Katalin Karikó
Katalin Karikó, nada o 17 de xaneiro de 1955, é unha bioquímica húngara especializada na técnica de ARN mensaxeiro. Recibiu o premio Nobel de Medicina en 2023 polo seu desenvolvemento da vacina contra a covidia, a canda Drew Weissman.[1]
(2023) | |
Nome orixinal | (hu) Karikó Katalin |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de xaneiro de 1955 (69 anos) Szolnok (República Popular Húngara) |
Residencia | Filadelfia (1985–) Abington Township (en) |
Educación | Universidade de Szeged - Bioquímica (1978–1982) Universidade de Szeged - bioloxía (1973–1978) Móricz Zsigmond Gimnázium és Közgazdasági Szakközépiskola (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | ARN mensaxeiro e Bioquímica |
Ocupación | investigadora, bioquímica, profesora universitaria |
Empregador | BioNTech (pt) (2013–) Universidade de Pensilvania (1987–) Biological Research Centre (en) (1978–) Universidade Temple (pt) Uniformed Services University of the Health Sciences (en) |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Susan Francia |
Premios | |
| |
Sitio web | pennmedicine.org… |
A súa investigación foi o o desenvolvemento de ARNm transcrito vitalmente para terapias de proteínas. É vicepresidenta sénior de BioNTech RNA Pharmaceuticals.
O traballo de Karikó inclúe a investigación científica da activación inmune mediada por ARN que resulta no co-descubrimento das modificacións de nucleósidos que suprimen a inmunoxenecidade do ARN.[2][3] [4]. É a titular de patentes concedidas nos Estados Unidos para a aplicación de ARN . Foi cofundadora e CEO de RNARx de 2006 a 2013 [5].
Traxectoria
editarKarikó creceu na cidade húngara de Kisújszállás, onde asistiu a Móricz Zsigmond Református Gimnázium. Despois de obter o seu su doutoramento, Karikó continuou as súas investigacións posdoutorais no Instituto de Bioquímica da Universidade Temple. Mentres era bolseira posdoutoral na Universidade Temple de Filadelfia, Karikó participou nun ensaio clínico no que se tratou a pacientes con SIDA, enfermedades hematolóxicas e fatiga crónica con ARN de dobre cadea (dsRNA).
En 1990, mentres era profesora da Universidade de Pensilvania, Karikó presentou a súa su primeira solicitude de subvención na que propuña establecer unha terapia xenética baseada no ARNm.[6] Karikó foi durante case 25 anos profesora na Universidade de Pensilvania.
En 2012, Karikó e Drew Weissman, un inmunólogo da Universidade de Pennsylvania, recibiron unha patente para o uso de varios nucleósidos modificados para reducir a resposta inmune antiviral ao ARNm e fundaron unha pequena empresa.[7] Pouco despois, a universidade vendeu a licenza de propiedade intelectual a Gary Dahl, o xefe dunha empresa de laboratorios que finalmente se converteu en Cellscript. Semanas máis tarde, Flagship Pioneering, a empresa de capital de risco que estaba e segue apoiando a Moderna, púxose en contacto con ela para licenciar a patente. Todo o que Karikó dixo foi "non a temos". A principios de 2013, Karikó enterouse do acordo de 240 millóns de dólares de Moderna con AstraZeneca para desenvolver un ARNm do VEGF. Karikó deuse conta de que non tería a oportunidade de aplicar a súa experiencia co ARNm na Universidade de Pensilvania, así que tomou un papel como Vicepresidenta Sénior en BioNTech RNA Pharmaceuticals.
Contribucións científicas
editarO traballo e a investigación de Karikó contribui ao esforzo de BioNTech para crear células inmunes que produzan antíxenos de vacinas. A investigación de Karikó revelou que a resposta antiviral do ARNm deu as súas vacinas contra o cancro un impulso adicional na defensa contra os tumores. En 2020 esta tecnoloxía empregouse dentro dunha vacina para covid19 que foi producida conxuntamente por Pfizer e BioNTech.[8]
Premios
editar- O 23 de xuño de 2021 o xurado do Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica outorgou este galardón a Katalin Karikó, Drew Weissman, Philip Felgner, Uğur Şahin, Özlem Türeci, Derrick Rossi e Sarah Gilbert polas investigacións que permitiron o desenvolvemento das vacinas contra a covid 19.[9]
- Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia, en representación dos Estados Unidos.[10]
- Premio Nobel de Medicina en 2023.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Criado, Miguel Ángel (2 de outubro de 2023). "Premio Nobel de Medicina 2023 para Katalin Karikó y Drew Weissman por la vacuna de la covid". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ Anderson BR, Muramatsu H, Nallagatla SR, Bevilacqua PC, Sansing LH, Weissman D, Karikó K (setembro 2010). ""Incorporation of pseudouridine into mRNA enhances translation by diminishing PKR activation".". Nucleic Acids Research. 38 (17): 5884–92. doi:10.1093/nar/gkq347 38: 5884–92. PMC 2943593. PMID 20457754. doi:10.1093/nar/gkq347.
- ↑ Karikó K, Muramatsu H, Welsh FA, Ludwig J, Kato H, Akira S, Weissman D Molecular Therapy. 16 (11): 1833–40. doi:10.1038/mt.2008.200 (novembro 2008). ""Incorporation of pseudouridine into mRNA yields superior nonimmunogenic vector with increased translational capacity and biological stability".". Molecular Therapy. 16 (11): 1833–40. doi:10.1038/mt.2008.200 16: 1833–40. PMC 2775451. PMID 18797453. doi:10.1038/mt.2008.200.
- ↑ ""Covid vaccine technology pioneer: 'I never doubted it would work'". Consultado o 22 novembro 2020.
- ↑ "Katalin Kariko - Associate Professor of Neurosurgery in Philadelphia, Pennsylvania, United States Of America". eMedEvents. Consultado o 2020-04-27.
- ↑ Keener AB (setembro 2018). ""Just the messenger".". Nature Medicine. 24: 1297–1300. PMID 30139958. doi:10.1038/s41591-018-0183-7.
- ↑ Jiménez, Javier (2020-11-24). "Si las vacunas de ARNm tienen éxito, estaremos ante uno de los grandes hitos en la historia de la ciencia". Xataka (en castelán). Consultado o 2020-12-08.
- ↑ Rey, Manuel (2020-11-10). "Sete preguntas e respostas sobre a vacina de Pfizer e BioNTech". GCiencia. Consultado o 2020-12-08.
- ↑ Limón, Raúl (2021-06-23). "Los premios Princesa de Asturias distinguen a los investigadores de las vacunas contra la covid". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2021-06-23.
- ↑ UNCUYO, Unidiversidad-sitio de noticias. "Estas son las cinco mujeres premiadas por L"Oréal-Unesco por sus aportes a la ciencia". Unidiversidad - sitio de noticias UNCUYO (en castelán). Consultado o 2021-10-01.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Katalin Karikó, la bioquímica que entendió cómo utilizar el ARN mensajero para curarnos e inmunizarnos no blog Mujeres con Ciencia