Avril Phaedra Douglas "Kim" Campbell, coñecida como Kim Campbell, nada en Port Alberni, Columbia Británica o 10 de marzo de 1947, é unha avogada e política canadense. Foi a primeira muller en acceder como primeira ministra do Canadá do 25 de xuño ao 3 de novembro de 1993.

Modelo:BiografíaKim Campbell

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Avril Phædra Douglas Campbell Editar o valor en Wikidata
10 de marzo de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Port Alberni, Canadá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
19ª Primeira ministra do Canadá
25 de xuño de 1993 – 3 de novembro de 1993
← Brian Mulroney (pt) TraducirJean Chrétien →
Membro da Cámara dos Comúns do Canadá
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgreja Anglicana no Canadá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónPeter A. Allard School of Law (en) Traducir
Prince of Wales Secondary School (en) Traducir
Universidade da Columbia Británica
London School of Economics
Conservatório Real de Música (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Otava Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, autobiógrafa, diplomática, avogada, politicóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Progressista Conservador do Canadá (pt) Traducir (1988–1993)
British Columbia Social Credit Party (en) Traducir (1983–1988) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHershey Felder (1997–)
Nathan Divinsky (1972–1983) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webkimcampbell.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1757541 Twitter: akimcampbell WikiTree: Campbell-9538 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Campbell naceu en Port Alberni, Columbia Británica, como filla de Phyllis "Lissa" Margaret (de solteira Cook; 1923–2013) e de George Thomas Campbell (1920–2002), un avogado que prestou servizo nun rexemento de infantaría do exército canadense en Italia.[1][2] O seu pai naceu en Montreal, fillo de pais escoceses, provenientes de Glasgow. A súa nai abandonou a familia cando ela tiña doce anos, deixando á pequena Kim e a súa irmá Alix ao coidado do seu pai. Sendo adolescente, Campbell comezou a utilizar permanentemente o alcume de Kim.

Na súa preadolescencia, Campbell foi reporteira e condutora dun programa para nenos da CBC, chamado Junior Television Club.[3]

Campbell e a súa familia mudáronse a Vancuver, onde asistiu á Prince of Wales Secondary School e foi unha estudante sobresaliente. Graduouse en 1964.

Carreira política

editar

Impartiu ciencias políticas na Universidade da Columbia Británica e exerceu a carreira de dereito durante dous anos antes de dedicarse á política. En 1988 foi elixida para o parlamento federal.

Primeira Ministra do Canadá

editar

Baixo o cargo do Primeiro Ministro Brian Mulroney, fíxose Ministra de Asuntos Indíxenas (1989), Ministra de Xustiza e Fiscal Xeral (1990) e Ministra de Defensa (1993). Despois da xubilación de Mulroney en xuño de 1993, pasou a ser a primeira muller en ocupar o posto de Primeiro Ministro do Canadá.

Derrota polos liberais

editar

O seu mandato foi breve; o 3 de novembro de 1993 o seu partido sufriu a peor derrota da súa historia e ela renunciou.[4]

  1. "Lissa VROOM's Obituary on The Times Colonist". 
  2. McDonell, James K.; Campbell, Robert Bennett (1997). Lords of the North (en inglés). General Store Publishing House. ISBN 9781896182711. 
  3. "Introducing Avril Campbell – Kim Campbell, First and Foremost – CBC Archives". Consultado o 6 de xuño de 2015. 
  4. Joanna Everitt. "Uncovering the Coverage: Gender Biases in Canadian Political Reporting". Media Awareness Network. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2010. Consultado o 23 de marzo de 2021.