa terceira muller, Branca de la Cerda, filla de Fernando de la Cerda.
Este Fernando era o segundo fillo de Fernando de la Cerda (fillo do rei de Castela e León, Afonso X de Castela o Sabio e Violante de Aragón), e de Branca de Francia (filla do rei de Francia, Lois IX San Lois, e de Margarida da Provenza), e de Xoana Núñez de Lara, chamada la Palomilla, que era filla de Xoán Núñez de Lara, o Gordo, señor de Lara e soberano de Biscaia, e de Teresa Álvarez de Azagra, señora de Albarracín.
Branca de la Cerda era herdeira das posesións da familia Lara agás da señoría de Biscaia.
Traxectoria
editarEn 1371, tras o tratado de Alcoutim entre Castela e Portugal, propiciado polo papa Gregorio XI, ademais da paz na segunda guerra fernandina (1372-1373),[6] decidiuse que o rei de Portugal Fernando I, ademais de renunciar ao Reino de Castela, casaría con Lionor.[2][7] Pero Fernando, que naquel momento estaba namorado de Lionor Telles de Menezes, esposa dun nobre da súa Corte, comezou unha relación con ela, e o proxectado matrimonio con Lionor de Trastámara nunca se celebrou. Fernando, en 1372, tivo éxito na petición da anulación do anterior matrimonio da súa amante, e casou finalmente con ela.[8] O compromiso entre Fernando I de Portugal e Lionor foi anulado no tratado de Tui en 1372.[9] [10]
En 1373, despois da vitoria de Henrique II na guerra que mantivera contra o Reino de Navarra, que obrigou ao rei Carlos II a romper a alianza militar que tiña con Inglaterra, e conseguiu que non concertara alianzas matrimoniais coa mesma, e que prohibiría o paso por Navarra de calquera inimigo de Castela (vitoria importante porque debilitaba a Inglaterra na guerra dos cen anos), para mitigar as diferenzas con Navarra, Lionor foi comprometida co herdeiro á súa coroa Carlos (o futuro Carlos III),[11][12] fillo varón primoxénito do rei Carlos II e de Xoana de Valois, filla do rei de Francia, Xoán II e Bona de Luxemburgo. O matrimonio celebrouse en Soria, o 27 de maio de 1375.[2]
En 1379, á morte do seu pai, Lionor herdou un importante señorío entre Roa e Sepúlveda, o que lle proporcionou un gran poderío político e económico. E á morte do seu sogro, Carlos II o Malo Malvagio, en 1387, Lionor convértese na raíña consorte de Navarra.
As relacións entre Lionor e o seu marido, Carlos III de Navarra, non foron idílicas e, en febreiro de 1388 separáronse. En 1390, Lionor, coa súa filla máis pequena, volveu a Castela, tras varias negociacións para que volvera, e nas que Lionor refería que en Navarra sufrira malos tratos, Carlos III conseguiu a entrega da súa filla máis vella, Xoana, para que fose educada e xurada como herdeira. Finalmente, Lionor fixou a súa residencia en Valladolid.[2]
No mesmo ano 1390, á morte do seu irmán Xoán I de Trastámara, Lionor participou de forma activa nas intrigas en Castela cando o seu neto Henrique de Trastámara era menor de idade. E cando Henrique, en 1393, chegou á maioría de idade, e dado que os enfrontamentos eran máis intensos, Lionor continuou intrigando e aliouse co seu medio irmán Federico Enríquez, duque de Benavente, e co seu primo Pedro Fadríquez, conde de Trastámara, aliñándose contra o seu neto. Entón o neto, contra a metade de 1394, asediuona no castelo de Roa, onde estaba reunida cos seus seguidores, obrigándoa a renderse.[2]
Finalmente, en febreiro de 1395, Henrique III obrigouna a volver a Navarra co seu marido. A partir de entón a relación dos esposos foi, pouco a pouco, mellorando, sendo coroada como raíña en 1403 en Pamplona, participando no goberno, como Lugartenente xeral do Reino, nas ausencias do seu esposo, e colaborando no entendemento entre o Reino de Navarra e a Coroa de Castela.
Lionor morreu en Navarra, segundo as principais fontes, o 27 de febreiro de 1415 en Olite, aínda que segundo outras, o 5 de marzo de 1416 en Pamplona.[2]
Foi sepultada na catedral de Pamplona,[2] onde foi despois acompañada polo seu marido Carlos III o Nobre, des anos máis tarde.
Matrimonio e descendencia
editarFroito do seu matrimonio co rei Carlos III de Navarra naceron os seguintes fillos:
- Xoana (1383-xullo de 1413), casada con Xoán III, conde de Foix.
- Branca (1385 - Santa María de Nieva, 3 de abril de 1441), sucesora do seu pai como raíña de Navarra.
- María (1388 - Pamplona, 6 de xaneiro de 1406).[13] [14]
- Margarida (1390 - 1403/25),
- Beatriz (1392-1415), casada con Xaime II, conde de la Marche.
- Isabel (1395 - despois do 31 de agosto de 1435), casada con Xoán IV, conde de Armañac.
- Carlos (Pamplona, 15 de agosto de 1397 - 12 de agosto de 1402), príncipe de Viana.
- Luís (Olite, 1401 - 14 de outubro de 1402), príncipe de Viana.
Devanceiros de Lionor de Trastámara
editar16. Sancho IV de Castela | ||||||||||||||||
8. Fenando IV de Castela | ||||||||||||||||
17. María de Molina | ||||||||||||||||
4. Afonso XI de Castela | ||||||||||||||||
18. Dinís de Portugal | ||||||||||||||||
9. Costanza de Portugal | ||||||||||||||||
19. Sabela de Portugal | ||||||||||||||||
2. Henrique II de Castela | ||||||||||||||||
20. Álvaro Perez de Guzmán | ||||||||||||||||
10. Pedro Núñez de Guzmán | ||||||||||||||||
21. María Girón | ||||||||||||||||
5. Lionor de Guzmán | ||||||||||||||||
22. Fernán Pérez Ponce de León, señor de Cangas e La Puebla | ||||||||||||||||
11. Beatriz Ponce de León | ||||||||||||||||
23. Urraca Gutiérrez de Meneses | ||||||||||||||||
1. Lionor de Trastámara | ||||||||||||||||
24. Fernando III de Castela | ||||||||||||||||
12. Manuel de Castela | ||||||||||||||||
25. Beatriz de Suabia | ||||||||||||||||
6. Juan Manuel | ||||||||||||||||
26. Amedeo IV de Savoia | ||||||||||||||||
13. Beatriz de Savoia | ||||||||||||||||
27. Cecilia de Baux | ||||||||||||||||
3. Xoana Manuel | ||||||||||||||||
28. Fernando de la Cerda | ||||||||||||||||
14. Fernando de la Cerda | ||||||||||||||||
29. Branca de Francia | ||||||||||||||||
7. Branca de la Cerda e Lara | ||||||||||||||||
30. Xoán Núñez I de Lara | ||||||||||||||||
15. Xoana Núñez de Lara | ||||||||||||||||
31. Teresa de Haro | ||||||||||||||||
Predecesor: Xoana de Valois |
Raíña consorte de Navarra 1387-1415 |
Sucesor: Xermana de Foix (en 1512)[15][16] |
Notas
editar- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Reis de Castela en Medieval Lands (en inglés).
- ↑ Casa de Ivrea - genealogy (en inglés).
- ↑ Henrique II de Trastamara en PEDIGREE] (en inglés)
- ↑ Henrique II de Castela - genealogie Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en mittelalter (en alemán)
- ↑ Olivera Serrano 2005, p. 53-55.
- ↑ Teresa Pacheco: "Tratado de Alcoutim", en História de Portugal.
- ↑ Reis de Portugal en Medieval Lands (en inglés).
- ↑ Olivera Serrano 2005, p. 55.
- ↑ "Convenção de Tui", en José Adelino Maltez (2008): "Crónica do Pensamento Político". Dili, Timor Oriental.
- ↑ VV.AA. (1988): Gran Enciclopedia Larousse. Barcelona: Planeta. ISBN 84-320-7370-9.
- ↑ Herreros Lopetegui, Susana (1993): "Navarra en la órbita francesa". En: Historia Ilustrada de Navarra. Pamplona: Diario de Navarra. ISBN 84-604-7413-5.
- ↑ En xaneiro de 1406, a raíña Lionor ordenou o pago "ao convento de frailes menores de Olite en almosna por el servicio que ficieron…sobre el cuerpo de la infanta Doña María".
- ↑ Yanguas y Miranda 1843, p. 308.
- ↑ Descartando aos reis (varóns) jure uxoris, que non poden seren considerados monarcas consortes.
- ↑ Descartando de igual maneira a Inés de Cléveris e Margarida de Angulema, consortes dos reis titulares de Navarra Carlos IV de Viana (de 1441 a 1461) e Henrique II de Albret (de 1517 a 1530), respectivamente. Henrique II reinaría máis tarde de feito como rei de Navarra en Ultraportos (1530-1555), en aberta disputa con Carlos I de España, rei de Navarra na Alta Navarra.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lionor de Trastámara |
Bibliografía
editar- Narbona Cárceles, María (2006). La Corte de Carlos III el Noble, rey de Navarra. Espacio doméstico y escenario del poder, 1376-1415. Pamplona: Ediciones de la Universidad de Navarra, S. A. ISBN 978-84-3132-403-2.
- Olivera Serrano, César (2005). Beatriz de Portugal. La pugna dinástica Avís-Trastámara (PDF). CSIC. ISBN 978-84-0008-343-4.
- Yanguas y Miranda, José (1843). Adiciones al Diccionario de antigüedades de Navarra. Volume II. Pamplona: Imprenta de Javier Goyeneche.
- VV.AA. (1990). Gran Enciclopedia Larousse. Barcelona: Planeta. ISBN 978-84-3132-403-2.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Lionor de Trastamara na Auñamendi Eusko Entziklopedia (en castelán).
- Elionor de Castella na Gran enciclopèdia catalana (en catalán).