La Almunia de Doña Godina
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
La Almunia de Doña Godina é un municipio de 7.633 habitantes, capital da comarca de Valdejalón, na provincia de Zaragoza, Aragón, situado nunha importante confluencia de camiños do cuadrante nordeste de España.
Epónimo | almunia (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Zaragoza | |||
Capital de | ||||
Capital | La Almunia de Doña Godina | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 7.914 (2023) (139,69 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 56,653403 km² | |||
Altitude | 336 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Santo padrón | Sebastián e Saint Pantaria (en) | |||
Organización política | ||||
• Alcaldesa | Marta Gracia Blanco (2015–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 50100 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 50025 | |||
Sitio web | laalmunia.es |
Entre os seus monumentos destacan a igrexa parroquial da Nosa Señora da Asunción e a súa torre mudéxar, as construcións da orde de San Xoán do Hospital, o Convento de San Lourenzo e a ermida da nosa Señora de Cabanas.
A economía baséase en produtos agrícolas como as cereixas, os pexegos e as mazás. Conta cunha importante e crecente actividade industrial e un gran número de comercios e supermercados para dar servizo a todos os visitantes e consumidores.
A oferta educativa de La Almunia está cuberta desde preescolar, secundaria, bacharelato e formación profesional ata os estudos universitarios. Conta con dous colexios e dous institutos e é sede do campus da Escola Universitaria Politécnica, adscrita á Universidade de Zaragoza.
Aquí naceu o cineasta Florián Rei e pasou os seus últimos días Martín de Garay, ministro de Facenda de Fernando VII de España.
Filipe V de España e IV de Aragón concedeulle os títulos de Moi Nobre e Fidelísima Vila.