Kathryn Bigelow
Kathryn Ann Bigelow, nada o 27 de novembro de 1951 en San Carlos, California é unha directora de cine estadounidense.
Traxectoria
editarEstudou no San Francisco Art Institute de onde marchou a Nova York, graduándose na Universidade de Columbia.[1] Debutou no cinema con The Loveless, en 1982, codirixida por Monty Montgomery.
Tres películas de acción, Aceiro azul, Chámanlle Bodhi e Strange Days déronlle recoñecemento como autora.[2]
En 2002 dirixiu K-19: The Widowmaker, que non foi un éxito comercial e tivo críticas diversas.[3] A súa seguinte película foi En terra hostil, coa que gañaría numerosos premios que rematarían co Óscar ó mellor director, converténdose na primeira muller en logralo.[4] Ademais o filme gañou o Óscar ó mellor filme, superando a Avatar, dirixida por quen foi o seu marido entre 1989 e 1991, James Cameron.[5]
Tras esta dirixiu Zero Dark Thirty, dramatización da busca de Osama bin Laden.[6]
Obra
editar- 1982 - The Loveless
- 1987 - Near Dark
- 1990 - Aceiro azul
- 1991 - Chámanlle Bodhi
- 1995 - Strange Days
- 1990 - The Weight of Water
- 2002 - K-19: The Widowmaker
- 2009 - En terra hostil
- 2012 - Zero Dark Thirty
Notas
editar- ↑ Dargis, Manohla (18-6-2009). "Action!". New York Times. Consultado o 27-6-2009.
- ↑ Benson-Allott, Caetlin. "Undoing Violence: Politics, Genre, and Duration in Kathryn Bigelow's Cinema" (preview/paywall), Film Quarterly 64.2 (Inverno 2010), páx. 33–43. Universidade de California.
- ↑ Metacritic
- ↑ "'Hurt Locker' wins best picture, director". Today.msnbc.msn.com. 8-3-2010. Arquivado dende o orixinal o 20-11-2012. Consultado o 10-7-2010.
- ↑ "Kathryn Bigelow makes history as first woman to win best director Oscar". The Guardian. 8-3-2010. Consultado o 3-9-2014.
- ↑ "Zero Dark Thirty". Metacritic. Consultado o 15-1-2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kathryn Bigelow |
Ligazóns externas
editar- Kathryn Bigelow na IMDb (en inglés).