Koloman Moser
Koloman Moser, nado o 30 de marzo de 1868 e finado o 18 de outubro de 1918, foi un artista austríaco que exerceu unha influencia considerable na arte gráfica do século XX. Foi un dos artistas máis destacados do movemento da Secesión vienesa e cofundador da Wiener Werkstätte.
(1905) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1868 Viena, Austria |
Morte | 18 de outubro de 1918 (50 anos) Viena, Austria |
Causa da morte | cancro de próstata |
Lugar de sepultura | Hietzinger Friedhof (pt) |
Educación | Academia de Belas-Artes de Viena (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e Xoiaría |
Lugar de traballo | Viena |
Ocupación | pintor, ilustrador, artista gráfico, deseñador de mobles, deseñador de xoias, decorador (pt) , arquitecto, deseñador de selos, deseñador, debuxante |
Membro de | |
Movemento | Secesión vienesa |
Profesores | Otto Wagner |
Influencias | |
Participou en | |
19 de marzo de 1971 | Gold Silber Schmuck Gerät von Albrecht Dürer bis zur Gegenwart (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Dita Moser |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Obálky knih, |
Moser deseñou unha gran variedade de obras de arte e produtos, incluíndo libros e obras gráficas desde selos de correos ata viñetas de revistas; moda; vidreiras, porcelanas e cerámicas, vaixelas, xoiaría e mobiliario.
Traxectoria
editarMoser naceu en Viena en 1868 dos pais Josef e Thresia Moser (de solteira Hirsch); era o maior de tres irmáns, estudou na Wiener Akademie e na Kunstgewerbeschule, onde exerceu como profesor a partir de 1899. En 1901 publicou unha serie de tres volumes titulada Die Quelle ("A fonte") con deseños de decoracións para superficies planas, tapices, papel de parede e tecidos.
En 1903, Moser e o seu colega Josef Hoffmann fundaron a Wiener Werkstätte, cuxos estudos e artesáns producían unha serie de produtos domésticos con deseños estéticos e funcionais.[1][2] En 1904, creou o mosaico dunha ábsida e as vidreiras para a Kirche am Steinhof de Viena, e deseñou a decoración da Casa Medallion dos Edificios Linke Wienzeile para o arquitecto Otto Wagner.
En 1905, xunto con Gustav Klimt, separouse da Secesión vienesa. O mesmo ano, casou con Editha Mautner von Markhof, unha artista filla dunha das grandes fortunas da industria austríaca. Debido a conflitos internos e problemas financeiros non conseguiu reorganizar a Werkstätte, Moser retirouse da Wiener Werkstätte en 1907.
Moser enfermou de cancro de gorxa en 1916. A correspondencia con Alfred Roller detallou a desesperación de Moser sobre quen sucedería no seu cargo na Universidade de Artes Aplicadas de Viena. Moser morreu o 18 de outubro de 1918; foi enterrado tres días despois no cemiterio de Hietzing.
Legado
editarMoser foi un dos deseñadores da principal revista de arte astríaca Ver Sacrum. Esta revista de arte prestou moita atención ao deseño e foi deseñada principalmente por Moser, Gustav Klimt e Josef Hoffmann.
Un dos deseños máis destacados de Moser na Igrexa de Steinhof foi seleccionado como motivo principal dunha das moedas de coleccionistas en euros máis famosas: a moeda conmemorativa da Igrexa de Steinhof de 100 euros , acuñada o 9 de novembro de 2005. No reverso da moeda, pódese ver a vidreira de Koloman Moser sobre a entrada principal. No centro da fiestra está Deus Pai sentado nun trono. A vidrieira está flanqueada por un par de anxos de bronce en estilo Jugendstil, deseñados orixinalmente por Othmar Schimkowitz.
O 3 de maio de 2010, Swann Galleries poxou o terceiro volume de Die Quelle, que contén 30 dos deseños decorativos. Cada placa era de dobre cara, cun deseño de cor por un lado e un deseño en branco e negro polo outro. Vendeuse por un prezo récord de poxa de 12.600 dólares.
Para conmemorar o centenario da súa morte, o Museo de Artes Aplicadas de Viena (MAK) homenaxeou a Moser cunha das exposicións individuais máis completas ata a data (19 de decembro de 2018-22 de abril de 2019).[3]
Galería
editar-
Estante de libros
-
Armería con incrustracións de madeira
-
Cadeira
-
Deseño de armario (1903)
-
Poster de Frommes Kalender, litografía a color (1899)
-
Venus no Grotto (c. 1914)
-
Pintura 'Ambilech' para Joh. Backhausen & Söhne (1899)
-
Pintura (1911)
-
Pintura (1912)
-
Deseño dun conxunto para "Das Phantom"
-
Emperador Francisco Xosé nun selo de correos (1908)
Notas
editar- ↑ Fanelli, Giovanni; Bonito Fanelli, Rosalia (1976). "Il Tessuto Moderno : Disegno moda architettura 1890-1940". Valecchi, Firenze.
- ↑ Baroni, Daniele (1984). Kolo Moser. Graphic Artist and Designer. Rizzoli. pp. 72, 109. ISBN 0-8478-0667-7.
- ↑ "Koloman Moser - MAK Museum Vienna". www.mak.at. Consultado o 2018.