Karl Gjellerup
Karl Adolph Gjellerup, nado en Roholte o 2 de xuño de 1857 e finado en Klotzsche o 13 de outubro de 1919, foi un dramaturgo e novelista danés.
Nome orixinal | (da) Karl Adolph Gjellerup |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de xuño de 1857 Roholte (Dinamarca) |
Morte | 11 de outubro de 1919 (62 anos) Klotzsche (Alemaña) |
Lugar de sepultura | Alter Friedhof Klotzsche (en) |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Ocupación | poeta, novelista, escritor, dramaturgo |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Eugenia Gjellerup |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Biografía
editarIniciou os seus estudos, pero abandonounos, se cadra sendo influído polo crítico literario danés Georg Morris Brandes.
A partir de 1892 viviu en Alemaña onde escribiu varias obras en alemán.
As súas primeiras novelas, Ung Dansk (Mozo danés, 1879) e Germanernes Laerling (Discípulo dos teutóns, 1882), eran consideradas autobiográficas e acusaban a influencia do determinismo crítico de Brandes. A súa traxedia lírica Brynhild (1884) foi a que indicou o principio dunha etapa de produción dramática. A esta seguiron varias obras con temas revolucionarios, como St. Just (1886), Thamyris (1887) e as comedias Herman Vandel (1891) e Wuthorn (1893).
Nas súas últimas novelas, como Pilgrimen Kamanita (O peregrino kamanita, 1906), vese a súa forte atracción pola cultura alemá, onde aborda amplamente o misticismo oriental.
En 1917, xunto a Henrik Pontoppidan, gañou o premio Nobel de Literatura, o cal foi outorgado en recoñecemento da súa «variada e rica poesía inspirada en altos ideais».