Libro dos Xuíces
O Libro dos Xuíces é un libro do Antigo Testamento e do hebreo Tanach, pertencente ao grupo dos Libros Históricos. Na Biblia sitúase entre o Libro de Xosué e o Libro de Rut.
Xuíces | |
---|---|
Título orixinal | ספר שופטים, Sefer Shoftim |
Precedido por | Xosué |
Seguido por | Libro de Rut |
[ editar datos en Wikidata ] |
Contexto histórico
editarPresentan os Xuíces ou Libertadores que salvaron ao pobo da escravitude, despois de liberalos gobernaron. Nos tempos dos Xuíces, Israel está completamente desorganizado, as súas institucións aínda están sen definir e numerosos poderes ameázano.
Dado que esta intervención se deixa exclusivamente á vontade do Divino, os xuíces aparecen e desaparecen a intervalos irregulares na historia hebrea.
Ningún xuíz chegou a ser xefe supremo porque a súa función non é conseguir a unidade senón resolver un problema concreto: a unificación definitiva terá que esperar aos Reis
O contexto histórico no que se desenvolve este libro abrangue o tempo desde a morte de Xosué até a monarquía, durante a cal o pobo de Israel vive en Canaán.
Contido
editarO Libro dos Xuíces narra o período que vai desde a morte de Xosué até o nacemento de Samuel, un tempo no que os xudeus abandonaron a súa vida nómade e acaban de establecerse como semi-sedentarios primeiro e campesiños despois, vivindo en casas materiais ou cabanas. de adobe Aínda que Xuíces non segue un plan fixo e ben estruturado, en liñas xerais pódense distinguir as seguintes partes:
- Primeira introdución (1:1-2:5);
- Segunda introdución (2:6-3:6);
- Corpo da obra, cos feitos dos seis "xuíces superiores" e algúns menores;
- Dous anexos (cap. 17 a 21).
Xuíces
editarOs xuíces que gobernaron Israel mencionados no Libro son 14 en total:
- Otniel
- Ehud
- Shamgar
- Barac (e Débora )
- Xedeón
- Tola
- Iair
- Iefté
- Ibzan
- Elon
- Abdon
- Sansón
- Samuel
Sentido relixioso
editarO libro enteiro pretende ser unha demostración teolóxica de que a infidelidade a Deus foi a causa de todos os males de Israel. Pero El é misericordioso, e compensa a impiedade do pobo coa chegada dos xuíces. Cando o hebreo peca e, polo tanto, cae na escravitude, Deus envíalle un libertador. Pero tempo despois aquel hebreo volveu caer en malas accións, co que se repetía o ciclo e facía falta outro líder liberador. YHVH non renega da Alianza co seu pobo nin nunca lle dá as costas. Deus é fiel.
Porén, permite que xurdan situacións conflitivas, porque o pobo ten que demostrar a súa fidelidade. Este trazo fai que os Xuíces se parezan ao libro do profeta Oseas .
Véxase tamén
editar- Critarquía
- Xuíz bíblico
- Antigo Testamento
- Biblia
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Libro dos Xuíces |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Libro dos Xuíces |
A Galicitas posúe citas sobre: Libro dos Xuíces |
Libro anterior: Libro de Xosué |
Xuíces ( Libros históricos ) |
Libro seguinte: Libro de Rut |