La La Land (filme)
La La Land é un filme musical estadounidense de 2016, dirixido e escrito por Damien Chazelle. O filme é unha versión moderna do musical hollywoodense do mesmo nome. Ryan Gosling, como protagonista, interpreta a Sebastian, un pianista de jazz que se namora de Mia, unha aspirante a actriz nos Ánxeles, interpretada por Emma Stone. Foi lanzada nos Estados Unidos o 9 de decembro de 2016 por Summit Entertainment.[2][3] En Galiza estreouse o 13 de xaneiro de 2017 en versión orixinal e coa dobraxe e título en castelán (La ciudad de las estrellas - La La Land)[4]. O elenco inclúe tamén a J. K. Simmons, Finn Wittrock, John Legend e Rosemarie DeWitt. O filme tivo a súa estrea mundial na 73° edición do Festival de Venecia, que se levou a cabo do 31 de agosto ao 10 de setembro de 2016.[5]
La La Land | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Damien Chazelle |
Produtor | Gary Gilbert Marc E. Platt Fred Berger Jordan Horowitz |
Guión | Damien Chazelle |
Baseado en | Musical La La Land |
Intérpretes | Ryan Gosling Emma Stone J.K. Simmons Finn Wittrock Rosemarie DeWitt John Legend |
Música | Justin Hurwitz |
Fotografía | Linus Sandgren |
Montaxe | Linus Sandgren |
Estudio | Gilbert Films Impostor Pictures Marc Platt Productions |
Distribuidora | Summit Entertainment (Estados Unidos) |
Estrea | 9 de decembro de 2016 Estados Unidos; 13 de xaneiro de 2017 |
Duración | 128 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | musical; comedia-drama; romance. |
Orzamento | 30 millóns $[1] |
Recadación | 132,1 millóns $ |
Na rede | |
http://www.lalaland.movie | |
|
A película foi eloxiada polo público e a critíca, sendo nomeada a varios premios destacando os Globos de Ouro onde gañou as 7 categorías ás que estaba nomeada (mellor filme - comedia ou musical, director, actor e actriz de comedia ou musical, guión, banda sonora e canción orixinal), converténdoa na película máis premiada da historia do Globo de Ouro, superando Alguén voou sobre o niño do cuco que levara 6 premios en 1975.[6]
O 24 de xaneiro de 2017 foi nomeada a 14 premios Oscar, igualando a Titanic e Todo sobre Eva[7].
Sinopse
editarMia (Emma Stone) é unha moza que mora nos Ánxeles; é unha das moitas aspirantes a ser actriz na procura do soño hollywoodiense, gaña a vida choiando coma camareira mentres se presenta a varias de probas de casting. Sebastian (Ryan Gosling) é un pianista que traballa en bares de má morte e o seu soño é poder ter o seu propio club onde se lle poida render tributo ao jazz máis puro.
Os destinos de Mia e Sebastian cruzaranse e a parella descubrirá o amor, un vínculo que porá en perigo as aspiracións de ambos os dous. Nunha competición constante por procurar un oco no mundo do espectáculo, a parella descubrirá que o equilibrio entre o amor e a arte pode ser o maior obstáculo de todos.
Elenco
editar- Ryan Gosling como Sebastian Wilder
- Emma Stone como Mia Dolan
- J.K. Simmons como Bill
- Finn Wittrock como Greg Earnest
- Sonoya Mizuno como Caitlin
- Jessica Rothe como Alexis
- Callie Hernandez como Tracie
- Jason Fuchs como Carlo
- Rosemarie DeWitt como Laura Wilder
- John Legend como Keith
- Meagan Fay como nai de Mia
- Tom Everett Scott como David
- Damon Gupton como Harry
- Josh Pence como Josh
- Anna Chazelle como Sarah
Produción
editarO proxecto foi anunciado por vez primeira o 5 de xuño de 2014, cando se informou que Miles Teller e Emma Watson estaban en conversacións para se unir ao filme de comedia musical La La Land co director-guionista de Whiplash, Damien Chazelle, que tamén dirixiu a película baseada no seu propio guión. Jordan Horowitz fixouse para producir a película por medio de Gilbert Films, e Fred Berger pola súa propia produtora Impostor Pictures, mentres que Lionsgate se ocuparía da distribución interna do filme. Justin Hurwitz reuniuse co director para compor a música do filme.
O 14 de abril de 2015, anunciouse que Ryan Gosling e Emma Stone estaban en conversacións para se uniren ao filme nos papeis principais, mentres que se revelou que o guión fora escrito antes da película Whiplash.[8] O 30 de abril, ambos os dous actores, Gosling e Stone foron confirmados para os papeis principais. O 8 de xullo de 2015, informouse que Jessica Rothenberg, Sonoya Mizuno e Callie Hernández se engadiran á película para interpretar os compañeiros da personaxe de Stone. O 10 de xullo de 2015, The Hollywood Reporter confirmou que J. K. Simmons asinara para se reunir co seu director de Whiplash, na película musical interpretaría o papel de "Boss". O mesmo día, THR tamén informou que Finn Wittrock se unira á película para interpretar o papel de Greg, mentres que os produtores da película serían Berger, Gary Gilbert, Horowitz e Marc E. Platt. O 4 de agosto de 2015, Rosemarie DeWitt asinou un contrato para protagonizar a película interpretando a irmá de Sebastian. O mesmo día, John Legend tamén se uniu ao elenco. O 10 de agosto de 2015, Meagen Fay uniuse á película para interpretar a nai da personaxe de Stone. O 11 de agosto de 2015, Jason Fuchs asinou para interpretar a Carlo, un guionista que impacta no carácter da actriz de Stone.
Finalmente, o resto do elenco da película; J. K. Simmons, Sonoya Mizuno, Jessica Rothe, Callie Hernández, Finn Wittrock, Rosemarie DeWitt, Tom Everett Scott, Josh Pence e John Legend déronse a coñecer entre xullo e agosto de 2015.
Rodaxe
editarA rodaxe do filme comezou o 10 de agosto de 2015, nos Ánxeles.[9][10] Máis tarde, Gosling e Stone foron vistos no set durante a rodaxe.[11]
O guionista e director, Chazelle, quería que se rodase nos Ánxeles mesmo, e comentou que "hai algo moi poético sobre esta cidade, unha cidade construída por persoas con estes soños poucos realistas". Desde o principio, Chazelle quería que no filme aparecesen diferentes números musicais utilizando diversos estilos. A rodaxe principal da película comezou nos Ánxeles o 10 de agosto de 2015, e continuou en máis de 60 localizacións da cidade.
Música
editarN.º | Título | Intérprete(s) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Another Day of Sun" | elenco de La La Land | 3:48 |
2. | "Someone in the Crowd" | Emma Stone, Callie Hernandez, Sonoya Mizuno e Jessica Rothe | 4:19 |
3. | "Mia and Sebastian's Theme" | Justin Hurwitz | 1:38 |
4. | "A Lovely Night" | Ryan Gosling e Stone | 3:56 |
5. | "Herman's Habit" | Hurwitz | 1:51 |
6. | "City of Stars" | Gosling | 1:51 |
7. | "Planetarium" | Hurwitz | 4:17 |
8. | "Summer Montage/Madeline" | Hurwitz | 2:04 |
9. | "City of Stars" | Gosling and Stone | 2:29 |
10. | "Start a Fire" | John Legend | 3:12 |
11. | "Engagement Party" | Hurwitz | 1:27 |
12. | "Audition (The Fools Who Dream)" | Stone | 3:48 |
13. | "Epilogue" | Hurwitz | 7:39 |
14. | "The End" | Hurwitz | 0:46 |
15. | "City of Stars (Humming)" | Hurwitz e Stone | 2:42 |
N.º | Título | Intérprete(s) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Mia Gets Home" | Justin Hurwitz | 0:27 |
2. | "Bathroom Mirror / You're Coming Right?" | Hurwitz | 1:23 |
3. | "Classic Rope-A-Dope" | Hurwitz | 0:45 |
4. | "Mia and Sebastian's Theme" | Hurwitz | 1:37 |
5. | "Stroll Up The Hill" | Hurwitz | 0:49 |
6. | "There The Whole Time / Twirl" | Hurwitz | 0:44 |
7. | "Bogart & Bergman" | Hurwitz | 2:11 |
8. | "Mia Hates Jazz" | Hurwitz | 1:10 |
9. | "Herman's Habit" | Hurwitz | 1:52 |
10. | "Rialto At Ten" | Hurwitz | 1:38 |
11. | "Rialto" | Hurwitz | 0:28 |
12. | "Mia and Sebastian's Theme (Late For The Date)" | Hurwitz | 1:30 |
13. | "Planetarium" | Hurwitz | 4:19 |
14. | "Holy Hell" | Hurwitz | 0:42 |
15. | "Summer Montage / Madeline" | Hurwitz | 2:04 |
16. | "It Pays" | Hurwitz | 2:12 |
17. | "Chicken On A Stick" | Hurwitz | 1:40 |
18. | "City of Stars / May Finally Come True" | Hurwitz, Ryan Gosling, Emma Stone | 4:18 |
19. | "Chinatown" | Hurwitz | 1:23 |
20. | "Surprise" | Hurwitz | 1:30 |
21. | "Boise" | Hurwitz | 1:13 |
22. | "Missed The Play" | Hurwitz | 0:36 |
23. | "It's Over / Engagement Party" | Hurwitz | 1:35 |
24. | "The House In Front Of The Library" | Hurwitz | 0:31 |
25. | "You Love Jazz Now" | Hurwitz | 0:51 |
26. | "Cincinnati" | Hurwitz | 2:06 |
27. | "Epilogue" | Hurwitz | 7:39 |
28. | "The End" | Hurwitz | 0:46 |
29. | "Credits" | Hurwitz | 3:40 |
30. | "Mia and Sebastian's Theme (Celesta)" | Hurwitz | 1:28 |
Estrea
editarLa La Land tivo a súa estrea mundial na inauguración do Festival Internacional de Cine de Venecia, o 31 de agosto de 2016.[12][13] A película tamén tivo unha exhibición no Festival de Cine de Telluride, no Festival Internacional de Cine de Toronto o 12 de setembro de 2016, no Festival de Cine de Londres, o Festival de Cine de Middleburg a finais de outubro de 2016, o Festival de Cine de Virxinia celebrado na Universidade de Virxinia o 6 de novembro de 2016, AFI Fest o 15 de novembro de 2016.[14][15][16][17]
A película foi fixada inicialmente para unha estrea do 15 de xullo de 2016; con todo, en marzo de 2016 anunciouse que a película se estrearía en todo o país o 16 de decembro.[18][19] Chazelle admite que o cambio foi porque sentía que a data de lanzamento non era a correcta para o contexto da película.[20][21][22]
Recepción
editarRecadación
editarDende o 11 de decembro de 2016, La La Land recadou 881 104 dólares nos Estados Unidos e o Canadá e 4,8 millóns noutros territorios, cun total mundial de 5,5 millóns de dólares, contra un orzamento de produción de 30 millóns de dólares.[23]
La La Land comezou a súa estrea en salas cunha versión limitada en cinco cines nos Ánxeles e Nova York o 9 de decembro. Gañou $881 104 dólares na súa primeira fin de semana, dando á película unha media por cine de 176 221 dólares, a mellor media do ano.[24][25][26]
Recepción crítica
editarLa La Land foi recibida con eloxios da crítica, con eloxios dirixidos ao guión e á dirección de Chazelle, ás actuacións de Gosling e Stone, á partitura musical de Hurwitz e aos números musicais da película.[27][28][29][30] O sitio web de comentarios Rotten Tomatoes dá á película unha cualificación de aprobación do 95%, baseada en 135 revisións, cunha cualificación media de 8.7/10. O consenso crítico do sitio di, "La La Land dá unha nova vida nun xénero pasado coa dirección emocionante, asegurada, funcionamentos de grande alcance, e un irresistíbel excedente do corazón."[31] En Metacritic, que asigna unha cualificación normalizada, o filme ten unha puntuación de 91 sobre 100, baseado en 39 revisións, o que indica "aclamación universal".[32]
Peter Travers de Rolling Stone dixo que La La Land era o seu filme favorito de 2016. Peter Bradshaw, de The Guardian, outorgou á película cinco de cinco estrelas, describíndoa como "unha obra mestra soprada polo sol".[33]
Premios Oscar
editarO 24 de xaneiro de 2017 foi nomeada a 14 premios Oscar, igualando a Titanic e Todo sobre Eva[7].
Notas
editar- ↑ ""Peter Bart: 'La La Land' Adds Musical Backbeat To Wide-Open Awards Race"". Consultado o 15 de decembro de 2016.
- ↑ Johnson, Zach (10 de xullo de 2015). "Emma Stone Reveals Which Irrational Man Scene Made Her Mom Crack Up, Dishes on La La Land With Ryan Gosling—Watch" (en inglés). eonline. Consultado o 13 de xullo de 2015.
- ↑ "La La Land" (en inglés). backstage.com. 21 de setembro de 2011. Consultado o 13 de xullo de 2015.
- ↑ Data de estrea do filme en España na Web IMDB
- ↑ "'La La Land', el musical de Ryan Gosling y Emma Stone, inaugurará el Festival de Cine de Venecia" (en castelán). Sensacine. 17 de xuño de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2016.
- ↑ "La La Land vuela alto y hace historia en los Globos de Oro" (en castelán). Sin Embargo.mx. 29 de febreiro de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2016.
- ↑ 7,0 7,1 Noticia en El País
- ↑ ""Ryan Gosling & Emma Stone Circling Damien Chazelle’s ‘La La Land’"." (en inglés). deadline.com. 14 de abril de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ ""Lionsgate Movies on Twitter"." (en inglés). twitter. 20 de agosto de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ ""On the Set for 8/14/15: Marlon Wayans Starts Fifty Shades of Black, Bill Condon Wraps Up Beauty and The Beast"." (en inglés). ssninsider.co. 14 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ ""La La Land Photos: Emma Stone and Ryan Gosling on the Set"." (en inglés). "La La Land Photos: Emma Stone and Ryan Gosling on the Set". 19 de agosto de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ ""Damien Chazelle's 'La La Land' to Open Venice Film Festival in Competition"". Variety. 20 de xuño de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016.
- ↑ ""La La Land"". Festival Internacional de Cine de Venecia. 30 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016.
- ↑ ""Telluride Film Festival Lineup: 'Sully', 'La La Land', 'Arrival', 'Bleed For This' & More"". Deadline.com. 1 de setembro de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016.
- ↑ ""Toronto Film Festival 2016: Magnificent Seven, La La Land to screen"". Entertainment Weekly. 27 de xullo de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016.
- ↑ ""La La Land"". BFI London Film Festival. Consultado o 14 de decembro de 2016.
- ↑ ""'La La Land' Added As AFI Fest Centerpiece Gala"". Deadline.com. 20 de outubro de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016.
- ↑ «"'Power Rangers,' Kristen Stewart's 'American Ultra' Land Release Dates"».
- ↑ «"Ryan Gosling, Emma Stone Musical 'La La Land' Grabs Oscar Season Debut"».
- ↑ «"La La Land director on the 'timeless glamour' of Ryan Gosling & Emma Stone"».
- ↑ «"How 'La La Land' Director Damien Chazelle, His Team & Lionsgate Faced The Music & Resurrected The Original Hollywood Musical"».
- ↑ «"'Fantastic Beasts' Conjures $680M WW; 'Christmas Party' & 'Sing' Swing; 'Hacksaw' Wows In China Bow – Intl Box Office"».
- ↑ ""La La Land (2016)"". Box Office Mojo. Consultado o 14 de decembro de 2016.
- ↑ «"Weekend Box Office: 'Office Christmas Party' Wins Friday; 'La La Land' Soars"».
- ↑ «"Box Office: 'Office Christmas Party' Topped Friday, But 'La La Land' Nabbed Festive $300K"».
- ↑ «"'La La Land' Dances To Year's Best Box Office Theater Average"».
- ↑ «"Emma Stone and Ryan Gosling's 'La La Land' gets rave reviews in Venice"».
- ↑ «"Venice audiences enchanted by 'La La Land'"».
- ↑ «"Ryan Gosling, Emma Stone, Damien Chazelle's 'La La Land' Wow Venice"».
- ↑ «"La La Land Stuns at the Venice Film Festival"».
- ↑ «"La La Land (2016)"».
- ↑ «"La La Land reviews"».
- ↑ «"La La Land review: Ryan Gosling and Emma Stone shine in a sun-drenched musical masterpiece"».