Lago Manicouagan

lago no Quebec, Canadá

O lago Manicouagan (tamén coñecido como encoro Manicouagan) é un lago anular alimentado polas augas do río Manicouagan, no centro do Quebec (Canadá). No seu interior destaca unha grande illa circular coñecida como René-Levasseur, cuxo punto máis alto é o monte Babel. Tanto o lago como a illa son claramente visibles dende o espazo, razón pola que reciben o nome de "ollo de Quebec". O lago é accesible a través da estrada Quebec Route 389, que discorre xunto á beira oriental.

Modelo:Xeografía físicaLago Manicouagan
Imaxe
Tipoencoro
lago de cráter volcánico Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaCanadá Editar o valor en Wikidata
División administrativaManicouagan, Canadá (pt) Traducir e Caniapiscau, Canadá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRivière-aux-Outardes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 51°07′38″N 68°44′50″O / 51.1272, -68.7472
Afluentes
Efluente do lagoRivière Manicouagan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaManicouagan basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Represado porDaniel-Johnson Dam (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude359 m
346 m Editar o valor en Wikidata
Profundidademáximo: 350 m
Media: 85 m Editar o valor en Wikidata
Superficie1.942 km² Editar o valor en Wikidata

As augas do lago ocupan os restos dun antigo cráter de impacto, orixinado polo impacto dun asteroide de 5 km de diámetro, que escavou un cráter duns 100 km de diámetro orixinalmente. Na actualidade o diámetro do cráter reduciuse a 72 km debido á erosión e ós procesos sedimentarios, aínda que as súas dimensións convérteno no quinto cráter coñecido da Terra por tamaño.[1] O Monte Babel interprétase como un cumio orixinado polo rebote do chan fundido tralo impacto.

As investigacións recentes demostraron que o cráter ten unha idade de 214 ± 1 millóns de anos. Xa que esta data é 12 ± 2; millóns de anos anterior ó final do Triásico, este impacto non puido ser a causa da extinción masiva do Triásico-Xurásico.

Proxecto hidroeléctrico

editar

O tamaño do lago foi ampliado debido ás novas achegas de auga causadas por unha serie de presas (denominadas Manic 1 e Manic 2), un proxecto hidroeléctrico desenvolvido por Hydro-Québec, a entidade eléctrica provincial, durante a década dos 60. O complexo de presas é tamén denominado como Proxecto Manic-Outardes, debido a que recolle as augas dos ríos Manicouagan e Outardes.

O lago Manicouagan actúa como unha xigantesca batería hidráulica para Hydro-Québec. No momento álxido do frío invernal, o nivel superficial do lago é normalmente máis baixo, debido a que as turbinas están en funcionamento continuo e á súa máxima potencia para xerar o fluído eléctrico necesario para as calefaccións de toda a provincia. O nivel do lago tamén sofre descensos en períodos de extrema calor durante o verán, posto que durante esa estación Hydro-Québec vende enerxía eléctrica á rede eléctrica completa de Nova Inglaterra e mesmo a usuarios particulares dos Estados Unidos. O potencial eléctrico de todo o complexo é de 2.592 MW.