Kyuss foi unha influente banda estadounidense de stoner rock fundada no ano 1989 en Palm Desert (California) e desaparecida en 1995. Creárona Josh Homme (guitarra), John Garcia (voces), Brant Bjork (batería) e Chris Cockrell (baixo). Tras publicar un EP co nome Sons of Kyuss en 1990, o grupo acurtouno a Kyuss e recrutou a Nick Oliveri. Nos seguintes cinco anos a banda publicou catro álbums e un EP compartido con acabada de formar Queens of the Stone Age, que estaba formada nesa época enteiramente por ex-membros de Kyuss.

OrixePalm Desert (California), Estados Unidos
Período1989 - 1995
Xénero(s)stoner rock
Selo(s) discográfico(s)Dali Records, Elektra, Bong Load, Man's Ruin
MembrosJohn Garcia
Josh Homme
Alfredo Hernandez
Scott Reeder
Brant Bjork
Nick Oliveri
Chris Cockrell
Artistas relacionadosVista Chino, Queens of the Stone Age, Fu Manchu, Dwarves, Mondo Generator, Eagles of Death Metal, Unida, Chris Goss, Earthlings?, Yawning Man, Hermano, Slo Burn, The Desert Sessions
Na rede
BNE: XX1505396 Spotify: 3HCpwNmFp2rvjkdjTs4uxs Last fm: Kyuss Musicbrainz: ea0f2a37-7007-4217-a812-396227f5013a Songkick: 356249 Discogs: 105732 Allmusic: mn0000776011 Deezer: 2982 Genius: Kyuss Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Kyuss foi unha das máis importantes e influentes bandas dos anos 90 en termos de rock pesado. Sen dúbida, o grupo estaba á fronte no seu tempo, establecendo novas referencias e novos formatos, creando unha sonoridade que acabou rotulada como stoner rock.

Sons of Kyuss

editar

A banda formouse en 1987 co nome de Katzenjammer (palabra coloquial alemá para resaca) antes de que decidisen chamarse Sons of Kyuss. Brant Bjork sacou o nome dunha criatura do xogo de rol Dungeons & Dragons.[1] Inicialmente estivo composta polo vocalista John Garcia, o guitarrista Josh Homme, o baixista Chris Cockrell (substituído en 1990 por Nick Oliveri) e o batería Brant Bjork.

Primeiros anos

editar

Inicialmente Kyuss acostumaba a tocar nas chamadas "desert parties" ou festas no deserto, en varias pequena cidades illadas no deserto do sur de California, onde conquistaron o público local e conseguiron un contrato coa pequena discográfica Dali Records, lanzando o seu primeiro álbum Wretch en 1991. Producido toscamente por falta de recursos, o disco non demostraba o verdadeiro potencial que Kyuss presentaba durante as súas presentacións en vivo e acabou sendo practicamente ignorado.

Mentres tanto, as constantes xiras da banda conquistaron o respecto do público underground e de músicos respectados. Un deses músicos, o guitarrista/vocalista Chris Goss (da banda Master Of Reality) foi o produtor do segundo disco de Kyuss, o excelente Blues for the Red Sun, de 1992.

O disco foi aclamado por público e crítica, sendo considerado hoxe unha referencia no chamado stoner rock. A sonoridade de Kyuss lembra moito ao son pesado de Black Sabbath, onde un dos segredos é a afinación á baixa nas guitarras e no baixo para salientar o peso dos instrumentos.

Os anos na Elektra e o fin da banda

editar

Dali Records pechou as súas portas, pero debido ao éxito de Blues for the Red Sun a banda asinou coa poderosa Elektra Records (a mesma de Metallica), para o lanzamento do seguinte álbum. Nesa época comezan a xurdir desentendementos entre os integrantes da banda. O baixista Nick Oliveri foi substituído por Scott Reeder para a gravación de Sky Valley, lanzado en 1994, tamén coa produción de Goss. O disco tiña as cancións (10 en total) agrupadas en só tres cortes con máis de quince minutos de duración cada un. Pero independentemente do inusitado tracklist, o que chamou a atención en Sky Valley foi a calidade do son e das composicións, superando ás expectativas impostas pola excelente repercusión do álbum anterior.

Os desentendementos permanecen e ao final da xira de divulgación o batería Brant Bjork deixa o grupo. Aínda así, a popularidade e o recoñecemento de Kyuss continúa medrando. En 1995, xa con Alfredo Hernandez na batería, xorde ...And the Circus Leaves Town, outro bo traballo da banda, aínda que non foi considerado tan brillante como os dous traballos anteriores.

Pero xa non había moito máis futuro para Kyuss, novas discusións entre Josh Homme e John Garcia decretaron o fin da banda ese ano, oficialmente anunciado en 1997.

Despois da separación

editar

Das cinzas de Kyuss xurdiron novos grupos, o máis coñecido deles foi Queens of the Stone Age, formado en 1997 por Josh Homme (que no momento aínda ocupaba o posto de segundo guitarrista en Screaming Trees) e o baixista Nick Oliveri. Josh Homme comanda aínda o proxecto "Desert Sessions", que xa ten unha serie de álbums lanzados a partir de 1998. John Garcia hoxe toca na banda Unida e o batería Brant Bjork formou Brant Bjork and the Bros, gravou e actuou con Fu Manchu e Mondo Generator e gravou varios álbums en solitario. Hernandez posteriormente tocou con Yawning Man, Che e Orquestra Del Desierto, mentres que Oliveri formou a banda Mondo Generator, chamada así pola única canción de Kyuss acreditada unicamente a el.

Dous álbums máis foron lanzados despois da separación de Kyuss, o primeiro deles é o disco compartido Kyuss/Queens of the Stone Age, de 1997, con sobras de estudio de Kyuss e as primeiras cancións da acabada de formar nova banda de Josh Homme. En 2000 saíu o recompilatorio Muchas Gracias: The Best of Kyuss.

No ano 2010 anunciouse unha xira europea de "John Garcia plays Kyuss". No mes de xuño dese ano Nick Oliveri e Brant Bjork uníronse a Garcia no escenario para interpretar "Green Machine" e "Gardenia" durante un concerto de "Garcia Plays Kyuss" no Hellfest en Clisson, Francia,[2] aparecendo tamén noutros concertos da xira.

Membros

editar

Discografía

editar

Álbums de estudio

editar
Álbum Ano Selo
Wretch 1991 Dali Records
Blues for the Red Sun 1992 Dali Records
Welcome to Sky Valley 1994 Elektra Records
...And the Circus Leaves Town 1995 Elektra Records
Álbum Ano Selo
Sons of Kyuss 1990 Black Highway
Kyuss/Queens of the Stone Age 1997 Man's Ruin Records

Ligazóns externas

editar

Páxina sobre o rock dos 90 (en portugués)

  1. Allmusic (ed.). "Kyuss biography". Consultado o 2 de xaneiro de 2018. 
  2. "BLABBERMOUTH.NET - Three-Quarters Of KYUSS Reunites At France's HELLFEST; Video Available". web.archive.org. 2010-08-11. Archived from the original on 11 de agosto de 2010. Consultado o 2021-04-28.