La Felguera
La Felguera é a parroquia máis grande do concello de Langreu e a quinta localidade asturiana tras Xixón, Oviedo, Avilés e Mieres, cunha poboación de 20.000 habitantes.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Asturias | |||
Provincia | provincia de Asturias | |||
Concello | Langreu | |||
Poboación | ||||
Poboación | 609 (2020) (60,18 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 10,12 km² | |||
Altitude | 203 m-205 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 33930 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 33031030000 | |||
La Felguera era un núcleo rural ata a chegada, no século XIX, da industria siderúrxica, que aproveitaba as boas comunicacións (Ferrocarril de Langreu, terceiro ferrocarril español), a auga do río Nalón e o carbón das minas que se explotaban desde o século XVII. "La Felguera" converteuse no centro siderúrxico máis importantes de España, situación que acabou e empeorou coa crise industrial que sufriu Asturias, e máis particularmente as "Cuncas Mineiras" no século XX.
Actualmente acubilla o centro de novas tecnoloxías de Valnalón e o Museo da Siderurxia. As súas construcións máis importantes son os edificios da antiga fábrica, aproveitados hoxe para novas industrias ou como patrimonio industrial, a igrexa de San Pedro, a capela de Santa Lourdes, o Chalet de Enxeñeiros, o Chalet Bustelo, as vivendas na ruela Conde Sizzo, o Barrio Urquijo, a estatua de Pedro Duro, o Mercado, o edificio da Salle Vella, a Pinacoteca de Eduardo Úrculo e tres parques: Dores F Duro, García Lago e Sutu.
Ligazóns externas
editar- Villa de La Felguera
- Museo de la Siderurgia de Asturias Arquivado 06 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.