Julius Evola
Giulio Cesare Andrea Evola, coñecido como Julius Evola, nado en Roma o 19 de maio de 1898 e finado o 11 de xuño de 1974, foi un pensador italiano.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Traxectoria
editarNa súa xuventude interesouse na pintura e a poesía seguindo o estilo dadaísta e futurista pasando por un período de anticristianismo acérrimo que se foi moderando co paso do tempo.
Entre 1924 e 1926 colaborou coas revistas Ultra, Bilychnis, lgnis e Atanor. Entre os anos 1927 e 1929 desenvolveu o seu interese polo esoterismo e foi dende 1927 a 1929 parte do chamado Grupo de Ur, dentro deste publicara varios traballos co pseudónimo de Ea.
Faleceu por mor dun paro cardiorrespiratorio no seu apartamento en Roma. Foi incinerado e seguindo a súa vontade súas cinsas foron diseminadas na cima do Monte Rosa.
Pensamento
editarAs súas posicións políticas, próximas ó fascismo e o nazismo, foron moi apreciadas por Benito Mussolini, quen lle preferiu en vez a Giovanni Gentile como teórico do fascismo. A radicalidade cada vez maior do pensamento de Evola valeulle a suspensión dalgunha das súas publicacións en Italia e a desconfianza das xerarquías nazis en Alemaña. Tras a segunda guerra mundial mantivo a súa influencia no pensamento conservador e neofascista europeo, en institucións como o Centro Studi Evoliani (Centro de Estudos Evolianos) o no (Centro Studi Ordine Nuovo) de Pino Rauti e Enzo Erra. Non obstante, a súa produción filosófica está moi lonxe de reducirse á política; foi un gran analista do seu tempo en cuestións tan dispares como a metafísica (na que adoptou unha persoal visión de corte gnóstico), a crise das ciencias ou a perda de valores.
Obras principais
editar- Imperialismo pagano
- Saggi sull' idealismo magico.
- Fenomenologia dell'individuo assoluto.
- Teoria dell' individuo assoluto.
- Lo Yoga della potenza.
- Rivolta contro il mondo moderno.
- Cavalcare la tigre
- Metafisica del sesso
- Il Mistero del Graal e la tradizione ghibellina dell'Impero.