Killer Barbies foi unha banda de punk rock formada en Vigo por Silvia Superstar (antiga cantante de Aerolíneas Federales) e Billy (antigo batería dos Cafres). Eran coñecidos pola súa estética xenuína tanto en discos como en concertos.

Killer Barbies
Silvia Superstar
OrixeVigo, Pontevedra, Galicia
Período1994-2006
Xénero(s)punk rock
Selo(s) discográfico(s)Subterfuge/Toxic Records; BMG/Drakkar Records
MembrosSilvia Superstar
Billy King
Doctor Muerte
Jeyper Man
Antigos membrosThe Yogui Bear
Santi Santi
Super bingo
Dr Gonzo
Kabuto Jr
Maxter Man
Godzilla
Na rede
http://killerbarbies.tk/
IMDB: nm4599962 Facebook: killerbarbiesoficial MySpace: thekillerbarbies BNE: XX188285 Spotify: 56yLECeTwcGv8OoIS9ycwP Last fm: The Killer Barbies Musicbrainz: c59fbf0d-0e16-44bb-a219-03e2cb1404a5 Songkick: 232413 Discogs: 714942 Allmusic: mn0000721502 Deezer: 10770 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

O seu primeiro álbum, Dressed to Kiss, é unha clara homenaxe ao grupo Kiss e o seu disco Dressed to Kill. Na portada aparecen catro bonecas Barbie maquilladas ao estilo da mítica banda estadounidense imitando a portada do celebrado disco. En 1996 rodan a película Killer Barbys (o troco do nome parece que se debe a problemas legais con Mattel) co director de cine Jess Franco, e Radical Fruit escolle a súa canción "Love Killer" para o seu anuncio de promoción nas televisións de toda Europa. O seu maior éxito acadárono en Alemaña e o Xapón.

A banda disolveuse trala ruptura da parella sentimental que formaban Silvia e Billy.

Discografía

editar

EPs e singles

editar
  • I wanna live in Tromaville (1994)
  • Elvis live!! (1994)
  • Comic books (1995)
  • Love killer (1996)
  • Attack of the Killer Barbies (1997)
  • Crazy (1998)
  • Mars (2000)
  • Downtown (2000)
  • Dressed to Kiss (1995)
  • ...Only for freaks (1996)
  • Big muff (1998)
  • Fucking cool (1999)
  • Bad taste (2000)
  • Sin is in (2003)
  • Freakshow (2004, CD DVD)
  • Bad Taste; Sin is in (2006, caixa 2 CD's)

Colaboracións

editar
  • A cantar con Xabarín (1995, TVG, co tema "Xabarín contra O Doutor No"
  • A cantar con Xabarín, Volumen III e IV (1996, TVG) co tema "Spiderman"
  • Freaktown B.S.O The Killer Barbies (1996, Subterfuge), cos temas "Love Killer", "The Chainsaw Times" e "No Future"
  • Intoxicación (1999, Toxic Records), cos temas "El Resplandor" e "Sólo Para Ti"
  • Gente Pez" B.S.O (2001, Pias Recordings), cos temas "gente Pez" e "Autosuficiencia"
  • Zapping (2001, Blanco y Negro), co tema "These Boots Are Made For Walking"