La Massana
La Massana é unha das sete parroquias que integran o territorio de Andorra. Atópase situada ao noroeste do país e cobre unha superficie de 65 km².
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Andorra | ||||
Capital | La Massana | ||||
Contén a división administrativa | Anyós (pt) Arinsal (pt) Erts (pt) Escàs (pt) L'Aldosa de la Massana (pt) La Massana Pal (Andorra) (pt) Sispony (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.591 (2023) (178,32 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 65 km² | ||||
Altitude | 1.230 m | ||||
Punto máis alto | Coma Pedrosa (2.942 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | AD400 | ||||
ISO 3166-2 | AD-04 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | lamassana.ad | ||||
Características
editarA parroquia está formada por sete quarts ou entidades menores existentes nalgunhas parroquias: Pal, Arinsal, Erts, Sispony, Anyós, l'Aldosa e La Massana, que é a capital da parroquia. Ten tamén seis pequenos núcleos urbanos: o Pujol do Piu, Escàs, els Plans, o Mais de Ribafeta, Xixerella e o Pui.
Os ríos máis importantes da Massana son o Valira do Nord, o río de Pal e o río de Montaner. Os lagos (o de les Truites, els Forcats, Montmantell e o Negre), os bosques de piñeiros e abetos e os picos máis altos do país (o Comapedrosa -2.942 metros-, o Medecorba, o Racofred, o Pic do Plá de l'Estany e o Sanfonts) forman parte tamén da xeografía de espazos naturais desta parroquia.
A localidade de La Massana, conta con 3.000 habitantes e é a capital parroquial. Atópase situada a apenas cinco quilómetros de Andorra la Vella.
Aínda que case non conserva restos dun pasado dedicado en exclusividade á agricultura e a gandaría, aínda é posible atopar certa actividade gandeira e de cultivo da pataca e o tabaco. Na actualidade a actividade dos seus habitantes vira case exclusivamente en torno ao sector terciario (servizos), cunha gran variedade de establecementos hostaleiros, restaurantes, instalacións de lecer e deportivas.
Celebra a súa Festa do Roser o segundo domingo do mes de xullo e a súa Festa Maior o 15 de agosto.