Liceo Casino de Pontevedra
O Liceo Casino é un edificio neoclásico de 1878 situado no centro histórico de Pontevedra, que alberga a sociedade cultural e de lecer máis antiga de Pontevedra.[1]
Liceo Casino | |
---|---|
Fachada principal na rúa Manuel Quiroga | |
Edificio | |
Estilo | Neoclásico |
Enderezo | Rúa Manuel Quiroga, 21 |
Localización | Pontevedra |
Coordenadas | 42°25′57″N 8°38′45″O / 42.432416666667, -8.6458611111111 |
Construción | |
Inicio | 1864 |
Construción | 1878 |
Remate | 1878 |
Remodelación | 1983 |
Dimensións | |
Plantas | 3 (planta baixa, 2 andares) |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Domingo Lareu (1878) Enrique Barreiro Álvarez (reconstrución 1983) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Localización
editarO Liceo Casino está situado no mesmo bloque que o Teatro Principal de Pontevedra, sendo contiguo a este.[1] A súa fachada principal dá á rúa Manuel Quiroga e as súas fachadas laterais ás rúas Don Filiberto e Duque de Tetuán.
Historia
editarO Liceo Casino de Pontevedra fundouse o 25 de febreiro de 1855.[2] Nos seus inicios, as súas actividades desenvolvíanse nun edificio da praza do Teucro pertencente á familia García Feijóo e as sesións de música e baile celebrábanse no antigo teatro da rúa Isabel II. A falta de espazo e o crecemento dos seus proxectos culturais motivaron o seu traslado ao Pazo do Conde de San Román, na mesma praza, o 2 de xuño de 1858.[3]
O 23 de maio de 1864 iniciouse a construción dun novo edificio, destinado a ser o Liceo Teatro, na antiga praza de Tetuán e no soar da antiga igrexa de San Bartolomé o Vello, onde tamén se construíu un novo teatro (o actual Teatro Principal) da Sociedade do Liceo Casino.[4][2] O edificio foi deseñado polo arquitecto Domingo Lareu e para a súa construción utilizáronse parte das pedras da antiga Torre dos Churruchaos, derrubada en 1873. Inaugurouse o 2 de agosto de 1878.[3]
En 1892 o Liceo Casino perdeu a propiedade do teatro,[5] quedándose co edificio que lle servía de sede, en cuxo interior se realizaron importantes reformas, como a pintura da sala de casetóns con alegorías das Artes e as Letras de Demetrio Durán.[3]
O edificio foi restaurado polos arquitectos Enrique Barreiro Álvarez e Carlos Alvira Dupla despois de que o seu interior fose destruído por un incendio o 16 de abril de 1980.[6][7][3] Reabriuse o 15 de xuño de 1983. Desde a súa fundación, o Liceo Casino estivo estreitamente vinculado á vida social da cidade.[3]
Descrición
editarÉ un edificio neoclásico de forma rectangular con tres fachadas. Ten dous pisos e unha planta baixa.[1]
A fachada principal ten un corpo central saínte precedido por unha ampla escaleira. Na planta baixa e o primeiro piso, este corpo está composto por portas con arcos de medio punto enmarcadas por catro columnas toscanas que sosteñen entaboamentos clásicos. No primeiro piso, as portas ábrense a un balcón.[8]
O piso superior ten fiestras sinxelas con arcos de medio punto. O corpo central está rematado por un sinxelo frontón triangular cun óculo no centro.[8] No friso sobre a entrada que percorre a fachada, tallados en pedra xunto ás letras do Liceo, atópanse os símbolos das artes, que testemuñan os estreitos vínculos da institución co mundo cultural.[9] Nas fachadas laterais, destacan as portas balconeiras con arcos de medio punto por riba e a simetría dos numerosos balcóns ao longo das fachadas do primeiro piso.
Cultura
editarCon motivo das festas patronais da Virxe Peregrina de Pontevedra, o Liceo Casino organiza cada ano en agosto unha cea-baile de gala no seu parque da Caeira.[10][11]
Galería
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Aganzo 2010, p. 69
- ↑ 2,0 2,1 "Presentación 'Crónicas de Pontevedra IV' en el Casino". Diario de Pontevedra (en castelán). 12 de decembro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "La sociedad más antigua de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 13 de setembro de 2018.
- ↑ Nieto 1980, p. 28
- ↑ "El Teatro Principal, una propiedad muy codiciada". Faro (en castelán). 6 de decembro de 2020.
- ↑ ""La historia no se tira, hay que conservarla y cuidarla"". Diario de Pontevedra (en castelán). 10 de abril de 2022.
- ↑ "Aniversario de libro". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de maio de 2006.
- ↑ 8,0 8,1 Fontoira Surís 2009, p. 411
- ↑ "Tres edificios y 167 años de la sociedad más antigua". Diario de Pontevedra (en castelán). 10 de setembro de 2022.
- ↑ "Un Estrella Michelin para la cena-gala de A Peregrina del Liceo Casino de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de agosto de 2022.
- ↑ "Producto fresco con ADN Pepe Vieira: todo listo para la cena baile de la Peregrina en el Casino". Pontevedra Viva (en castelán). 5 de agosto de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liceo Casino de Pontevedra |
Bibliografía
editar- Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. pp. 69–70. ISBN 978-8403509344.
- Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 411. ISBN 9788484573272.
- Nieto, Remigio (1980). Pontevedra. Guía monumental ilustrada (en castelán). Pontevedra: Asociación de comerciantes de la calle Manuel Quiroga. pp. 26–28.
- Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 28. ISBN 9788482890852.