Linguaxe interpretada
Unha linguaxe interpretada é unha linguaxe de programación deseñada para ser executada por medio dun intérprete, en contraste coas linguaxes compiladas. Tamén se coñecen como linguaxes de script. Moitos autores rexeitan a clasificación de linguaxes de programación entre interpretadas e compiladas, considerando que o modo de execución (por medio de intérprete ou de compilador) do programa escrito na linguaxe é independente da linguaxe mesma.
Linguaxes interpretadas de uso común
editarAs linguaxes que adoitan ser interpretadas máis famosas na actualidade son (en orde alfabética):
- ActionScript
- ASP (ata a versión 3)
- Bash
- Basic4GL (Basic para OpenGL. Permite xerar executables Windows completos)
- BeanShell (Xava en linguaxe de Scripts)
- Inform
- IO (é unha linguaxe recente -2002-)
- JavaScript (todas as plataformas)
- Logo (Linux, Windows e macOS)
- Linguaxe de programación R
- Lisp
- Lua
- Lush (Lisp para gráficos Linux)
- NWNScript (empregado no videoxogo Neverwinter Nights e Neverwinter Nights 2)
- Perl (Mundo Unix e en xeral para todas as demais plataformas)
- PHP
- Pike (é o máis rápido de todos, ao estar escrito en gran parte en código nativo)
- Python (todas as plataformas)
- REXX e variantes como Object REXX (todas as plataformas, en especial: VOS/2 / AmigaOS)
- Ruby
- TCL
- VBScript (Microsoft Windows)