O lago Peipus (en estoniano: Peipsi-Pihkva järv; en ruso: Псковско-Чудское озеро (Чудско-Псковское озеро)) é un gran lago situado na fronteira entre Estonia e Rusia. É o quinto lago máis grande de Europa.

Modelo:Xeografía físicaLago Peipus
Imaxe
Tipolago Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaEstonia, Rusia, Letonia e Belarús Editar o valor en Wikidata
Mapa
 58°40′36″N 27°29′30″L / 58.6767, 27.4917
Composto por
Peipus (pt) Traducir
Lago Pskov (pt) Traducir
Lämmijärv (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Efluente do lagoRio Narva (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude30 m Editar o valor en Wikidata
ProfundidadeMedia: 8 m
máximo: 17,6 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións49 (ancho) × 143 (lonxitude) km
Perímetro520 km Editar o valor en Wikidata
Superficie3.543 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica47.800 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico25.000 hm³ Editar o valor en Wikidata

Cobre unha superficie de 3500 km² e ten unha profundidade media 7 m, situándose o punto máis fondo a 15 m.[1][2] O lago emprégase para a pesca e as actividades recreativas, se ben sofre graves detorioracións ambientais por mor dos complexos industriais rusos situados na súa beira.

Descrición

editar

O lago Peipus é o remanente dun corpo de auga que existiu na área durante a era glacial.

O lago ten varias illas e consiste en tres partes:

  • Lago Peipsi / Chudskoye (en estoniano: Peipsi järv, en ruso: Чудское озеро), parte norte, cunha área de 2611 km² (73%)
  • Lago Pihkva / Pskovskoye (en estoniano: Pihkva järv, en ruso: Псковское озеро), parte meridional, con 708 km² (20%)
  • Lago Lämmi / Tyoploye (estoniano: Lämmijärv, en ruso: Тёплое озеро), estreito que conecta ambas as dúas partes, con 236 km² (7%)

Historia

editar

En 1242, a parte sur do lago Peipus foi o escenario dunha importante batalla en que os cabaleiros teutóns foron derrotados polas tropas rusas de Novgorod lideradas por Aleksandr Nevskii. A batalla tamén destaca porque tivo lugar principalmente sobre a superficie xeada do lago, polo que tamén foi coñecida como batalla sobre o xeo.[3][4]

  1. "Chudsko-Pskovskoe ozero". Great Soviet Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2008. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  2. {{{2}}} Russian lakes with area of more than 350 km². (GIF table). Consultado o 21 de xaneiro de 2012.
  3. Jaques, Tony (2007). Dictionary of Battles and Sieges: F-O. Greenwood Publishing Group. p. 564. ISBN 0-313-33538-9. 
  4. Toivo Miljan (2004). Historical dictionary of Estonia. Scarecrow Press. p. 299. ISBN 0-8108-4904-6. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar