Liga española de fútbol
A Liga española de fútbol é a principal competición entre equipos de fútbol federados de España. Celébrase anualmente desde o 10 de febreiro de 1929, e actualmente ten lugar entre os meses de agosto e xuño. O torneo consta de ligas (divisións) interconectadas entre si, sendo a máxima categoría a Primeira División. Ao finalizar cada tempada e en función dos resultados obtidos, os equipos participantes poden ascender ou descender de división.
Deporte | fútbol |
---|---|
Localización e Datas | |
País | España |
A Primeira e Segunda División masculinas son organizada desde 1984 pola Liga de Fútbol Profesional (LFP), que funciona de maneira autónoma á Real Federación Española de Fútbol, que organiza as divisións femininas e as inferiores masculinas.
Sistema de ligas
editarLigas masculinas
editarNivel | Categoría | Categorías estatais | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Profesional | Primeira División 20 equipos | ||||
2 | Profesional | Segunda División 22 equipos | ||||
3 | Semi-profesional | Primeira División RFEF 2 grupos de 20 equipos | ||||
4 | Semi-profesional | Segunda División RFEF | ||||
Grupo I 18 equipos |
Grupo II 18 equipos |
Grupo III 18 equipos |
Grupo IV 18 equipos |
Grupo V 18 equipos | ||
5 | Semi-profesional/Afeccionado | Terceira División RFEF 324 equipos en 18 grupos de 18 equipos cada un (1 grupo por comunidade autónoma, excepto Andalucía con 2 que inclúen a Ceuta e Melilla) | ||||
Categorías rexionais | ||||||
6 | Afeccionado | Rexional Preferente 592 equipos en 36 grupos | ||||
7 | Afeccionado | Primeira Rexional | ||||
8 | Afeccionado | Segunda Rexional | ||||
9 | Afeccionado | Terceira Rexional |
Ligas femininas
editarNivel | Categoría | Categorías estatais | |||
---|---|---|---|---|---|
1 | Profesional | Primeira División 16 equipos | |||
2 | Profesional | Segunda División 2 grupos de 16 equipos cada un | |||
3 | Semi-profesional | Primeira Nacional 98 equipos en 7 grupos de 14 equipos cada un | |||
Categorías rexionais | |||||
4 | Afeccionado | Rexional Preferente | |||
5 | Afeccionado | Segunda Rexional |
Sistema de competición
editarEquipos participantes
editarPara poder participar na Liga española os clubs deben estar federados. No caso das categorías profesionais (Primeira e Segunda División), os clubs tamén deben cumprir os requisitos esixidos pola Liga de Fútbol Profesional (LFP).
A diferenza doutros países, como a liga inglesa, os equipos filiais poden participar na Liga, aínda que nunca nunha división superior ou igual á do equipo ao que pertencen.
Puntuación e clasificación
editarActualmente disputan a Liga de Primeira división 20 clubs que se enfrontan entre eles en dúas ocasións, seguindo un calendario establecido por sorteo a principio de tempada. Cada equipo enfróntase dúas veces aos demais equipos do seu mesma división, unha vez en campo propio e a outra no estadio do opoñente. A vitoria vale tres puntos, o empate un punto, e a derrota cero puntos. Ao final de tempada proclámase campión o equipo que sume máis puntos.
O empate a puntos entre dous equipos na clasificación dirímese tendo en conta a diferenza de goles entre ambos nos enfrontamentos directos. Se persiste o empate, valórase máis ao equipo que, no global da liga, obteña maior diferenza entre os goles marcados e os encaixados.
Os catro primeiros clasificados da primeira división acceden a participar na máxima competición europea da seguinte tempada: a Liga de Campións. Os tres primeiros obteñen clasificación directa; e o cuarto, a posibilidade de disputar unha eliminatoria de clasificación (en caso de ser eliminados nesas eliminatorias, pasarán a participar na Europa League). Estas prazas son variables e dependen do coeficiente UEFA de España, referente aos seus equipos, para que á Liga de Campións accedan os equipos máis poderosos xa que os equipos españois ou italianos son máis fortes que os escoceses, por iso os dous primeiros dispón de 4 prazas e os escoceses tan só de 1. Esta norma é para todas as competicións europeas.
O quinto e sexto clasificado obteñen a clasificación directa para participar a seguinte tempada na Europa League, xunto ao campión da Copa do Rei. Se este está clasificado entre os postos 5º e 6º (clasificado para a Europa League), o equipo que obteña a sétima posición tamén xoga a Europa League, caso que tamén se dará cando os dous finalistas da Copa do Rei clasificáronse para a Liga de Campións. Se só o campión clasificouse para a Liga de Campións, participará na Europa League o subcampión da Copa do Rei.
Xustiza deportiva
editarA xustiza deportiva da competición está xestionada polo Comité de Competición da Liga, organismo encargado de impor sancións e dirimir os conflitos entre clubs. Os árbitros (todos españois) dos partidos son designados, mediante sorteo informático, pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF), organismo do que dependen. Un árbitro non pode arbitrar un partido no que participe un equipo da mesma comunidade rexional á que estea colexiado.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Fútbol en España
- Liga de Fútbol Profesional
- Copa do Rei
- Supercopa de España
- Clasificación mundial de ligas nacionais segundo a IFFHS