Juan Fernández Rivas
Juan Manuel Fernández Rivas, coñecido como Juan Rivas e cos nomes artísticos de Peiss ou Peissman[1], nado en Moaña en 1968 e finado o 11 de febreiro de 2016 na Fraga (Moaña), foi un arquitecto e escultor galego[2].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 Moaña, España |
Morte | 11 de febreiro de 2016 (47/48 anos) A Fraga, España |
Causa da morte | suicidio, caída de altura |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, escultor |
Traxectoria
editarJuan Rivas licenciouse en arquitectura e traballaba en Moaña, a súa vila natal. Foi o autor de diversas obras públicas en Moaña, como as pasarelas das praias da Mona e Videira (Tirán), os traballos de amelloramento dos adros de San Martiño, San Bieito (Domaio) e A Peregrina (Meira), a remodelación da alameda de Moaña ou a remodelación da estación marítima da mesma vila. Tamén se debeu a Rivas o proxecto de construción dunha torre de 21 andares no Real, no centro da parroquia de Tirán[3], que finalmente non se levou a termo.
Como escultor, tiña preferencia pola reciclaxe de vidro, cos que despois facía obra artística. Entre as súas pezas máis coñecidas estaba a balea Anduriña, unha balea de 15 metros situada no paseo do Con, deseñada por Rivas e executada por Antón Salgueiro. Tamén son desta autoría colectiva O bufón, un choco xigante e O páxaro tolo, as dúas no paseo marítimo de Moaña. En 2013 abriu unha galería de arte en Moaña, a Miramart, no que fora o bar familiar case homónimo (Miramar), e onde expuña e vendía as súas esculturas de pedra policromada[4].
O corpo sen vida de Rivas foi atopado no río da Fraga. O seu coche estaba no viaduto que cruza o val.[5]
Vida privada
editarRivas foi parella da política María Martín Alonso, falecida en 2002.[5]
Notas
editar- ↑ "El arte de Peiss navega a Rotterdama". Faro de Vigo (en castelán). 27 de outubro de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2016.
- ↑ "Aparece muerto el arquitecto Juan Rivas en un río de Moaña". Faro de Vigo (en castelán). 11 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2016.
- ↑ "Unha proposta moi alonxada da de Rivas". Web do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (Pontevedra). 4 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2016.
- ↑ "La galería de las piedras pintadas". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xaneiro de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 Llera, Luis Carlos (12 de febreiro de 2016). "Juan Fernández Rivas (Moaña, 1968) El arquitecto que quiso alcanzar el cielo de Moaña". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo). Consultado o 20 de abril de 2018.