Laxe

concello da comarca de Bergantiños, na provincia da Coruña

Laxe é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños.

Modelo:Xeografía políticaLaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°13′11″N 9°00′18″O / 43.219722222222, -9.005
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalLaxe Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.939 (2023) Editar o valor en Wikidata (78,42 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie37,48 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFrancisco Charlín (2024–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Laxe Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15117 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15040 Editar o valor en Wikidata

Sitio webconcellodelaxe.com… Editar o valor en Wikidata

Segundo o IGE en 2022 tiña 2.977 habitantes (3.084 en 2018, 3.148 en 2016, 3.313 no 2012, 3.366 no 2011, 3.417 no 2010) dos que 1.543 eran homes e 1.541 eran mulleres.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é laxense.

Xeografía

editar

Situación

editar

Laxe está situado no noroeste da provincia da Coruña, no corazón da costa da Morte, e no extremo sur da ría que leva o seu nome. Limita ao norte coa ría de Corme e Laxe, ao sur con Vimianzo, ao leste con Cabana de Bergantiños e Zas e ao oeste co océano Atlántico.

Demografía

editar
Censo total 2014 3.207 habitantes
Menores de 15 anos 314 (9.79 %)
Entre 15 e 64 anos 2.029 (63.27 %)
Maiores de 65 anos 864 (26.94 %)

Evolución da poboación dende 1900:

Evolución da poboación de Laxe   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.245 3.228 3.884 3.654 3.558 3.413 3.366 3.313 3.267 3.207
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

editar

A historia de Laxe remóntase a tempos prehistóricos, como o demostran os restos aparecidos no castro de Torre da Moa ou o castro de Castrelo. Ata aquí tamén chegaba a vía Per Loca Marítima construída polos romanos para acceder a todo este territorio. Estas terras foron gobernadas na Idade Media polos poderosos condes de Traba, entre os que destaca Pedro Foilaz de Traba. Este nobre, que se autodenominou Conde de Galicia, formou na súa xuventude ao rei Afonso V.

Posteriormente a zona de Laxe pasou a mans da familia Moscoso-Altamira. Outras familias ilustres como os Montero-Núñez tamén exerceron o seu poder en Laxe. A finais do século XII, residen en Soesto o rei Afonso IX e a súa esposa Dona Berenguela, reis de Galicia e León.

No século XIV constrúese a igrexa de Santa María da Atalaia, que tería a misión auxiliar de servir de defensa ante posibles ataques á poboación. Malia iso, no século XVIII a vila foi arrasada polos piratas ingleses.

O 19 de decembro de 1830 afunde na baía o buque inglés "Adelaide". Procedente de Bristol con rumbo ás Antillas trasportando armas e ouro, o temporal que azoutaba esa noite a costa leva ao capitán Guillermo Dovel a buscar refuxio na ría. Soamente el e un mariño puideron chegar á praia. Ao día seguinte, foron aparecendo os corpos sen vida do resto da tripulación, entre a que se atopaba a muller e o fillo do capitán, que foron enterrados moi preto da igrexa de Santa María. Durante anos, o capitán Dovel volvía a Laxe para visitar a tumba, que na actualidade se atopa nun terreo privado.

Outros ilustres habitantes da vila foron o xeólogo Isidro Parga Pondal (1900 - 1986), que fundou en Laxe un interesante Laboratorio Xeolóxico, unha das institucións xeográficas máis importantes do mundo, e Antón Zapata García, importante poeta que emigrou a Buenos Aires a principios do século XX.

Cultura

editar

Toponimia

editar

A orixe do topónimo está na verba laxe, procedente da forma altomedieval lagena, de probable orixe celta.[1]

Economía

editar

É unha vila señorial e histórica que sempre tivo un grande arraigo turístico, debido principalmente á súa praia urbana, converténdose no verán nunha vila alegre e de grande encanto.

As fontes de riqueza da poboación do municipio son a agricultura e a pesca. Laxe é unha vila de gran tradición pesqueira, experimentando un grande auxe a mediados do século XX cunha ampla frota de baixura. Na súa lonxa podemos atopar toda clase de peixes e mariscos do día. Nos últimos anos, houbo un claro aumento do turismo.

Infraestruturas portuarias

editar

As principais actividades que se levan a cabo no peirao de Laxe están relacionadas coa pesca de baixura (motor principal da economía laxense). Así pois, o porto laxense é o único da Costa da Morte que está aumentando tanto o número de capturas como de embarcacións e de traballadores. Outras actividades que se levan a cabo neste porto son: a descarga de atún e madeira así como tamén de ferro para construción.

Patrimonio

editar

Patrimonio artístico

editar
Arqueolóxico


Civil


Relixioso


Patrimonio natural
  • Os Penedos de Pasarela e Traba, en Traba, son formacións rochosas ás que a erosión deu formas caprichosas e están declaradas como paisaxe protexida.
  • A praia de Laxe, resgardada dentro da ría, caracterízase polas súas augas repousadas e limpas e por unha area fina e moi branca. Esténdese ó longo de case dous quilómetros. Por estar no mesmo centro da Vila de Laxe, conta cos servizos dunha praia urbana, entre eles, aparcadoiro para coches, duchas, vixilancia, ramplas de acceso, paseo marítimo, limpeza diaria e posto da Cruz Vermella.
  • A Praia de Soesto é de reducidas dimensións -850 metros-. Caracterízase por ser un areal retirado, tranquilo, de area fina e de augas moitas veces feras que rachan coa dureza da costa rochosa do mar aberto. É ideal para a práctica do surf e a última fin de semana de agosto ten lugar nas súas augas a celebración de probas deportivas pertencentes ó campionato de España.
  • A Praia de Traba é a máis grande, agreste e con máis valor de conservación ambiental do concello[Cómpre referencia]. Ten case tres quilómetros de lonxitude e está rodeada por un inmenso areal con dunas, marismas e unha lagoa costeira chea de lendas.

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Laxe.
  1. Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponímia de Galicia. Galaxia, Vigo, px. 338. ISBN 978-84-9865-092-1.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Laxe

Laxe (Santa María) | Nande (San Simón) | Sarces (San Amedio) | Serantes (Santa María) | Soesto (Santo Estevo) | Traba (Santiago)