Keyon Dooling

baloncestista estadounidense

Keyon Latwae Dooling, nado o 8 de maio de 1980 en Fort Lauderdale, Florida, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Xogou profesionalmente cos Los Angeles Clippers, Miami Heat, Orlando Magic, New Jersey Nets, Milwaukee Bucks e Boston Celtics.

Modelo:BiografíaKeyon Dooling

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Fort Lauderdale, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónDillard High School (en) Traducir
Universidade de Misuri Editar o valor en Wikidata
Altura190 cm Editar o valor en Wikidata
Peso89 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata - 2013 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase e Escolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porOrlando Magic Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Milwaukee Bucks
Los Angeles Clippers
Orlando Magic
Memphis Grizzlies
Miami Heat
Brooklyn Nets
Boston Celtics
1998–2000 Missouri Tigers men's basketball
Participou en
30 de outubro de 2012Tempada 2012-13 da NBA
25 de decembro de 2011Tempada 2011-12 da NBA
26 de outubro de 2010Tempada 2010-11 da NBA
27 de outubro de 2009Tempada 2009-10 da NBA
28 de outubro de 2008Tempada 2008-09 da NBA
30 de outubro de 2007Tempada 2007-08 da NBA
31 de outubro de 2006Tempada 2006-07 da NBA
1 de novembro de 2005Tempada 2005-06 da NBA
2 de novembro de 2004Tempada 2004-05 da NBA
28 de outubro de 2003Tempada 2003-04 da NBA
29 de outubro de 2002Tempada 2002-03 da NBA
30 de outubro de 2001Tempada 2001-02 da NBA
29 de outubro de 2000Tempada 2000-01 da NBA Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Universidade

editar

Dooling disputou dúas tempadas na Universidade de Missouri, onde fixo 12,1 puntos, 3,4 asistencias, 2,4 rebotes de media en 28.1 minutos por partido cun 41,1% en tiros de campo, 33,8% en triplas e 73,3% en tiros libres, nun total de 59 partidos. Na súa tempada sophomore liderou aos Tigers en anotación (15.3 puntos), asistencias (3.6) e tapóns, ademais de ser elixido no segundo mellor quinteto da Big 12 Conference e no primeiro quinteto da NABC District 12. Na súa primeira tempada na NCAA foi nomeado no mellor quinteto de freshman da súa conferencia e seleccionado en dúas ocasións mellor xogador da semana da Big 12.

Foi seleccionado no Draft da NBA do ano 2000 na 10ª posición por Orlando Magic, sendo traspasado inmediatamente a Los Angeles Clippers xunto con Corey Maggette, Derek Strong e diñeiro por unha futura primeira rolda do draft. Na súa primeira tempada na NBA promediou 5.9 puntos e 2.3 asistencias en 76 partidos xogados, un deles de titular. Nos Clippers pasou catro campañas coma base suplente sen pasar dos 20 minutos por partido, polo que en 2004 fichou por Miami Heat. En 74 partidos cos Heat, os seus números foron 5.2 puntos, 1.8 rebotes e 1.2 asistencias. Tras non xogar demasiado, asinou con Orlando Magic en verán de 2005, onde cumpriu a súa segunda tempada cun rol similar ao que leva cumprindo ao longo da súa traxectoria na liga.

A súa mellor tempada foi a súa primeira nos Magic, onde asinou 9.4 puntos e 2.2 asistencias en 50 partidos disputados, 7 deles coma titular. O 21 de xullo de 2008 fichou polos New Jersey Nets e o 19 de xullo de 2010 por Milwaukee Bucks.

O 9 de decembro de 2011, Dooling asinou cos Boston Celtics.[1]

O 20 de setembro de 2012, Dooling foi cortado polos Celtics, e posteriormente retirouse do baloncesto profesional.[2][3]

O 3 de abril de 2013, volveu do seu retiro e asinou cos Memphis Grizzlies.[4]

  1. "Celtics Re-Sign Keyon Dooling". NBA.com. 31 de xullo de 2012. Consultado o 2 de agosto de 2012. 
  2. "Celtics Waive Dooling". nba.com/celtics. Consultado o 21 de setembro de 2012. 
  3. "Keyon Dooling opts to retire". bostonglobe.com. Consultado o 21 de setembro de 2012. 
  4. Grizzlies sign Keyon Dooling

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar