Kate Bush
Catherine Bush, nada en Bexleyheath o 30 de xullo de 1958,[1][2] é unha cantante, bailarina, compositora e produtora musical inglesa. En 1978, con dezanove anos, acadou o número un da UK Singles Chart durante catro semanas co seu primeiro sinxelo "Wuthering Heights", o que a converteu na primeira artista feminina que obtivo un número un no Reino Unido cunha canción composta por ela mesma.[3] Dende entón publicou vinte e cinco sinxelos que entraron no Top 40, incluídos os Top 10 "The Man with the Child in His Eyes", "Babooshka", "Running Up That Hill", "Don't Give Up" (dúo con Peter Gabriel) e "King of the Mountain". Os seus dez álbums de estudio estiveron entre os dez máis vendidos do Reino Unido, incluídos os números un Never for Ever (1980), Hounds of Love (1985) e a compilación The Whole Story (1986). Foi a primeira solista británica que liderou a lista de vendas británica de álbums e a primeira artista feminina que tivo un álbum no número un.[4]
(1981) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Catherine Bush 30 de xullo de 1958 (66 anos) Bexleyheath, Reino Unido (pt) |
Educación | London South East Colleges (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | música, actriz de cinema, cantante, compositora de cancións, artista discográfico, produtora musical, mimo, directora de cinema |
Período de actividade | 1975 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Art pop (pt) , pop progresivo, canción de autor, Baroque pop, pop experimental, Art rock e pop rock |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Guitarra, piano, violoncello, baixo e voz |
Selo discográfico | EMI Harvest Records Columbia Records EMI |
Deporte | Karate |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Del Palmer |
Irmáns | John Carder Bush Paddy Bush |
Premios | |
| |
Sitio web | katebush.com |
|
Bush comezou a escribir cancións aos once anos. Foi contratada por EMI Records despois de que o guitarrista de Pink Floyd David Gilmour axudase a producir unha maqueta. O seu álbum de debut, The Kick Inside, publicouse en 1978. Bush foi gañando independencia artística na produción dos seus discos e produciunos todos dende The Dreaming (1982). Tomouse un descanso entre o sétimo e o oitavo, The Red Shoes (1993) e Aerial (2005). Volveu conseguir atención en 2014 co seu concerto Before the Dawn, primeiro espectáculo dende The Tour of Life de 1979.
O estilo ecléctico e experimental de Bush, as súas letras pouco convencionais e os seus temas literarios influíron a un amplo rango de artistas. Foi candidata a trece premios da British Phonographic Industry,[5] gañando o de mellor artista británica en 1987,[6] e foi candidata a tres premios Grammy. En 2002 foi recoñecida cun premio Ivor Novello pola súa contribución á música británica. En outubro de 2017 foi seleccionada para a súa inclusión no Rock and Roll Hall of Fame en 2018.[7] Bush foi nomeada Comandante da Orde do Imperio Británico (CBE) en 2013 polos seus servizos á música.[8]
Discografía
editar- The Kick Inside (1978)
- Lionheart (1978)
- Never for Ever (1980)
- The Dreaming (1982)
- Hounds of Love (1985)
- The Sensual World (1989)
- The Red Shoes (1993)
- Aerial (2005)
- Director's Cut (2011)
- 50 Words for Snow (2011)
Notas
editar- ↑ Eder, Bruce. "Kate Bush biography". AllMusic. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2016. Consultado o 17 de maio de 2016.
- ↑ Cunningham, John M. (22 de setembro de 2014). "Kate Bush". Encyclopædia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2015. Consultado o 17 May 2016.
- ↑ Thomson, Graeme (13 de maio de 2010). "Kate Bush's only tour: pop concert or disappearing act?". The Guardian (Londres).
- ↑ "Kate Bush – Never For Ever". Official Charts Company.
- ↑ "Kate Bush – Brits Profile". Brit Awards. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ "The BRITs 1987". Brit Awards. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2014. Consultado o 11 de abril de 2015.
- ↑ France, Lisa Respers (5 de outubro de 2017). "Rock and Roll Hall of Fame 2018 nominees announced" (Nota de prensa). CNN. Consultado o 6 de outubro de 2017.
- ↑ "BBC News – New Year Honours 2013: At a glance". BBC Online. 29 de decembro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kate Bush |
Bibliografía
editar- Bush, John Carder (2014). Cathy. Londres: Sphere. ISBN 978-0-7515-5989-7.
- Bush, John Carder (2015). Kate. Londres: Sphere. ISBN 978-0-7515-5990-3.
- Bush, Kate (2018). How to be invisible. Londres: Faber & Faber. ISBN 978-0-571-35094-0.
- Cann, Kevin; Mayes, Sean (1988). Kate Bush: A Visual Documentary. Omnibus Press. ISBN 0-7119-1039-1.
- Godwin, Robert (2006). The Illustrated Collector's Guide to Kate Bush (2nd ed.). Collector's Guide Publishing. ISBN 978-1-894959-45-2.
- Jovanovic, Rob (2006). Kate Bush – The Biography. ISBN 978-0749951146.
- Thomson, Graeme (2012). Kate Bush: Under the Ivy. Omnibus Press. ISBN 1-84772-930-4.
- Vermorel, Fred; Vermorel, Judy (1980). Kate Bush: Princess of Suburbia. Target Books. ISBN 978-0-7119-0152-0.
- Vermorel, Fred (1983). The Secret History of Kate Bush and the Strange Art of Pop. Omnibus Press. ISBN 0-7119-0152-X.
- Withers, Deborah (2010). Adventures in Kate Bush and Theory. Hammeron Press. ISBN 0-9564507-0-9.
Ligazóns externas
editar- Páxina web oficial
- Kate Bush interview, Ireland, 1978
- Doherty, Mike (22 de decembro de 2005). "This Bush's Mission Finally Gets Accomplished". National Post. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007.
- Doyle, Tom (28 de outubro de 2005). "'I'm Not Some Weirdo Recluse'". Music. The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2014.
- Muskens, Helena; Racké, Quirine (2007). Come Back Kate. Snow White Films.
- Osborn, Michael (30 July 2008). "Behind the Enigma of Kate Bush". Entertainment. BBC News. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2012.