Leonardo Sciascia
Leonardo Sciascia, nado en Racalmuto (Agrigento) o 8 de xaneiro de 1921 e finado en Palermo o 20 de novembro de 1989, foi un escritor siciliano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xaneiro de 1921 Racalmuto, Italia (pt) |
Morte | 20 de novembro de 1989 (68 anos) Palermo, Italia |
Causa da morte | Mieloma múltiple |
Lugar de sepultura | Grave of Leonardo Sciascia (en) Racalmuto cemetery (en) |
Eurodeputado | |
Representa: Partido Radical (pt) 17 de xullo de 1979 – 24 de setembro de 1979 Lexislatura: I lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Italia Electo en: eleccións ao Parlamento Europeo de 1979 | |
Deputado da República Italiana | |
13 de xuño de 1979 – 11 de xullo de 1983 Lexislatura: 8th Legislature of Italy (en) | |
Eurodeputado | |
1979 – 1979 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas Roma |
Ocupación | político, guionista, poeta, ensaísta, dramaturgo, xornalista, novelista, escritor, mestre |
Partido político | Partido Radical (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarEstudou Maxisterio en Caltanissetta e foi mestre en Racalmuto entre 1949 e 1957 e en Caltanissetta entre 1957 e 1969. En 1970 deixou a ensinanza e pasou a exercer o xornalismo en Corriere della Sera. Simpatizou co Partido Comunista Italiano, mais acabou por afastarse da liña oficial para adoptar unha posición independente, o que lle valeu o recoñecemento e estima de literatos, políticos e público en xeral, que o consideraran "conciencia crítica de Italia" pola súa implacable denuncia da corrupción política e da violencia mafiosa. En 1975 foi elixido concellleiro na cidade de Palermo, mais dimitiu dous anos máis tarde; despois foi elixido deputado europeo e deputado ao congreso italiano (1979-1983) polo Partido Radical de Marco Panella. Formou parte da comisión de investigación sobre o asasinato de Aldo Moro.
Finou por mor dun cancro.
Obra
editarSicilia e as súas xentes están presentes na maioría das súas obras. En 1956 publicou Le parrocchie di Regalpetra, unha narración aparentemente neorrealista mais de carácter autobiográfico e ensaístico, ambientada nunha aldea siciliana, trasunto de Racalmuto. En 1961 publicou a súa primeira novela policíaca sobre a mafia, Il giorno della civetta, de temática similar a A ciascuno il suo (1966). Il consiglio d'Egitto (1963) está ambientado en Sicilia a finais do século XVIII.
- Le favole della dittatura (1950)
- La Sicilia, il suo cuore (1952)
- Pirandello e il pirandellismo (1953)
- Le parrocchie di Regalpetra (1956)
- Gli zii di Sicilia (1958)
- Il giorno della civetta (1961)
- Il consiglio d'Egitto (1963)
- Morte dell'Inquisitore (1964)
- L'Onorevole (1965)
- Feste religiose in Sicilia (1965; fotografías de Ferdinando Scianna)
- A ciascuno il suo (1966)
- Narratori in Sicilia (1967; con S. Guglielmino)
- Recitazione della controversia liparitana dedicata ad A.D. (1969)
- La corda pazza (1970)
- Atti relativi alla morte di Raymond Roussel (1971)
- Il contesto (1971)
- O mar da cor do viño (Il mare color del vino, 1973; tradución ao galego de Silvia Gaspar)
- Todo modo (1974)
- La scomparsa di Majorana (1975)
- Cola pesce (1975)
- I pugnalatori (1976)
- Candido, ovvero un sogno fatto in Sicilia (1977)
- L'affaire Moro (1978)
- Nero su nero (1979)
- Dalle parti degli infedeli (1979)
- Il teatro della memoria (1981)
- Conversazioni in una stanza chiusa (1981; con Davide Lajolo)
- Kermesse (1982)
- La sentenza memorabile (1982)
- Cruciverba (1983)
- Cronachette (1983)
- Per un ritratto dello scrittore da giovane (1985)
- La strega e il capitano (1986)
- 1912 1 (1986)
- Porte aperte (1987)
- Il cavaliere e la morte (1988)
- Ore di Spagna (1988)
- Alfabeto pirandelliano (1989)
- Una storia semplice (1989)
- Occhio di capra (1990)
- Fatti diversi di storia letteraria e civile (1989)
- A futura memoria (se la memoria ha un futuro) (1989)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Leonardo Sciascia |