Lingua gujarati

lingua da India que procede do estado de Gujarāt

O guxarati[2] ou gujarati[3] é un idioma propio do estado de Gujarāt, no oeste da India. É unha lingua indoeuropea, da familia indoaria, falada por uns 46 millóns de persoas en todo o mundo, sendo así a vixésima terceira lingua máis falada do mundo. De todos eles, aproximadamente 45,5 millóns residen na India, 250.000 en Tanzania, 150.000 en Uganda, 100.000 en Paquistán e 50.000 en Kenya.

Gujarati
ગુજરાતી / Gujarātī
Falado en: India
Suráfrica
Uganda
Tanzania
Kenya
Paquistán
Estados Unidos
Reino Unido
Australia
Nova Zelandia
Fidxi
Canadá
Total de falantes: 46 millóns
Posición: 26
Familia: Indoeuropeo

 Indoiranio
  Indoario
   Occidental

    Gujarati
Status oficial
Lingua oficial de: Gujarāt
 (Estado da India)
Códigos de lingua
ISO 639-1: gu
ISO 639-2: guj
ISO 639-3: guj
SIL: GJR
Mapa
Status

O gujarati está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Escríbese gujarati (pronunciado guyarati) en inglés.

É a lingua principal do estado de Gujarāt, así como dos territorios adxacentes de Damán e Diu e Dadra e Nagar Haveli. Hai unha gran cantidade de poboación gujarati diseminada polo mundo, desde África, Oriente Próximo, até o Reino Unido e os Estados Unidos. En Inglaterra, dúas áreas populares con poboación gujarati son Leicester (Terras Medias) e Wembley (norte de Londres). E nos Estados Unidos, atópanse especialmente en estados como Nova Jersey, Nova York, California e Texas.

É unha das 14 linguas oficiais que hai na India. Era a lingua materna de Mahatma Gandhi, «pai da India», e de Muhammad Ali Jinnah, «pai do Paquistán».

Alfabeto

editar

Consoantes

editar
ka /kə/ kha /kʰə/ ga /gə/ gha /gʱə/ ṅa /ŋə/
ca /ʧə/ cha /ʧʰə/ ja /ʤə/ jha /ʤʱə/ ña /ɲə/
ṭa /ʈə/ ṭha /ʈʰə/ ḍa /ɖə/ ḍha /ɖʱə/ ṇa /ɳə/
ta /tə/ tha /tʰə/ da /də/ dha /dʱə/ na /nə/
pa /pə/ pha /pʰə/ ba /bə/ bha /bʱə/ ma /mə/
ya /jə/ ra /rə/ la /lə/ va /ʋə/ ḷa /ɭə/
śa /ʃə/ ṣa /ʃə/ sa /sə/ ha /ɦə/

Vogais

editar
sen vocal ક્ k
a /ə/ ka
ā /ɑ̈/ કા
â /æ/ કૅ
i /i/ કિ ki
ī /i/ કી
u /u/ કુ ku
ū /u/ કૂ
ṛ /ɾu/ કૃ kṛ
e /ɛ/ કે ke
ai /aj/ કૈ kai
o /o/ કો ko
ô /ɔ/ કૉ
au /əw/ કૌ kau
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "guxarati". TERGAL. Consultado o 17/06/2019. 
  3. "Entrada gujarati en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2017. Consultado o 07 de abril de 2017. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar