La Nueva Galicia foi un periódico editado en Ourense en 1863.

La Nueva Galicia

Editar o valor en Wikidata
Fundación1863
Lingualingua castelá
LocalidadeOurense
Na rede
Galiciana: 6777
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Periódico destinado a la defensa de los intereses morales y materiales del país, apareceu o 1 de xaneiro de 1863. Saía dúas veces por semana (mércores e domingo) dos obradoiros de Cesáreo Paz y Hermano. Entre os seus redactores figuraban Alejandro Quereizaeta, Lorenzo Gómez Quintero e Juan Manuel Paz Novoa. Creado co obxectivo de promover a construción do ferrocarril entre Vigo e Ourense e os intereses locais da provincia, incluíu artigos de fondo, variedades e soltos. Cesou co número 52 o 15 de xullo dese ano.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar