Lawrence de Arabia (filme)
filme británico de David Lean
Lawrence de Arabia (en inglés: Lawrence of Arabia) é un filme británico dirixido por David Lean que se estreou en 1962. Estreouse en galego na TVG o 30 de decembro de 2007.[3]
Lawrence de Arabia | |
---|---|
Póster do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lawrence of Arabia |
Director | David Lean |
Produtor | Sam Spiegel |
Guión | Robert Bolt Michael Wilson |
Intérpretes | Peter O'Toole Alec Guinness Anthony Quinn Jack Hawkins Omar Sharif |
Música | Maurice Jarre |
Fotografía | F.A. Young |
Montaxe | Anne V. Coates |
Estudio | Horizon Pictures |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 10 de decembro de 1962 30 de decembro de 2007 (TVG) |
Duración | 216 minutos (Estrea orixinal) 228 minutos[1] (Restauración de 1989) |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | $15 000 000[2] |
Recadación | $70 000 000[2] |
Na rede | |
Sinopse
editarDurante a Gran Guerra (1914-1918), T.E. Lawrence (Peter O'Toole), un conflitivo e enigmático oficial británico, é enviado ó deserto para participar nunha campaña de apoio ós árabes contra Turquía. El e o seu amigo Sherif Alí (Omar Sharif) porán nesta misión toda a súa alma. Os nativos adoran a Lawrence porque demostrou sobradamente ser un amante do deserto e do pobo árabe. En troques, os seus superiores británicos cren que se volveu tolo. Malia que os plans de Lawrence vense coroados polo éxito, o seu soño dunha Arabia independente fracasará.
Personaxes
editar- Peter O'Toole como Thomas Edward "T. E." Lawrence
- Alec Guinness como Príncipe Faisal
- Anthony Quinn como Auda abu Tayi
- Jack Hawkins como Xeneral Allenby
- Omar Sharif como Sherif Ali ibn el Kharish
- José Ferrer como Bey turco
- Anthony Quayle como Coronel Harry Brighton
- Claude Rains como Mr. Dryden.
- Arthur Kennedy como Jackson Bentley
- Donald Wolfit como Xeneral Murray
- Michel Ray como Farraj
- I.S. Johar como Gasim
- Zia Mohyeddin como Tafas
- Gamil Ratib como Majid
- John Dimech como Daud
- Hugh Miller como Coronel da RAMC
- Fernando Sancho como Sarxento turco
- Stuart Saunders como Sarxento maior do rexemento
- Jack Gwillim como Secretario do club
- Kenneth Fortescue como Axudante de Allenby
- Harry Fowler como Comandante Potter
- Howard Marion-Crawford como Oficial médico
- John Ruddock como Elder Harith
- Norman Rossington como Comandante Jenkins
- Jack Hedley como Xornalista
- Henry Oscar como Silliam
- Peter Burton como Sheik de Damasco
Galardóns e nomeamentos
editar- 1962: 7 Premios Oscar, incluíndo mellor filme, director, fotografía e música.
- 1962: 4 Globos de Ouro: Drama, director, secundario (Omar Sharif) e fotografía. 7 nomeamentos.
- 1962: 4 Premios BAFTA: Filme británico, filme internacional, actor e guión.
- 1962: National Board of Review: Mellor director.
- 1963: Premios David di Donatello: Mellor produción e actor estranxeiro (Peter O'Toole)
Notas
editar- ↑ "LAWRENCE OF ARABIA (RESTORED VERSION) (PG)". British Board of Film Classification. 31 de marzo de 1989. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 "Lawrence of Arabia - Box Office Data, DVD and Blu-ray Sales, Movie News, Cast and Crew Information". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Lawrence de Arabia na TVG". Diario Siglo XXI. 29 de decembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 25 de outubro de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Lawrence de Arabia na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)