Liberdade provisional

Liberdade provisional ou liberdade baixo fianza é un termo empregado na lexislación procesual penal de determinados países para referirse á resolución xudicial, e ao status en que queda un imputado, tras o fin da medida cautelar persoal de prisión preventiva. É unha figura típica dos sistemas procesuais penais inquisitivos. É denominada tamén tamén excarceración provisional.

No réxime inquisitivo, a prisión preventiva é a condición normal das persoas suxeitas á persecución criminal, de aí que a liberdade sexa só "provisional".

Fianza e medidas cautelares

editar

Polo xeral, a liberdade provisional decrétase so dous condicionantes:

1) O pagamento dunha fianza. Trátase dunha contía económica que debe ser depositada na sede xudicial (do xeito en que se determine).

2) A adopción de medidas cautelares. É un complemento á fianza. En conxunto, o seu obxectivo é garantir que a persoa provisionalmente liberada estea localizable para a Xustiza. As medidas poden incluír desde a restrición de movementos (por exemplo, a prohibición de abandonar un determinado territorio ou manterse afastada dun lugar ou persoa por período e distancia que se determinan), a obriga de comparecer periodicamente nunha sede policial ou xudicial ou a prohibición de realizar determinadas actividades (inclusive o exercicio dalgunhas profesións), entre outras.