Karakorum
A cordilleira do Karakorum (do turco: "pedregal negro") é, co Himalaia, unha das grandes cordilleiras de Asia, situada na fronteira entre Paquistán, a India e a China. Ten unha lonxitude duns 500 km e é a rexión do mundo con máis glaciares fora das rexións polares.
Tipo | cordilleira | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | cinturón alpino sistema do Himalaia | ||||
| |||||
Características | |||||
Altitude | 8.611 m | ||||
Dimensións | 500 () km | ||||
Punto máis alto | K2 (8.611 m ) | ||||
Atravesa | República Popular da China, Tadjiikistán, India, Afganistán e Paquistán | ||||
Historia | |||||
Período de tempo | Cretáceo | ||||
Pola súa altitude e dureza, o Karakorum está moito menos habitado que a cordilleira do Himalaia. Os exploradores europeos chegaron por vez primeira a comezos do século XIX e foron seguidos polos topógrafos británicos en 1856.
O Paso Muztagh foi cruzado en 1887 por unha expedición encabezada polo coronel Francis Younghusband, e os vales situados sobre o río Hunza foron explorados en 1892 polo xeneral Sir George K. Cockerill. As exploracións que se realizaron nas décadas de 1910 e 1920 serviron para coñecer gran parte da xeografía da rexión.
O Karakorum e o Himalaia son importantes para as investigacións sobre a Terra por diversas razóns. Son unhas das zonas do mundo cunha maior actividade xeolóxica, pois están situadas na zona na que baten dous continentes, Asia e o subcontinente indio. Ademais son importantes para o estudo das placas tectónicas. Os glaciares da montañas serven como indicadores do cambio climático.
Picos máis altos
editarEntre os picos máis altos do Karakorum, atópanse:
- K2 (8.611 msnm)
- Gasherbrum I (8.068 msnm)
- Broad Peak (8.047 msnm)
- Gasherbrum II (8.035 msnm)
- Gasherbrum III (7.952msnm)
- Gasherbrum IV (7.925 msnm)
- Distaghil Sar (7.885 msnm)
- Masherbrum (7.821 msnm)
- Rakaposhi (7.788 msnm)
- Kanjut Sar (7.761 msnm)
- Saser Kangri (7.672 msnm)
Galería
editar-
K2.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Karakorum |
- Karakorum Explorers (en inglés)
- Karakorams (en inglés)