Linguaxe de programación Scala
Scala é unha linguaxe de programación multi-paradigma deseñada para expresar padróns comúns de programación de forma concisa, elegante e con tipos seguros. Integra sutilmente características das linguaxes funcionais e orientadas a obxectos. A posta en funcionamento actual execútase na máquina virtual de Java e é compatible coas aplicacións Java existentes.
Scala | |
---|---|
Paradigma | funcional, orientado a obxectos |
Data | 2003 |
Deseñador | Martin Odersky |
Desenvolvedor | Laboratorio de métodos de programación da EPFL |
Última versión | 2.11.7 |
Tipo de dato | estático, forte |
Web | www.scala-lang.org |
Características
editarOrientación a obxectos
editarScala é unha linguaxe de programación orientada a obxectos puro, no sentido de que cada valor é un obxecto. O tipo e comportamento dos obxectos descríbese por medio de clases e traits. A abstracción de clases realízase estendendo outras clases e usando un mecanismo de composición baseado en mixins como unha substitución limpa da herdanza múltiple.
Ola Mundo
editarEste é o famoso Ola Mundo escrito en Scala:
object OlaMundo { def main(args: Array[String]) = println("Ola mundo") }
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sito web de Scala (en inglés).
- Documentación (en inglés).