Latrodectus mactans

Latrodectus mactans

Latrodectus mactans comendo.
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Chelicerata
Clase: Arachnida
Orde: Araneae
Suborde: Araneomorphae
Infraorde: Opisthothelae
Familia: Theridiidae
Subfamilia: Latrodectinae
Xénero: Latrodectus
Especie: L. mactans
Fabricius, 1775[1]

Latrodectus mactans é unha especie de araña velenosa do xénero Latrodectus. As femias son coñecidas pola súa distintiva coloración vermella e polo feito de comeren ocasionalmente o seu compañeiro após a reprodución. A especie é orixinaria de América do Norte. O veleno é raramente fatal para os humanos.[2]

Descrición

editar
 
Un exemplar de Latrodectus mactans.

A femia mide ata 50 mm coas patas estendidas, é de cor negra carbón brillante e posúe unha mancha de cor vermella en forma de reloxo de area na cara inferior do abdome. O macho mide 12 mm e pesa trinta veces menos. As patas son grandes e cada empalme é marrón alaranxado no medio e negro nos extremos. Nos lados do abdome hai catro pares de raias vermellas e brancas. A combinación de cores vermellas e negras interprétase como unha coloración de advertencia (aposematismo).

As crías son alaranxadas, marróns e brancas; adquiren a súa cor negra coa idade, ou con cada muda.

  1. "Taxon details Latrodectus mactans (Fabricius, 1775)". World Spider Catalog. Natural History Museum Bern. Consultado o 2016-01-28. 
  2. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2011. Consultado o 19 de xullo de 2008.